From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Europeo da UEFA Sub-19 é unha competición anual de fútbol organizada polo organismo deportivo europeo UEFA. A competición leva a cabo desde 1948. O seu nome orixinal foi o de Torneo júnior da FIFA, ata que en 1955 a UEFA se encargase de organizalo. En 1980, foi adaptado e bautizado como o Campionato Europeo Sub-18, ata os recentes cambios para a selección de xogadores en 2001, que fan que o torneo reciba o seu actual nome. O campionato celebrouse cada ano desde a súa inauguración en 1948, excepto durante o período entre 1984 e 1992, que se organizou cada dous anos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
O torneo xogouse con diferentes formatos ao longo da súa existencia. Actualmente[cando?] consiste en dúas fases, de xeito similar a outros campionatos europeos da UEFA. A fase de clasificación está aberta a todos os membros da UEFA, e a fase final compona oito equipos.
Os tres equipos mellor clasificados de cada grupo clasifícanse para a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 do seguinte ano.
País | Campión | Subcampión |
---|---|---|
Inglaterra | 9 | 5 |
España | 8 | 4 |
Francia | 7 | 2 |
Unión Soviética | 6 | 1 |
Alemaña | 5 | 7 |
Portugal | 3 | 6 |
Hungría | 3 | 1 |
Bulgaria | 3 | 2 |
Italia | 2 | 6 |
Austria | 2 | 1 |
Iugoslavia | 2 | 4 |
República Checa | 1 | 4 |
Polonia | 1 | 3 |
Turquía | 1 | 2 |
Romanía | 1 | 1 |
Escocia | 1 | 1 |
Bélxica | 1 | 1 |
Ucraína | 1 | 1 |
Irlanda | 1 | 0 |
Países Baixos | 0 | 3 |
Grecia | 0 | 1 |
Finlandia | 0 | 1 |
Irlanda do Norte | 0 | 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.