Selección de fútbol de Alemaña
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
A selección nacional de fútbol de Alemaña, é o equipo representativo de Alemaña nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Alemá de Fútbol (Deutscher Fußball-Bund), pertencente á UEFA. Gañadora de catro Copas do Mundo (1954, 1974, 1990 e 2014) e tres Eurocopas, é unha das seleccións máis prestixiosas do mundo deste deporte.
A nivel de Mundiais de fútbol tan só o Brasil ten máis títulos. Alemaña ademais disputou outras catro finais onde non acadou a vitoria, sendo a selección europea con máis finais disputadas, igualando ó Brasil con sete ocasións: 1954, 1966, 1974, 1982, 1986, 1990 e 2002. Foi ademais a primeira selección que liderou a Clasificación Mundial da FIFA, ocupando o primeiro posto durante 1993 e 1994.
Entre os anos 1949 e 1990 existiron dous equipos xermanos, o de Alemaña Oriental (República Democrática Alemá) e Alemaña Occidental (República Federal Alemá). Tódolos títulos foron conseguidos pola Alemaña do Oeste, excepto a Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1976. A selección ten varios capitáns honorarios (Ehrenspielführer) que son: Fritz Walter, Uwe Seeler, Franz Beckenbauer e Lothar Matthäus. En certa ocasión o xogador inglés Gary Lineker dixo: "O fútbol é un deporte que inventaron os ingleses, xogan once contra once detrás dun balón, e ao final sempre gaña Alemaña".
Remove ads
Historia
A selección de fútbol de Alemaña, daquela o Segundo Reich, xogou o seu primeiro encontro o 5 de abril de 1908 fronte a Suíza, partido que se saldou con derrota para os xermanos por 5 a 3. As cores do uniforme da selección, o branco e o negro, proceden das cores da monarquía alemá durante este período. Pese que a selección non xogou o seu primeiro encontro até 1908, a Federación Alemá de Fútbol ou Deutscher Fußball-Bund, fora fundada en 1900, sendo unha das fundadoras da FIFA en 1904. A selección estivo durante épocas fortemente marcada pola política. Entre 1938 e 1945, Austria ficou integrada na Alemaña Nazi. Con iso, destacados xogadores austríacos pasaron a ser tamén aproveitados pola selección alemá, mentres a austríaca (que utilizaba tradicionalmente un uniforme semellante) foi extinguida momentaneamente. A anexión ocorreu meses antes da Copa do Mundo de 1938, para a cal ambas as seleccións estaban clasificadas. Seis austríacos foron convocados para defender a Alemaña no mundial.
Trala Guerra, Alemaña foi dividida. As áreas conquistadas no conflito volveron aos antigos países, e o territorio alemán pre-guerra dividiuse en catro: Austria volveu ser un país independente e a súa selección foi retomada, foron creadas Alemaña Occidental e Alemaña Oriental, cada unha tamén coa súa propia selección, e o Sarre, aínda que este último a finais dos anos 50, foi integrado na Alemaña Occidental.

As dúas Alemañas proseguiron divididas até o ano de 1990, cando se reunificaron. A reunificación deuse xa tras a Copa do Mundo daquel ano, gañada pola propia selección da Alemaña Occidental. Os occidentais, que continuaron a usar o uniforme da Alemaña pre-guerra, destacaron claramente, clasificándose para tódalas edicións da Copa do Mundo, sendo campións en 1954, 1974 (onde foron os anfitrións) e 1990 gañando en todos contra as seleccións favoritas ao título, respectivamente Hungría, Países Baixos e Arxentina. Unicamente non disputaron a Copa do Mundo de 1950, cando non existía ningunha selección alemá. Os occidentais tamén disputaron todas as Eurocopas a partir da edición de 1972, sendo campións. Vencerían tamén na de 1980.
A Selección de Alemaña Oriental, máis feble, clasificouse só para unha Copa do Mundo, xustamente a de 1974, realizada na Alemaña Occidental. Ambas se enfrontaron na primeira fase e os orientais conseguiron unha histórica vitoria, tras vencer por 1 a 0. Acostumaban facer boas fases eliminatorias, deixando de clasificarse normalmente no última partido. Non conseguiron clasificarse para ningunha Eurocopa. Por outro lado, gañaron ouro nos Xogos Olímpicos (nas Olimpíadas de 1976), o que as Alemañas pre-guerra, Occidental e reunificada non conseguiron. A selección oriental usaba tamén camisola e medias de cor branca, mais adoptou o azul ao contrario do negro na cor dos pantalóns. O azul era a cor da xuventude do Partido Comunista do país. O uniforme reserva consistía na combinación inversa ao do principal, sendo consagrado ao ser o utilizado na vitoria sobre a Alemaña Occidental en 1974.
A Alemaña reunificada, que continuou usando os uniformes tradicionais da Occidental, chamou en maior parte xogadores nacidos no antigo país, aínda que os mellores xogadores de despois da reunificación viñesen do lado oriental: Matthias Sammer e Michael Ballack. O primeiro título dende a reunificación foi a Eurocopa 1996.
Remove ads
Palmarés Copa do Mundo
Alemaña
República Federal Alemá
- 1954 - Campións.
- 1958 - 4º Posto.
- 1962 - Cuartos de final.
- 1966 - Subcampións.
- 1970 - 3º Posto.
- 1974 - Campións.
- 1978 - 2ª Rolda.
- 1982 - Subcampións.
- 1986 - Subcampións.
- 1990 - Campións.
Alemaña reunificada
Remove ads
Palmarés Eurocopa
República Federal Alemá
- 1960 - Non participou.
- 1964 - Non participou.
- 1968 - Non participou.
- 1972 - Campións.
- 1976 - Subcampións.
- 1980 - Campións.
- 1984 - Primeira Rolda.
- 1988 - Semifinais.
Alemaña reunificada
Xogadores
Cadro actual
Os seguintes xogadores foron chamados para xogar o Mundial de Fútbol Rusia 2018.
Partidos e goles actualizados a 2 de xuño de 2018.
Remove ads
Récords
Máis partidos xogados
Actualizado a 22 de marzo de 2017.
Os xogadores en letra grosa seguen en activo coa selección.

Máximos goleadores
Actualizado a 23 de marzo de 2018.
Os xogadores en letra grosa seguen en activo coa selección.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads