evento futbolístico internacional cuatrianual From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mundial de Fútbol de 1970 foi a novena edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. O torneo celebrouse entre o 31 de maio e o 21 de xuño en México, sendo esta a primeira edición do torneo con sede en América do Norte, así como a primeira fóra de Europa e América do Sur. Na fase de clasificación para o torneo, que comezou en maio de 1968, participaron seleccións representando a 75 países de seis continentes. Deste proceso saíron catorce equipos que se uniron á anfitrioa México e aos defensores do título Inglaterra. As seleccións debutantes neste torneo foron Israel, Marrocos e O Salvador.
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|---|
Mascota | Juanito (pt) |
Organizador | FIFA |
Composto por | |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estádio León (pt) (León) Estádio Jalisco (pt) (Guadalaxara) Estadio Azteca (Coyoacán) Estadi Nemesio Díez (Toluca de Lerdo) Estádio Cuauhtémoc (pt) (Puebla de Zaragoza) |
País | México |
Intervalo de tempo | 31 de maio de 1970 – 21 de xuño de 1970 |
Número de edición | 9 (1970) |
Competición | |
Primeiro posto | Brasil (3º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 32 |
Goles | 95 |
Máis goles marcados | Gerd Müller↔ Alemaña (10) |
Número de espectadores | 1.603.975 |
O campión do torneo foi o equipo do Brasil, o cal venceu na final celebrada no Estadio Azteca de Cidade de México á selección italiana por 4−1. Esta vitoria supuxo o terceiro título para os brasileiros, o que lles permitiu ficar co Trofeo Jules Rimet en propiedade. Isto supuxo que para a seguinte edición, en 1974, a FIFA introducise un novo trofeo. Esta selección do Brasil, que contaba con xogadores como Pelé, Gérson, Jairzinho, Rivellino ou Tostão, esta considerada como unha das mellores en teren participado do Mundial.[1] De feito, os brasileiros conseguiron gañar todos os seus encontros tanto da fase de clasificación como da fase final.
Pese aos problemas derivados da altitude e as altas temperaturas,[2] o torneo destacou polo seu fútbol ofensivo e a cantidade de goles marcados, sendo a media de goles por encontro deste torneo a máis alta de toda a historia. Cos avances en comunicacións por satélite, este torneo supuxo un récord de audiencia televisiva, sendo os encontros retransmitidos en directo para todo o mundo, algúns deles incluso en cor por vez primeira.[3][4]
De acordo aos criterios de rotación continental, despois da celbración da edición de 1966 en Inglaterra, o torneo de 1970 debía ser organizado por un país americano. Os candidatos foron México, que presentaba candidatura por vez primeira, e a Arxentina, na cal era a súa cuarta tentativa (previamente tentara organizar os campionatos de 1934, 1942 e 1962). Outras candidaturas foron presentadas, mais abandonaron antes da votación. A candidatura de México supuxo unha grande controversia debido a que o país xa fora escollido en 1963 sede dos Xogos Olímpicos de 1968. A FIFA xunto co Comité Olímpico Internacional, analizaron se organizar dúas competicións da devandita magnitude nun lapso de dous anos non sería prexudicial para a organización dos seus respectivos eventos. Con todo, o máximo organismo do fútbol chegou á conclusión de que a infraestrutura que se herdaría da Olimpíada sería beneneficiosa para a organización do mundial. Este feito, xunto coa maqueta do Estadio Azteca e maior estabilidade política do país norteamericano nese momento inclinaron a balanza ao seu favor, converténdose o 8 de outubro de 1964 no primeiro país en organizar uns Xogos Olímpicos e unha Copa do Mundo de Fútbol de forma consecutiva.
Renunciaron antes da votación Australia, Colombia, o Perú e o Xapón.
Na fase de clasificación para o Mundial foron inscritos setenta e cinco equipos, cinco dos cales retiráronse antes do comezo. Descontando os clasificados automáticos, México e Inglaterra, organizador e campión defensor, respectivamente, participaron sesenta e oito equipos, disputando 170 partidos e anotando 542 goles. A diferenza do torneo anterior, os equipos africanos recibiron por vez primeira unha praza directa na fase final (Exipto se clasificara en 1934 debido ao retiro dos seus adversarios). Esta praza foi conseguida por Marrocos. De igual forma, unha praza foi entregada ao gañador da clasificatoria de Asia e Oceanía, na que participou de maneira extraordinaria Rhodesia, excluída da CAF. Finalmente, clasificouse Israel tras vencer a Australia.
Europa contaba con oito prazas alén da de Inglaterra. Para escoller aos equipos participantes dividiuse aos vinte e nove candidatos en oito grupos, obtendo a clasificación o campión de cada un. No grupo 2, Checoslovaquia e Hungría empataron no primeiro lugar, polo que xogaron un encontro de desempate en campo neutral (Marsella). O partido foi gañado polos checoslovacos por 4−1, obtendo así a súa clasificación. América do Sur, por outra banda, dispoñía de tres prazas para dez equipos. Nun sistema semellante ao europeo, os equipos foron divididos en tres grupos, sendo o campión de cada un deles o que disputaría o Mundial. Cómpre destacar a ausencia da Arxentina despois de finalizar última no seu grupo. Foi esta a súa primeira ausencia despois de fallar nas eliminatorias.
América do Norte contaba cunha praza para trece equipos. O feito máis máis lembrado desta fase de clasificación da CONCACAF foi a chamada Guerra do Fútbol. Honduras e O Salvador levaban meses de tensión debido a diversas disputas de carácter económico, político, fronteirizo e migratorio. Durante a segunda fase da clasificatoria, ambos os países tiñan que se enfrontar en encontros de ida e volta para definir que equipo pasaba á terceira fase. No primeiro partido disputado en Tegucigalpa o 8 de xuño de 1969, o combinado local venceu por 1−0, pero en San Salvador, os salvadoreños lograron unha vitoria por 3−0, provocando o descontrol nos seareiros. Doce afeccionados hondureños serían asasinados pola multitude local, mentres en Honduras os inmigrantes salvadoreños foron atacados. As fronteiras foron pechadas e a tensión chegaría a niveis límites. Por outro lado, a federación de fútbol de Honduras presentou reclamacións á FIFA acusando ameazas de morte cara aos seus xogadores. Un terceiro partido de desempate disputado o 26 de xuño no Estadio Azteca, confirmaría a clasificación salvadoreña cunha vitoria por 3−2. Esta vitoria permitiulles xogar a terceira e definitiva eliminatoria. Nele conseguiron vencer a Haití, obtendo así o pase á fase final do Mundial. Con todo, a tensión entre ambos os países non finalizou, Aprovocando a invasión do exército salvadoreño a Honduras o 14 de xullo de 1969. Polo menos 2000 persoas faleceron durante o conflito bélico, que terminou seis días despois grazas á mediación da Organización de Estados Americanos.[5]
Os seguintes foron os dezaseis equipos participantes nesta edición do torneo.
|
|
|
Para a organización dos xogos do tornos, foron seleccionados cinco estadios en cinco cidades. Alén das cidades escollidas, foron propostas sedes en Hidalgo e na cidade portuaria de Veracruz.[6] Cada un dos catro grupos nos que foron dividos os participantes no torneo disputouse nunha única sede. A única excepción foi o Grupo 2, o cal se xogou entre Puebla e Toluca. Excepto o Estadio Luis Dosal, todos os campos foron construídos durante a década de 1960, xa que México se preparaba para acollar tanto a Copa do Mundo como os Xogos Olímpicos de 1968.[7]
Dos cinco estadios utilizados para os trinta e dous partidos disputados. O máis grande e máis utilizado foi o Estadio Azteca de Cidade de México, o cal albergou dez xogos. Isto inclúe a final, o partido polo terceiro e cuarto lugar e todos os encontros do Grupo 1, no cal estaba a selección mexicana. O Estadio Jalisco de Guadalaxara albergou oito encontros, incluído todos os xogos do Grupo 3 e unha semifinal. No Estadio León xogáronse sete partidos, incluíndo todos os do Grupo 4 e un de cuartos de final. Por outra banda, o Luis Dosal de Toluca acolleu catro encontro e o Cuauhtémoc Puebla tres. Este último foi o único dos cinco que non albergou ningún encontro das eliminatorias finais.
Cidade de México | Guadalaxara | Puebla | Toluca | León |
---|---|---|---|---|
Estadio Azteca | Estadio Jalisco | Estadio Cuauhtémoc | Estadio Luis Dosal | Estadio León |
Capacidade: 107.247 | Capacidade: 71.100 | Capacidade: 35.563 | Capacidade: 26.900 | Capacidade: 23.609 |
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Unión Soviética | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 6 | 1 | +5 |
México | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 0 | +5 |
Bélxica | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | −1 |
O Salvador | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0 | 9 | −9 |
México | 0 - 0 | Unión Soviética | 31 de maio de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 107.160 Árbitro: Kurt Tschenscher (Alemaña Federal) |
Informe |
|||
Bélxica | 3 - 0 | O Salvador | 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 92.205 Árbitro: Andrei Rădulescu (Romanía) |
Van Moer 12' 54' Lambert 76' (pen.) |
Informe |
||
Unión Soviética | 4 - 1 | Bélxica | 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 95.261 Árbitro: Rudolf Scheurer (Suíza) |
Byshovets 14' 63' Asatiani 57' Khmelnytskyi 76' |
Informe |
Lambert 86' | |
México | 4 - 0 | O Salvador | 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 103.058 Árbitro: Ali Kandil (República Árabe Unida) |
Valdivia 45' 46' Fragoso 58' Basaguren 83' |
Informe |
||
Unión Soviética | 2 - 0 | O Salvador | 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 89.979 Árbitro: Rafael Hormazábal Díaz (Chile) |
Byshovets 51' 74' | Informe |
||
México | 1 - 0 | Bélxica | 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 108.192 Árbitro: Ángel Norberto Coerezza (Arxentina) |
Peña 14' (pen.) | Informe |
||
Uruguai | 2 - 0 | Israel | 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 20.654 Árbitro: Bobby Davidson (Escocia) |
Maneiro 23' Mujica 50' |
Informe |
||
Italia | 1 - 0 | Suecia | 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca Asistencia: 13.433 Árbitro: Jack Taylor (Inglaterra) |
Domenghini 10' | Informe |
||
Uruguai | 0 - 0 | Italia | 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 29.968 Árbitro: Rudi Glöckner (Alemaña Democrática) |
Informe |
|||
Suecia | 1 - 1 | Israel | 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca Asistencia: 9.624 Árbitro: Seyoum Tarekegn (Etiopía) |
Turesson 53' | Informe |
Spiegler 56' | |
Suecia | 1 - 0 | Uruguai | 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 18.163 Árbitro: Henry Landauer (Estados Unidos) |
Grahn 90' | Informe |
||
Italia | 0 - 0 | Israel | 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca Asistencia: 9.890 Árbitro: Ayrton Vieira de Moraes (Brasil) |
Byshovets 51' 74' | Informe |
||
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brasil | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 8 | 3 | +5 |
Inglaterra | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 2 | 1 | +1 |
Romanía | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | −1 |
Checoslovaquia | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 7 | −5 |
Inglaterra | 1 - 0 | Romanía | 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 50.560 Árbitro: Vital Loraux (Bélxica) |
Hurst 65' | Informe |
||
Brasil | 4 - 1 | Checoslovaquia | 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 52.897 Árbitro: Ramón Barreto (Uruguai) |
Rivelino 24' Pelé 59' Jairzinho 61' 83' |
Informe |
Petráš 11' | |
Romanía | 2 - 1 | Checoslovaquia | 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 56.818 Árbitro: Diego De Leo (México) |
Neagu 53' Dumitrache 75' (pen.) |
Informe |
Petráš 5' | |
Brasil | 1 - 0 | Inglaterra | 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 66.843 Árbitro: Abraham Klein (Israel) |
Jairzinho 59' | Informe |
||
Brasil | 3 - 2 | Romanía | 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 50.804 Árbitro: Ferdinand Marschall (Austria) |
Pelé 19' 67' Jairzinho 22' |
Informe |
Dumitrache 34' Dembrovschi 84' | |
Inglaterra | 1 - 0 | Checoslovaquia | 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 49.292 Árbitro: Roger Machin (Francia) |
Clarke 50' (pen.) | Informe |
||
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña Federal | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 10 | 4 | +6 |
Perú | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 5 | +2 |
Bulgaria | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 5 | 9 | −4 |
Marrocos | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | −4 |
Perú | 3 - 2 | Bulgaria | 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 13.765 Árbitro: Antonio Sbardella (Italia) |
Gallardo 50' Chumpitaz 55' Cubillas 73' |
Informe |
Dermendzhiev 13' Bonev 49' | |
Alemaña Federal | 2 - 1 | Marrocos | 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 12.942 Árbitro: Laurens van Ravens (Países Baixos) |
Seeler 56' Müller 80' |
Informe |
Jarir 21' | |
Perú | 3 - 0 | Marrocos | 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 13.537 Árbitro: Tofiq Bahramov (Unión Soviética) |
Cubillas 65' 75' Challe 67' |
Informe |
||
Alemaña Federal | 5 - 2 | Bulgaria | 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio León, León Asistencia: 12.710 Árbitro: José María Ortiz de Mendíbil (España) |
Libuda 20' Müller 27' 52' (pen.) 88' Seeler 67' |
Informe |
Nikodimov 12' Kolev 89' | |
Alemaña Federal | 3 - 1 | Perú | 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 17.875 Árbitro: Abel Aguilar Elizalde (México) |
Müller 19' 26' 39' | Informe |
Cubillas 44' | |
Bulgaria | 1 - 1 | Marrocos | 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 12.299 Árbitro: António Ribeiro Saldanha (Portugal) |
Zhechev 40' | Informe |
Ghazouani 61' | |
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
Cidade de México, 14 de xuño | ||||||||||
Unión Soviética | 0 | |||||||||
Guadalaxara, 17 de xuño | ||||||||||
Uruguai | 1 | |||||||||
Uruguai | 1 | |||||||||
Guadalaxara, 14 de xuño | ||||||||||
Brasil | 3 | |||||||||
Brasil | 4 | |||||||||
Cidade de México, 21 de xuño | ||||||||||
Perú | 2 | |||||||||
Brasil | 4 | |||||||||
Toluca, 14 de xuño | ||||||||||
Italia | 1 | |||||||||
Italia | 4 | |||||||||
Cidade de México, 17 de xuño | ||||||||||
México | 1 | |||||||||
Italia | 4 | |||||||||
León, 14 de xuño | ||||||||||
Alemaña Federal | 3 | Terceiro posto | ||||||||
Alemaña Federal | 3 | |||||||||
Cidade de México, 20 de xuño | ||||||||||
Inglaterra | 2 | |||||||||
Alemaña Federal | 1 | |||||||||
Uruguai | 0 | |||||||||
Unión Soviética | 0 - 1 | Uruguai | 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 26.085 Árbitro: Laurens van Ravens (Países Baixos) |
Informe |
Espárrago 117' | ||
Brasil | 4 - 2 | Perú | 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 54.233 Árbitro: Vital Loraux (Bélxica) |
Rivellino 11' Tostão 15' 52' Jairzinho 75' |
Informe |
Gallardo 28' Cubillas 50' | |
Italia | 4 - 1 | México | 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca Asistencia: 26.851 Árbitro: Rudolf Scheurer (Suíza) |
Guzmán 25' (p.m.) Riva 66' 76' Rivera 70' |
Informe |
González 13' | |
Alemaña Federal | 3 - 2 | Inglaterra | 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio León, León Asistencia: 23.357 Árbitro: Ángel Norberto Coerezza (Arxentina) |
Beckenbauer 68' Seeler 82' Müller 108' |
Informe |
Mullery 31' Peters 49' | |
Uruguai | 1 - 3 | Brasil | 17 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 51.261 Árbitro: José María Ortiz de Mendíbil (España) |
Cubilla 19' | Informe |
Clodoaldo 44' Jairzinho 76' Rivellino 89' | |
Italia | 4 - 3 | Alemaña Federal | 17 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 102.444 Árbitro: Arturo Yamasaki (México) |
Boninsegna 8' Burgnich 98' Riva 104' Rivera 111' |
Informe |
Schnellinger 90' Müller 94' 110' | |
Alemaña Federal | 1 - 0 | Uruguai | 20 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 104.403 Árbitro: Antonio Sbardella (Italia) |
Overath 26' | Informe |
||
Brasil | 4 - 1 | Italia | 21 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 107.412 Árbitro: Rudi Glöckner (Alemaña Democrática) |
Pelé 18' Gérson 66' Jairzinho 71' Carlos Alberto 86' |
Informe |
Boninsegna 37' | |
Campión do Mundo |
---|
Brasil Terceiro título |
Con dez goles, Gerd Müller foi o máximo goleador do torneo. En total, foron marcados 95 goles por 55 xogadores, sendo tan só un deles considerado en propia meta.
|
|
|
|
|
|
En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[8] A clasificación de 1970 foi a seguinte:
P | Selección | G | X | V | E | D | GF | GC | DF | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Brasil | 3 | 6 | 6 | 0 | 0 | 19 | 7 | +12 | 12 |
2 | Italia | 2 | 6 | 3 | 2 | 1 | 10 | 8 | +2 | 8 |
3 | Alemaña Federal | 4 | 6 | 5 | 0 | 1 | 17 | 10 | +7 | 10 |
4 | Uruguai | 2 | 6 | 2 | 1 | 3 | 4 | 5 | −1 | 5 |
Eliminados en cuartos de final | ||||||||||
5 | Unión Soviética | 1 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 2 | +4 | 5 |
6 | México | 1 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 4 | +2 | 5 |
7 | Perú | 4 | 4 | 2 | 0 | 2 | 9 | 9 | 0 | 4 |
8 | Inglaterra | 3 | 4 | 2 | 0 | 2 | 4 | 4 | 0 | 4 |
Eliminados na fase de grupos | ||||||||||
9 | Suecia | 2 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 | 3 |
10 | Bélxica | 1 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | −1 | 2 |
Romanía | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | −1 | 2 | |
12 | Israel | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 1 | 3 | −2 | 2 |
13 | Bulgaria | 4 | 3 | 0 | 1 | 2 | 5 | 9 | −4 | 1 |
14 | Marrocos | 4 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | −4 | 1 |
15 | Checoslovaquia | 3 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 7 | −5 | 0 |
16 | O Salvador | 1 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0 | 9 | −9 | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.