Gianni Rivera

futbolista italiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Gianni Rivera

Giovanni (Gianni) Rivera (nado o 18 de agosto de 1943 en Alessandria) é un ex-futbolista italiano, gañador do Balón de Ouro en 1969. O seu alcume era il golden boy (o rapaz de ouro) do fútbol italiano.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Gianni Rivera
Thumb
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1943 (81 anos)
Alessandria, Italia
Eurodeputado
25 de maio de 2005 – 13 de xullo de 2009
Circunscrición electoral: Piemonte
Eurodeputado
Representa: A Oliveira

25 de maio de 2005 – 13 de xullo de 2009

Circunscrición electoral: North-West Italy (en)
Deputado da República Italiana
26 de abril de 1996 – 29 de maio de 2001
Lexislatura: 13th Legislature of Italy (en)
Deputado da República Italiana
13 de abril de 1994 – 8 de maio de 1996
Lexislatura: 12th Legislature of Italy (en)
Deputado da República Italiana
17 de abril de 1992 – 14 de abril de 1994
Lexislatura: 11th Legislature of Italy (en)
Deputado da República Italiana
23 de xuño de 1987 – 22 de abril de 1992
Lexislatura: 10th Legislature of Italy (en)
Datos persoais
Altura175 cm
Peso68 kg
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Roma
Ocupaciónfutbolista (–1979), político
Período de actividade1959 - 1979
Partido políticoDemocracia Cristã (pt)
Nacionalidade deportivaItalia
Deportefútbol
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria
  Equipo
1959–1960 Unione Sportiva Alessandria Calcio 1912 26(6)
1960–1979   A.C. Milan 501(160)
  Selección nacional
1960–1962   Italia sub-21 9(6)
1962–1975   Italia 63(15)
Participou en
1974Mundial de Fútbol Alemaña 1974
1970Mundial de Fútbol México 1970
xuño de 1968Eurocopa de Fútbol Italia 1968
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966
1962Mundial de Fútbol Chile 1962
1960Xogos Olímpicos de 1960
Premios

Pechar

Debutou na Serie A co Alessandria nun encontro contra o Inter de Milán, o 2 de xuño de 1959, á idade de 15 anos. Ficaría pouco tempo neste club, xa que axiña o AC Milan se interesou polos seus servizos e fichouno cando tan só contaba con 16 anos, 26 encontros na Serie A e 6 goles anotados.

En 1962 gaña o seu primeiro scudetto con Ac Milan e o 13 de maio de 1962 xoga o seu primeiro encontro coa selección italiana contra a Alemaña no mundial de Chile en 1962.

A vitoria na liga fai que o AC Milan xogue a Copa de Europa de 1963, na que rematarían como campións, tras vencer ao Benfica por 3-1. Rivera é galardoado co segundo posto no Balón de Ouro (Balón de Prata) só por detrás do porteiro soviético Lev Yashin.

En 1968, Rivera gaña co AC Milan o título de liga e a Recopa. Coa selección italiana vence na Eurocopa de Fútbol 1968. Ao ano seguinte faríase coa Copa de Europa e por fin lle é concedido o Balón de Ouro.

Tamén participou coa selección italiana nos mundiais de 1970 e 1974 ficando subcampión no primeiro deles.

Gaña o seu derradeiro scudetto en 1979, ano no que se retira do fútbol. En total. xogou 501 encontros co AC Milan, anotando 160 goles.

Tralo seu retiro, Rivera entrou na vida política italiana, e converteuse nun dos membros do Parlamento Italiano.

Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores futbolistas vivos

Títulos gañados

  • 4 Copa Italianas (1967, 1972, 1973, 1977)
  • 3 Ligas italianas (1962, 1968, 1979)
  • 2 Recopa de Europa (1968, 1973)
  • 2 Copas de Europa (1963, 1969)
  • 1 Balón de Ouro (1969)
  • 1 Balón de Prata (1963)
  • 1 Subcampionato do mundo de seleccións (1970)
  • 1 Máximo anotador da liga italiana (1973)
  • 1 Copa Intercontinental (1969)
  • 1 Eurocopa de seleccións (1968)
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.