Remove ads
selección de fútbol de Suecia From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de fútbol de Suecia (en sueco: Sveriges herrlandslag i fotboll), dependente da Asociación Sueca de Fútbol (Svenska Fotbollförbundet), é o equipo que representa en competicións internacionais de fútbol a Suecia.
Suecia | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Svenska Fotbollförbundet (SvFF) | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | SWE | ||
Alcume | Blågult (Azul-amarela) | ||
Clasificación FIFA | 17 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Janne Andersson | ||
Máis encontros | Anders Svensson (148) | ||
Máximo goleador | Zlatan Ibrahimović (62) | ||
Estrea internacional Suecia 11 − 3 Noruega Gotemburgo, Suecia; 12 de xullo de 1908 | |||
Maior vitoria Suecia 12 − 0 Letonia Estocolmo, Suecia; 29 de maio de 1927 Suecia 12 − 0 Corea do Sur | |||
Maior derrota Reino Unido 12 − 1 Suecia Londres, Reino Unido; 20 de outubro de 1908 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 12 (primeira en 1934) | ||
Mellor resultado | Subcampións (1958) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 7 (primeira en 1992) | ||
Mellor resultado | Semifinalistas (1992) | ||
No pasado, chegou a estar entre os protagonistas do fútbol, coa medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1948, e o subcampionato fronte a Brasil no Mundial de 1958 disputado en Suecia. Outro feito salientable de Suecia foi o terceiro posto no Mundial de 1994 celebrado nos Estados Unidos, coa xeración comandada por Tomas Brolin, Martin Dahlin, Thomas Ravelli e Kennet Andersson. Na Eurocopa, a súa mellor posición foi o 3º posto en 1992, cando foi sede do campionato.
En 2006, o técnico Lars Lagerbäck mostraba confianza en que o seu equipo puidese retornar aos primeiros postos no Mundial de Fútbol Alemaña 2006. Suecia fixo unha gran eliminatoria, quedando segundo de grupo cos mesmos puntos que a líder Croacia. O equipo mudou un pouco unha característica histórica de ter sempre equipo moi forte e ben estruturados na defensa, mostrando desta vez algúns puntos vulnerables atrás, mentres que a súa fortaleza residía no ataque co talento e experiencia da tripla Fredrik Ljungberg - Zlatan Ibrahimović - Christian Wilhelmsson. En 2006, chegou ata os oitavos de final (rematando no 14º posto da clasificación xeral), eliminada por Alemaña. Na Eurocopa de 2008, foi eliminada xa na primeira fase.
Os xogadores en letra grosa aínda están en activo con Suecia.
# | Xogador | Anos | Xogos | Goles |
---|---|---|---|---|
1 | Anders Svensson | 1999–2013 | 148 | 21 |
2 | Thomas Ravelli | 1981–1997 | 143 | 0 |
3 | Andreas Isaksson | 2002–2016 | 133 | 0 |
4 | Kim Källström | 2001–2016 | 131 | 16 |
5 | Sebastian Larsson | 2008– | 118 | 8 |
6 | Olof Mellberg | 2000–2012 | 117 | 8 |
7 | Zlatan Ibrahimović | 2001–2016 | 116 | 62 |
Roland Nilsson | 1986–2000 | 116 | 1 | |
9 | Björn Nordqvist | 1963–1978 | 115 | 0 |
10 | Niclas Alexandersson | 1993–2008 | 109 | 7 |
Os xogadores en letra grosa aínda están en activo con Suecia.
# | Xogador | Anos | Goles | Xogos | Media |
---|---|---|---|---|---|
1 | Zlatan Ibrahimović | 2001–2016 | 62 | 116 | 0.53 |
2 | Sven Rydell | 1923–1932 | 49 | 43 | 1.14 |
3 | Gunnar Nordahl | 1942–1948 | 43 | 33 | 1.3 |
4 | Henrik Larsson | 1993–2009 | 37 | 106 | 0.35 |
5 | Gunnar Gren | 1940–1958 | 32 | 57 | 0.56 |
6 | Kennet Andersson | 1990–2000 | 31 | 83 | 0.37 |
7 | Marcus Allbäck | 1999–2008 | 30 | 74 | 0.41 |
8 | Martin Dahlin | 1991–1997 | 29 | 60 | 0.48 |
9 | Tomas Brolin | 1990–1995 | 27 | 47 | 0.57 |
Agne Simonsson | 1957–1967 | 27 | 51 | 0.53 |
|
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.