A Federación Alemá de Fútbol (DFB) (en alemán: Deutscher Fußball-Bund) é o máximo corpo reitor do fútbol en Alemaña, con sede en Frankfurt. Foi fundada en 1900 e é membro fundador da FIFA e a UEFA. Organiza as ligas alemás (Deutsche Meisterschaft) de fútbol, o campionato de Copa (DFB-Pokal) e a Copa da Liga (Premiere Ligapokal). Ademais, está ao cargo da Selección de fútbol de Alemaña nas súas distintas categorías. Máis de 26.000 clubs son membros, cun total de ao redor de 6 millóns de afiliados, o maior número de calquera federación deportiva no mundo. A DFB conta con 870.000 mulleres afiliadas e 8.600 equipos femininos. Divídese en cinco federacións rexionais.
Historia
Foi fundada en 1900 en Leipzig por representantes de 86 clubs. Entre 1945 e 1990, durante a división de Alemaña, o fútbol da Alemaña Democrática foi controlado pola Deutscher Fußball Verband der DDR (DFV), a cal foi absorbida pola DFB despois da reunificación. A mascota oficial é unha aguia con plumas negras e o peteiro amarelo chamada "Paule" (dende o 26 de marzo de 2006).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.