club de fútbol de España From Wikipedia, the free encyclopedia
O Real Madrid Castilla Club de Fútbol, coñecido habitualmente como Castilla, é un equipo de fútbol, o primeiro filial do Real Madrid Club de Fútbol, que xoga na Segunda División B.
Real Madrid Castilla | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Madrid Castilla Club de Fútbol | |||
Alcume(s) | Castilla | |||
Fundación | 16 de decembro de 1930 (93 anos) | |||
Estadio | Alfredo Di Stéfano, Madrid, España | |||
Inauguración | 24 de setembro de 1982 | |||
Capacidade | 7.500 | |||
Presidente | Florentino Perez | |||
Adestrador | Raúl González Blanco | |||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | Fly Emirates | |||
Na rede | ||||
http://www.realmadrid.com/ | ||||
| ||||
Entre os seus logros deportivos, destaca un campionato de Segunda División na tempada 1983-84, e o subcampionato na Copa do Rei de 1979–80, competición que actualmente os equipos filiais non poden xogar, que perdeu contra o primeiro equipo do Real Madrid, por 6-1, o que lle serviu ademais para disputar a Recopa de Europa ao ano seguinte, ao estar xa clasificado o primeiro equipo para disputar a Copa de Europa.
O Real Madrid Castilla disputa os seus encontros no Estadio Alfredo Di Stéfano, situado na Cidade Real Madrid en Valdebebas. Foi inaugurado o 9 de maio de 2006 e posúe unha capacidade de 6.000 espectadores, todos sentados, e unhas dimensións de 105 x 68 metros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.