Luís Cornide Quiroga

avogado, empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Luís Cornide Quiroga, nado en Monforte de Lemos en 1884 e finado en Madrid o 6 de novembro de 1946,[1] foi un empresario e político galego.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Luís Cornide Quiroga
Nome orixinal(es) Luis Cornide Quiroga
Biografía
Nacemento1884
Monforte de Lemos, España
Morte6 de novembro de 1946 (61/62 anos)
Madrid, España
Deputado nas Cortes republicanas
29 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: A Coruña
Deputado nas Cortes republicanas
14 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: A Coruña
Presidente do Deportivo da Coruña
2 de marzo de 1906 – 28 de marzo de 1908 – Laureano Martínez Brañas 
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Campo de traballoXurista
Lugar de traballo Madrid
Ocupaciónavogado, empresario, político, secretario xudicial, xurista
Membro de

Pechar

Traxectoria

Thumb
Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Destacado no sector eléctrico, foi presidente da sociedade Fábricas Coruñesas Gas y Electricidad e conselleiro da Sociedad General Gallega de Electricidad. Tamén foi representante da Región Noroeste na Cámara Oficial de Productores y Distribuidores de Electricidad. En 1903 foi secretario da Liga de Amigos de La Coruña. Foi o primeiro presidente do Deportivo da Coruña de 1906 a 1908 e líder da Asociación Popular Coruñesa. Foi tamén membro correspondente da Real Academia Galega.

Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1931 e 1936 como galeguista independente. En 1936 foi nomeado secretario de goberno do Tribunal Supremo da República,[2] pero cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do servizo.[3] Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a 12 anos de prisión.

Vida persoal

Casou con Fe Brage.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.