futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Alberto Ballesta Edreira, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) o 14 de xaneiro de 1955, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego.
Carlos Ballesta | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Carlos Alberto Ballesta Edreira | ||
Nacemento | 14 de xaneiro de 1955 | ||
Lugar de nacemento | Oleiros | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1970–1973 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1973–1974 | Fabril | ||
1974–1985 | Deportivo da Coruña | 214 | (3) |
Adestrador | |||
1987–1988 | Fabril | ||
1995–1999 | Fabril | ||
1999–2001 | Compostela | ||
2003–2004 | Calahorra | ||
2004–2005 | Lugo | ||
2007–2011 | Galicia afeccionados | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Xogaba de defensa e desenvolveu toda a súa carreira de futbolista no Deportivo da Coruña, dende o Fabril ata o primeiro equipo, xogando con este último case 300 partidos en tres categorías diferentes. Como adestrador dirixiu o Fabril, o Compostela, o Calahorra e o Lugo.
Chegou ao Deportivo con 15 anos, militando no equipo xuvenil do club. Tras unha tempada con bo rendemento no Fabril, subiu ao primeiro equipo do Deportivo da Coruña da man de José Antonio Irulegui na tempada 1974/75, a única do club na Terceira División.[1] Vestiu a camisola do Deportivo durante 11 tempadas até a 1984/85.
Iniciouse nos banquiños na tempada 1986/87, exercendo como segundo adestrador de Eusebio Ríos no Deportivo da Coruña.[2] En novembro de 1987, tras o cesamento de Ríos e o ascenso ao primeiro equipo do adestrador do Fabril Luis Rodríguez Vaz, Ballesta fíxose cargo do filial ao mesmo tempo que exercía como segundo adestrador de Vaz no primeiro equipo.[3] Adestrou ao Fabril ata o remate da tempada, quedando na sexta posición do seu grupo de Terceira División. Nas seguintes tempadas continuou como segundo adestrador de Arsenio Iglesias no primeiro equipo. Na tempada 1995–96 fíxose de novo cargo do Deportivo B, agora xa en Segunda B, equipo que adestrou até a tempada 1998–99, conseguindo xogar a liguiña de ascenso a Segunda nas tempadas 1996–97 e 1997–98, pero descendendo na seguinte campaña.[4] Na tempada 1999–00 traballou como axudante de Javier Irureta no Deportivo e, mediada a campaña, fíxose cargo da SD Compostela de Segunda División en substitución de Pichi Lucas,[5] sendo o terceiro adestrador do equipo santiagués esa tempada, e pese a coller ao equipo en postos de descenso logrou salvar a categoría. Na seguinte campaña, tamén no Compostela, foi cesado na xornada 25 sendo substituído por Zoran Maric.[6] Esa tempada non se puido evitar o descenso.
Na tempada 2003–04 firmou co Calahorra de Segunda División B. Foi cesado na xornada 19, sendo substituído por José Ramón Arteche, descendendo ao final da campaña. Na tempada seguinte fichou polo Lugo, de Terceira División, ao que adestrou ata o final de tempada, clasificando ao equipo para a promoción de ascenso a 2ª B, tras rematar en terceira posición. Na fase de ascenso o equipo foi eliminado polo Valladolid B.[7]
Entre 2007 e 2011 dirixiu a selección galega de afeccionados, coa que se proclamou campión de España en 2010. Ese triunfo deulle acceso á fase final da Copa das Rexións da UEFA de 2011, onde quedou eliminado na fase de grupos por mor da diferenza de goles. En 2014 volveu ao Deportivo da Coruña para traballar na captación de xogadores para a canteira.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.