Remove ads
futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel Barcia Rama, nado na Costa da Tapia (O Temple, Cambre) o 19 de xaneiro de 2003, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Nome orixinal | Daniel Barcia Rama |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de xaneiro de 2003 (21 anos) A Costa da Tapia, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | defensa central |
Naceu o 19 de xaneiro de 2003 na Costa da Tapia, onde se instalaran antes de el nacer seus pais Sandra e Toni.[1] Seu pai, orixinario de Cabana de Bergantiños, fora futbolista de varios equipos da Liga da Costa, e militou tamén no Bergantiños de Xulio Díaz a finais da década de 1980.[1]
Socio do Deportivo da Coruña dende o seu nacemento,[1] comezou a xogar ao fútbol no equipo prebenxamín do Atlético San Pedro, co que marcou numerosos goles xogando no centro do campo. Aos oito anos incorporouse ao equipo benxamín do Deportivo e durante os seguintes anos foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. Na tempada 2020/21 formou parte do equipo xuvenil que con Óscar Gilsanz como adestrador conquistou a División de Honra Xuvenil e tamén a Copa de Campións, despois de derrotar na final ao FC Barcelona.[2] Na seguinte campaña disputou a Liga Xuvenil da UEFA, xa ás ordes de Manuel Pablo, sendo titular en todos os partidos, e xogou os 120 minutos do encontro fronte ao Dynamo de Kíiv, caendo xunto ao seu equipo na quenda de penaltis, nun Riazor con máis de 20.000 seareiros nas bancadas.[3]
Na tempada 2021/22 subiu ao Fabril, onde tivo como adestrador de novo a Gilsanz, e afianzouse na defensa titular do equipo. O 12 de novembro de 2022 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, da man de Óscar Cano, na primeira rolda da Copa do Rei ante o Guijuelo, na que integrou a defensa titular xunto a Trilli, Puerto e Retu.[4]
O seu alto rendemento co Deportivo da Coruña Xuvenil levouno a debutar coa selección española sub-19 en setembro de 2021, nun amigable diante de México.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.