Diego Villares

futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Diego Villares

Diego Villares Yáñez, nado en Samarugo (Vilalba) o 17 de xuño de 1996,[1] é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Deportivo da Coruña, da Segunda División, club do que é o capitán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Diego Villares
Thumb
(2024)
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1996 (28 anos)
Samarugo, España
Altura1,86 m
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Deportefútbol
Posición de xogoCentrocampista
Número deportivo22
Traxectoria
  Equipo
2014–2018   RC Vilalbés 135(15)
2018–2021   Deportivo Fabril 46(6)
2019–2019 cesión:    RC Vilalbés 19(4)
2021–   Deportivo da Coruña 125(9)
Pechar

Traxectoria

Racing Vilalbés (2006-2018)

Formouse futbolisticamente no Racing Vilalbés, comezando nas categorías inferiores ata chegar ao primeiro equipo, co que debutou en Terceira División na parte final da tempada 2013/14 estando aínda en idade xuvenil.[1] Na seguinte tempada continuou no equipo xuvenil pero xogando con máis asiduidade no primeiro equipo, co que disputou 24 partidos, anotando 5 goles. Na súa etapa xuvenil xogaba como pivote ofensivo, mentres que na escuadra sénior o adestrador Óscar Gilsanz escorouno cara a banda dereita.[2]

Xa asentado no primeiro equipo, xogou os seguintes tres anos en Terceira, sendo titular en case todos os partidos. Nesta etapa disputou unha fase de ascenso a Segunda B na 2017/18 e converteuse no xogador máis importante do equipo.[3]

Fabril (2018-2021)

En maio de 2018 fichou polo Deportivo Fabril, en Segunda División B.[3] Debutou na primeira xornada de liga fronte ao Internacional de Madrid e marcou o seu primeiro gol na categoría en Pasarón, fronte ao Pontevedra.[4] Con todo, no filial deportivista adestrado primeiro por Tito Ramallo e logo por Sergi Pellicer, non tivo continuidade, e no inverno foi cedido ao seu antigo club, o Racing Vilalbés.[5]

Cesión ao Racing Vilalbés (2019)

Cando volveu ao Racing Vilalbés, o equipo atopábase nunha situación moi diferente á que había cando marchara, co equipo ocupando postos de descenso a Preferente.[6] Disputou co club lucense os 19 partidos restantes da tempada, anotando catro goles, e logrou a salvación comodamente, ao rematar no 11º posto.

De regreso no Fabril (2019-2021)

Na tempada 2019/20, co Fabril en Terceira, gañou a titularidade dende o principio tendo un rendemento notable, pero foi na seguinte campaña cando se converteu no capitán e líder indiscutible do equipo, adestrado por Juan Carlos Valerón.[7] Disputou 41 partidos co Fabril, anotando cinco goles e gañando a Copa Deputación 2019.[8]

Deportivo da Coruña (2021-presente)

O 1 de febreiro de 2021, último día do mercado invernal, o Deportivo da Coruña anunciou a tramitación das fichas de Rayco e Diego Villares co primeiro equipo, como reforzos invernais no peor momento deportivo da historia do club, na Segunda División B e fóra dos postos de ascenso.[9][10] Debutou co Deportivo o 7 de febreiro no Campo do Vao fronte ao Coruxo, con derrota por 2-0.[11] Foi titular en todos os restantes partidos, converténdose nun dos piares do equipo adestrador por Rubén de la Barrera e sendo galardoado ao remate da tempada como Xogador Estrella Galicia, tras unha votación entre os afeccionados do club para elixir o mellor xogador da tempada.[12][13]

Continuou sendo un dos xogadores máis importantes do equipo durante as seguintes dúas campañas na nova Primeira División RFEF, pero o club viviu dúas novas decepcións ao perder o ascenso en senllas promocións frustradas. Na tempada 2023/24 incorporouse ao equipo o andaluz José Ángel, co que Villares formou un excelente pivote no centro do campo, sendo o bo traballo de ambos unha das claves do ascenso do equipo de Imanol Idiakez á Segunda División.[14][15] Disputou un total de 40 encontros, 38 deles como titular, e anotou catro goles. O seu rendemento fixo que recibise o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do club durante a tempada, o segundo da súa carreira.[16]

En xaneiro de 2025, trala saída de Lucas Pérez do Deportivo, Villares converteuse no novo capitán do equipo, aínda que xa levaba usando ocasionalmente o brazalete dende 2022.[17]

Palmarés

Fabril
Deportivo da Coruña

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.