Remove ads
futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Pablo Vázquez Pérez, nado en Gandia o 7 de outubro de 1994, é un futbolista español, que xoga de defensa central no Deportivo da Coruña, da Segunda División. Pode ocupar tamén a posición de centrocampista defensivo.
(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Pablo Vázquez Pérez 7 de outubro de 1994 (30 anos) Gandia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,84 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Nado en Gandia, formouse como futbolista nas canteiras de tres clubs valencianos: Tavernes, Crack's e Huracán.[1] En 2013 debutou na Tercera División, nas filas do CD Llosa, e en xuño de 2014 fichou polo Ontinyent CF, da mesma categoría, onde se fixo inmediatamente coa titularidade.[2]
Na tempada 2015/16 xogou no San Fernando,[2] antes de fichar en 2016 polo Córdoba B.[3] Co filial verde xogou un total de 34 partidos na Segunda División B, marcando 4 goles. O 12 de outubro de 2016 debutou co primeiro equipo do Córdoba, nun partido da Copa do Rei ante o Cádiz que rematou con vitoria cordobesa por 2-1.[4]
En xullo do ano seguinte fichou por un novo filial: o Granada B.[5] Despois de seis meses no club e de disputar 20 partidos, todos completos, o seu bo rendemento valeulle ser cedido no mercado invernal a un equipo da Segunda División: o Alcorcón.[6] Debutou na categoría de prata na 23ª xornada, contra o Cádiz, substituíndo na segunda parte ao galego Jonathan Pereira.[7] Con todo, só disputou catro partidos máis co club de Alcorcón.
A continuación regresou a Andalucía, onde asinou un novo contrato, xa con ficha do primeiro equipo do Granada.[8] Con todo, non chegou a xogar ningún partido de liga co equipo nazarí, disputando só un partido de Copa do Rei ante o Elche no que marcou un gol. Ante a falta de minutos, para a segunda parte da tempada saíu cedido á Cultural Leonesa, de Segunda B, onde foi titular en todas as restantes xornadas.[9]
Trala fin da súa cesión rescindiu o seu contrato co Granada e fichou polo Badajoz.[10][11] Militou dúas campañas no equipo estremeño, xogando un total de 52 partidos, nos que marcou 8 goles, e disputou dúas veces a fase de ascenso a Segunda. En xuño de 2021 asinou como novo xogador do FC Cartagena, co que xogou durante dous anos na Segunda División, contabilizando un total de 57 partidos e 4 goles.[12]
No verán de 2023 fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.