Gandia, Valencia
concello da provincia de Valencia From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da provincia de Valencia From Wikipedia, the free encyclopedia
Gandia (en valenciano pronunciado [ɡanˈdi.a]; en castelán: Gandía) é unha cidade da provincia de Valencia, capital da comarca da Safor. Está moi preto da costa e á beira do río Serpis. En 2008 tiña 90 020 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Safor | ||||
Capital de | |||||
Capital | Gandia (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 78.108 (2023) (1.284,67 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 60,8 km² | ||||
Bañado por | Golfo de Valencia | ||||
Altitude | 22 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Francisco de Borja | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Manuel Prieto Part (pt) (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46700, 46701, 46702, 46728 e 46730 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46131 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46131 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | gandia.es |
O municipio de Gandia abarca 61,5 km². Áchase nunha localización privilexiada entre o mar Mediterráneo, con magníficas praias de area dourada: a de Ahuir, con sector nudista incluído, a de Venecia, a Norte e máis a de Rafalcaíd, a montaña: o Montdúver (841 m) e máis a horta, regada polo Serpis.
O clima de Gandia é mediterráneo pluvioso, con moita humidade, tanto en inverno como en verán. As choivas, aínda que son bastante abundantes, concéntranse no outono e poden seren espectaculares. De feito Gandía ten un rexistro de precipitacións máximas en 24 horas de 720 mm., que se recolleron o 3 de novembro de 1987. Con ocasión desa "gota fría" Gandia achegou en dous días 844 mm., rexistro só superado pola veciña poboación de Xàbia. Polo tanto está suxeita a fortes inundacións, sobre todo na beira do río Serpis.
Na actualidade o sector económico principal de Gandia é o turismo, que fan do concello unha potencia do ramo, e, como consecuencia arrastra dos servizos e do sector inmobiliario. O sector industrial non carece de importancia, mentres que a dedicación agrícola só ocupa un 4% da poboación activa.
As covas de Parpalló e as das Meravelle, paleolíticas, mostran os restos máis antigos poboamento na zona. Tamén está constatado o paso dos iberos e dos romanos.
Aínda que a procedencia da cidade é árabe, non é até 1240, momento da ocupación cristiá do castelo de Bairén por Xaime I, cando se pode falar dun núcleo urbano; até entón Gandia era unha pequena vila que vivía do cultivo da cana de azucre. O amurallamento da localidade propiciou o agrupamento do diversos núcleos poboados dispersos polo termo. En 1323 Xaime II o Xusto concedeu a seu fillo, o infante Pere de Ribagorza, o señorío da vila.
En 1359 herdouno o fillo dese, Afonso de Aragón i Foix, de alcuño o Vello, quen, no ano 1399, recibiu de Martín l'Humá o título de duque, con Gandia como centro do ducado, estabelecendo na vila unha corte famosa na època. Seu fillo Afonso V de Ribagorza continuou a obra de seu pai: impulsou o cultivo da cana de azucre e o artesanto, edificou o Pazo Ducal de Gandia, o Mosteiro de Sant Jeroni de Cotalba, reformou a colexiata e seguiu a potenciar a corte, que acolleu figuras literarias como Ausiàs March (Gandía e Beniarjó disputan ser a cidade natal March), Joanot Martorell ou Joan Roís de Corella. Á súa morte, sen descendencia, produciuse un preito pola sucesión dos seus estados, que se resolveu co paso de Gandía ao dominio de Hugo de Cardona.
No ano 1433 recibiuna o infante Joan, que a cedeu, en 1439, a seu fillo, o príncipe Carlos de Viana; á súa morte, en 1461, pasou á mans da Coroa de Aragón. En 1485 o ducado foi adquirido por Rodrigo de Borja (futuro papa Alexandre VI) para o seu fillo Pedro Luís Borja, logo de satisfacer un débeda que o rei tiña desde 1470 coa cidade de Valencia, e na que Gandía actuaba como peñor. Á morte daquel sucedeulle seu irmán Juan Borja, que casou con María Enríquez (curmá de Fernando o Católico). Deste matrimonio naceu Juan de Borja, o cal ficou orfo moi novo por mor do asasinato de seu pai en Roma, o ano 1497, e que logo foi pai de Francisco de Borja. O novo duque emprende un labor urbanizador -segunda muralla cidadá- e cultural, que levou a cidade a unha etapa de apoxeo cultural e político, nun estilo renacentista italiano. En 1550, cando ingresou na Compañía de Xesús, abdicou no seu fillo, Carlos Borja, que contraeu matrimonio con Magdalena Centelles e Folch, irmá e herdeira do conde de Oliva, e mantivo Gandía como un dos núcleos máis influentes e poderosos do panorama, até o endebedamento da nobreza e as Germanies, as cales na batalla do Vernisa, ou de Gandía, derrotaron o exército realista, saquearon o pazo ducal e atacaron o arrabalde, ou mouraría.
A expulsión mourisca, que fixo diminuír a poboación nun terzo, feito do que tardou uns 150 anos en se recuperar; a decadencia do cultivo da cana de azucre e a peste trouxeron un clima de crise que tivo que afrontar o cuarto duque, Francisco de Borja, o cal, acometeu a ampliación do recinto urbano coa construción da Vila Nova e máis un novo cinto de murallas que incluíu o colexio de Sant Sebastià (edificio que aínda se conserva), convertido en Universidade en 1548 e que deixou de funcionar en 1772, sen que xamais fose un centro importante. A perda dos foros a consecuencia da guerra de sucesión española, durante a cal Gandía apoiou o rei Borbón, ocorreu nun momento en que os duques abandonaran Gandia, que obtivo o título de cidade por privilexio de Filipe V.
En 1740 Luís Ignacio de Borja faleceu sen descendencia e o ducado pasou aos Benavent e despois aos Osuna, actuais posuidores do título. A reactivación económica durante este século veu da man do cambio dos cultivos: abandonouse a cana de azucre e apostouse pola moreira e a cría de vermes da seda, que orixinan unha importante industria. A finais do século hai un millar de teares de cinta de seda e vinte e catro doutros tecidos. O encurtido de coiros e a fabricación de azulexos e mesiñas tamén tiveron o seu papel na nomeada reactivación. No século XIX é a seda a que entra en crise e deixa paso ao viñedo, que trala epidemia de filoxera deixa, á súa vez, paso á laranxeira.
En 1881 comezou o derrubamento das murallas e sae á rúa o primeiro xornal da cidade, "El Litoral"; chegan tamén as primeiras máquinas de vapor para o tranvía, que unía Gandía con Carcaixent, para substituír as cabalarías e prolongar a liña até Dénia. Así mesmo desde 1890 o tren, coñecido popularmente como dos ingleses ou a xitxarra (chicharra) unía xa Alcoi co Grau de Gandia (porto). O patricio local Sinisalbo Gutiérrez fixo as xestións oportunas coa compañía inglesa que instalou este ferrocarril para construír, en 1893, o porto de Gandía, que ten renome dende tempos da Idade Media no País Valenciano e que significou a revitalización para a cidade e a súa conversión definitiva no concello máis importante da zona. A súa construción provocou o impulso do cultivo da laranxeira, o que convertería o Grau de Gandia no primeiro porto laranxeiro valenciano, se ben a presenza doutros tipos de transporte diminuíu máis adiante a súa importancia.
No 1908 produciuse a primeira crise da laranxa por problemas de axuste do mercado. Na década dos vinte do século XX iniciouse unha recuperación que favoreceu unha rápida expansión. Os anos anteriores á guerra de 1936-1939 había maioría anarquista no Grau, mentres que na cidade a corrente principal era de signo blasquismo: radical e anticlerical; desde os anos cincuenta efectuouse un rápido crecemento demográfico, que tivo por causa a forte corrente inmigratoria, atraída pola auxe do turismo e do sector servizos, procedente do resto da comarca e do interior do País Valenciano, máis tamén de Andalucía e de A Mancha. No 1965 o concello foi ampliado ao seren anexionados os municipios de Beniopa e Benipeixcar.
En 1998 foi remodelado todo o centro histórico de Gandia coa conversión de varias rúas en zona peonal, o que comportou un ritmo de vida máis tranquilo e a posibilidade de gozar dunha maneira máis agradábel o rico patrimonio da cidade, do que cómpre destacar:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gandia, Valencia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.