Remove ads
evento futbolístico internacional cuatrianual From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mundial de Fútbol (ou Copa do mundo) Alemaña 2006 realizouse por segunda vez en Alemaña (a primeira vez foi no ano 1974, en Alemaña Occidental). Foi o país sede e polo tanto o único pre-clasificado. Por primeira vez na historia do campionato, o campión do torneo anterior (no caso, a selección brasileira) precisou disputar as eliminatorias previas para poder defender o dereito de participar no torneo. Trinta e dous países participaron na Copa de 2006, cuxa final aconteceu o día 9 de xullo.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A decisión de confiar a Alemaña a organización do torneo foi controvertida, xa que se esperaba que o campionato ocorrese en Suráfrica. Os outros países candidatos á organización eran Inglaterra, Marrocos e o Brasil. Desde que se fixo a escolla, o órgano que controla mundialmente o fútbol, a FIFA, afirmou publicamente a súa intención de rotar o país sede entre as súas confederacións integrantes. A sede para o Mundial seguinte foi escollida logo en seguida: Suráfrica albergará os partidos do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Como preparación para a competición, a FIFA organizou a Copa das Confederacións 2005 en Alemaña, torneo gañado por Brasil. Agárdase que a Copa do Mundo de 2014 sexa en América do Sur.
Segundo cos resultados obtidos nas eliminatorias, os 32 países clasificados son: Alemaña (previamente clasificada como país sede), Arxentina, Brasil, Paraguai, Ecuador, México, Estados Unidos de América, Trinidad e Tobago, Costa Rica, Portugal, España, Inglaterra, Francia, Italia, Suíza, Suecia, República Checa, Ucraína, Serbia e Montenegro, Países Baixos (Holanda), Croacia, Polonia, Togo, Ghana, Angola, Costa do Marfil, Tunisia, Xapón, Arabia Saudita, Irán, Corea do Sur e Australia.
Por primeira vez na historia dos Mundiais de Fútbol, tres países lusófonos estiveron presentes (Portugal, Angola e o Brasil). E é a primeira vez, tamén, que a Concacaf terá catro representantes (EUA, México, Costa Rica e Trinidad e Tobago), o mesmo número que os de América do Sur e Asia.
A Selección brasileira de fútbol era unha das grandes favoritas, do mesmo xeito que a Selección arxentina, a Selección inglesa e a Selección italiana. A pesar de ter obtido bos resultados nas últimas copas e xogar en casa, a Selección alemá non era favorita. Unha enquisa publicada o 16 de marzo de 2006 apuntaba que so o 3% dos alemáns crían na vitoria. Para esas baixas expectativas xermanas, contou a derrota contra a selección italiana por 4-1 no día 1 de marzo nun amigable preparatorio para o torneo.
O escepticismo da poboación reflectíase nos propios xogadores alemáns. O capitán e principal xogador da selección, Michael Ballack, deu unha entrevista ó seminario deportivo alemán "Sport-Bild" no día 9 de maio afirmando que o equipo é novo e con pouca experiencia, e que non sería unha sorpresa se fose eliminada na primeira fase.
Diego Armando Maradona declarou o 4 de abril de 2006 que consideraba a Brasil como principal favorita, lugar que non lle atribuía a Arxentina. Nas súas palabras: "Se non fora Brasil, despois vén Inglaterra, Italia e Alemaña"
Pelé, cando lle preguntaron sobre cal sería o favorito na súa opinión, preferiu calar, por ter errado tódalas veces que se pronunciou sobre a selección favorita: en 1994, dixo que sería a Colombia; en 1998, dixo que a España era o mellor equipo, e o Brasil tiña problemas na defensa; e en 2002, debido á mala campaña do Brasil nas eliminatorias, seleccións coma Inglaterra, Portugal, Suecia e Arxentina eran as súas preferidas. A menos dun mes do torneo, Pelé acabou admitindo que non cría na vitoria do Brasil. Para Pelé, os favoritos sempre perden. Moi criticado no seu país por tal declaración, Pelé curiosamente atinou: o Brasil acabaría eliminado por Francia nos cuartos de final.
A revista semanal alemá Stern indicou, nunha sondaxe realizada polo instituto Forsa, que entrevistou a 1000 alemáns, que o 17% dos entrevistados non cría que a súa selección pasara da primeira fase, aínda que o grupo da selección anfitrioa era considerado un grupo "frouxo". A pesar de todo, o pobo alemán apoia ao técnico pois, de acordo coa mesma sondaxe, o 66% cren que debe permanecer no cargo mesmo si o equipo perde o partido de preparación contra a selección dos EUA o 22 de marzo, en Dortmund, unha das cidades sede da Copa.
Nunha sondaxe de decembro de 2004, a revista "Sport Bild" indicou que apenas o 10,4% dos alemáns crían no título. Repetíndoa en abril, a porcentaxe diminuí ata o 5%, acreditando o 29,1% que a selección será eliminada en oitavos de final e o 10,8% pensando que sería eliminada na primeira fase. O adestrador Jürgen Klinsmann contaba co apoio dun 60% dos entrevistados.
Entre os brasileiros a expectativa era de que a selección trouxese o título novamente. Unha sondaxe divulgada no día 25 de maio polo Instituto CNT/Sensus apuntou que o 79,8% dos brasileiros cren no hexacampionato mundial.[1]
Na Italia, a menos dun mes para o torneo estoupou un escándalo de compra de árbitros no fútbol italiano. As denuncias acabarán sendo dirixidas ó tamén técnico da selección italiana, Marcello Lippi,
Cidade | Estadio | Club | Capacidade |
---|---|---|---|
Berlín | Olympiastadion | Hertha Berlin | 76.176 |
Dortmund | Signal Iduna Park | Borussia Dortmund | 66.981 |
Frankfurt | Commerzbank-Arena | Eintracht Frankfurt | 48.132 |
Gelsenkirchen | Veltins-Arena | Schalke 04 | 53.804 |
Hamburgo | AOL Arena | Hamburger SV | 51.055 |
Hannover | AWD-Arena | Hannover 96 | 44.652 |
Kaiserslautern | Fritz-Walter-Stadion | FC Kaiserslautern | 41.170 |
Colonia | RheinEnergieStadion | FC Köln | 46.120 |
Leipzig | Zentralstadion | FC Sachsen Leipzig | 44.199 |
München | Allianz-Arena | Bayern Múnic | 66.016 |
Nuremberg | Frankenstadion | FC Nürnberg | 41.926 |
Stuttgart | Gottlieb-Daimler-Stadion | VfB Stuttgart | 54.267 |
Un total de 12 cidades alemás foron selecionadas para recibir a fase final da Copa do Mundo de 2006 entre un total de 20 candidaturas, tendo sido descartadas Bremen, Düsseldorf, Mönchengladbach, Bochum e Duisburgo.
Os estadios comezaron a ser preparados pouco tempo despois de seleccionadas as cidades. Namentres que algúns apenas sufriron pequenas adaptas, moitos tiveron que ser completamente reformados e outros foron construídos especialmente para o torneo. Cada estadio modernizado necesitou dun investimento entre 48 e 280 millóns de euros; e máis de 1,38 billóns de euros foron gastos para os novos estadios. Como comparación, para o torneo de 1974, gastáranse 242 millóns de marcos (aproximadamente 121 millóns de euros) para a habilitación de tódolos centros deportivos.
A capacidade efectiva dalgúns dos estadios na Copa do Mundo, en particular no Westfalenstadion, será máis baixa que os números citados, xa que o regulamento da Bundesliga permite que se manteñan partes onde o público pode permanecer de pé, mentres que as regras da FIFA non o permiten, polo que deberán ser instalados asentos nas áreas con esas características para a Copa do Mundo, reducindo, así, un pouco a súa capacidade.
Tamén, durante a Copa do Mundo, moitos dos estadios serán oficialmente coñecidos por nomes diferentes, xa que a FIFA prohibe patrocinio no nome dos estadios. Por exemplo, o Allianz Arena será coñecido durante a competición coma "FIFA WM-Stadion München" (Estadio da Copa do Mundo da FIFA Múnic), mentres que o Veltins-Arena será revertido para o seu nome orixinal de "Arena AufSchalke".
Das doce cidades-sede, apenas dúas non pertencían completamente a Alemaña Occidental, Leipzig e Berlín.
Após os partidos da rolda de clasificación do 16 de novembro de 2005, os seguintes países aseguraron a clasificación (mostrados aquí separados por asociación rexional):
País | Participacións | Clasificación |
---|---|---|
Alemaña | 15 | sé |
Croacia | 2* | 8 de outubro de 2005 |
Francia | 11 | 12 de outubro de 2005 |
Países Baixos | 7 | 8 de outubro de 2005 |
Inglaterra | 11 | 8 de outubro de 2005 |
Italia | 15 | 8 de outubro de 2005 |
Polonia | 6 | 8 de outubro de 2005 |
Portugal | 3 | 8 de outubro de 2005 |
Serbia e Montenegro | 1* | 12 de outubro de 2005 |
Suecia | 10 | 12 de outubro de 2005 |
Ucraína | Estrea | 3 de setembro de 2005 |
Suíza | 7 | 16 de novembro de 2005 |
España | 11 | 16 de novembro de 2005 |
República Checa | Estrea** | 16 de novembro de 2005 |
*O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Socialista Federal de Iugoslavia (1950-1990) clasificáronse oito veces para a Copa do Mundo antes da separación das repúblicas iugoslavas a partir de 1992: Serbia e Montenegro, Croacia, Eslovenia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte. En 1998, Iugoslavia (que se limitaba a un territorio bastante menor que o inicial) participou tamén na copa.
**Checoslovaquia foi dividida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas seleccións formadas a partir de entón son consideradas distintas de Checoslovaquia.
País | Participacións | Clasificación |
---|---|---|
Estados Unidos | 7 | |
México | 12 | |
Trinidad e Tobago | Estrea | |
Costa Rica | 2 | |
País | Participacións | Clasificación |
---|---|---|
Arabia Saudita | 3 | 8 de xuño de 2005 |
Corea do Sur | 6 | 8 de xuño de 2005 |
Xapón | 2 | 8 de xuño de 2005 |
Irán | 2 | 8 de xuño de 2005 |
País | Participacións | Clasificación |
---|---|---|
Angola | Estrea | 8 de outubro de 2005 |
Costa do Marfil | Estrea | 8 de outubro de 2005 |
Ghana | Estrea | 8 de outubro de 2005 |
Togo | Estrea | 8 de outubro de 2005 |
Tunisia | 3 | 8 de outubro de 2005 |
País | Participacións | Clasificación |
---|---|---|
Australia | 1 | 16 de novembro de 2005 |
O sorteo foi o 9 de decembro de 2005, en Leipzig, Alemaña. As 32 seleccións clasificadas para a fase final da Copa do Mundo foron divididas en 8 grupos (A, B, C, D, E, F, G e H) de 4 países cada un. As seleccións do Brasil, Inglaterra, España, México, Francia, Arxentina, Italia e Alemaña foron escollidas coma cabezas de serie de cada un deles.
Pote A | Pote B | Pote C | Pote D |
---|---|---|---|
Arxentina |
Angola |
Croacia |
Costa Rica |
Pote especial | |||
Máis información: Explicación da FIFA sobre o sorteo e reportaxes da BBC sobre a distribución dos cabezas de serie e dos potes.
Logo dos sorteos moitos comentaristas afirmaron que os grupos C e E eran os chamados grupos da morte, por teren fortes equipos disputándose unha praza.[2][3]
Cada selección consta de 23 xogadores. Cada xogador mantén o mesmo número durante todos os partidos do Mundial. No caso de lesión a selección ten o dereito da substitución até 24 horas antes do primeiro partido.[4].
A lista de abaixo contén os 23 grupos de árbitros do Mundial de 2006. Arquivado 30 de xuño de 2006 en Wayback Machine.
O sistema de disputa na fase de grupos é de todos contra todos dentro dos seus grupos en quenda única. As dúas seleccións con máis puntos pasan para os oitavos de final. A partir desa fase, os partidos acontecen en eliminatorias simples até o final. Os perdedores das semifinais disputan o terceiro lugar no día anterior ó da final.
1. maior número de puntos obtidos en tódolos partidos do grupo; 2. diferenza de goles en todolos partidos do grupo; 3. maior número de goles marcados en tódolos partidos do grupo; Se dúas ou máis escuadras ficaran iguais no que respecta ós criterios anteriores, a súa clasificación será determinada da seguinte forma: 4. maior número de puntos obtidos nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo; 5. diferenza de goles resultante dos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo; 6. maior número de goles marcados nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo; 7. sorteo realizado por parte do Comité Organizador do Campionato do Mundo. — Regras do campionato |
Co fin dos partidos da segunda rolda (15/06) do Grupo A, a selección alemá e a selección ecuatoriana garantiron o seu paso á seguinte fase. Os partidos da terceira rolda definiron as posicións das mesmas no grupo. A selección polaca e a selección costarriqueña xa non tiñan oportunidades de clasificación.
No Grupo B, a Inglaterra tamén se garantiu a súa praza na vindeira fase. Paraguai quedou fóra da competición. A outra praza do grupo disputárona na terceira xornada Suecia e Trindade e Tobago, saíndo os suecos gañadores.
Ó remate da segunda xornada (16 de xuño) do Grupo C, Arxentina e Holanda xa garantiran a súa praza na seguinte fase. Resta saber quen quedará co primeiro lugar, o que se definirá na terceira xornada. Consecuentemente, Costa do Marfil e Serbia e Montenegro xa esgotaron as súas opcións de clasificarse.
No día 17 de xuño, a selección portuguesa garantiuse coma sexta clasificada para os oitavos de final, ó vencer a Irán, xá sen opcións, por 2 a 0.
Cos partidos da segunda rolda nada se definira no grupo.
Brasil garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Australia por 2 a 0.
España garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Tunisia por 3 a 1.
|
|
|
|
Grupo A
|
Grupo B
|
Grupo C
|
Grupo D
|
Grupo E
|
Grupo F
|
Grupo G
|
Grupo H
|
Segunda Ronda | Cuartos de finais | Semifinais | Final | |||||||||||
24 xuño - Múnic | ||||||||||||||
Alemaña | 2 | |||||||||||||
30 xuño- Berlín | ||||||||||||||
Suecia | 0 | |||||||||||||
Alemaña (pen.) | 1(4) | |||||||||||||
24 xuño - Leipzig | ||||||||||||||
Arxentina | 1(2) | |||||||||||||
Arxentina (pro.) | 2 | |||||||||||||
4 xullo - Dortmund | ||||||||||||||
México | 1 | |||||||||||||
Alemaña | 0 | |||||||||||||
26 xuño - Kaiserslautern | ||||||||||||||
Italia (pro.) | 2 | |||||||||||||
Italia | 1 | |||||||||||||
30 xuño- Hamburgo | ||||||||||||||
Australia | 0 | |||||||||||||
Italia | 3 | |||||||||||||
26 xuño - Colonia | ||||||||||||||
Ucraína | 0 | |||||||||||||
Suíza | 0(0) | |||||||||||||
9 xullo - Berlín | ||||||||||||||
Ucraína (pen.) | 0(3) | |||||||||||||
Italia (pen.) | 1(5) | |||||||||||||
25 xuño - Stuttgart | ||||||||||||||
Francia | 1(3) | |||||||||||||
Inglaterra | 1 | |||||||||||||
1º xullo - Gelsenkirchen | ||||||||||||||
Ecuador | 0 | |||||||||||||
Inglaterra | 0(1) | |||||||||||||
25 xuño - Nuremberg | ||||||||||||||
Portugal (pen.) | 0(3) | |||||||||||||
Portugal | 1 | |||||||||||||
5 xullo - Múnic | ||||||||||||||
Países Baixos | 0 | |||||||||||||
Portugal | 0 | |||||||||||||
27 xuño - Dortmund | ||||||||||||||
Francia | 1 | Terceiro posto | ||||||||||||
Brasil | 3 | |||||||||||||
1º xullo - Frankfurt | 8 xullo - Stuttgart | |||||||||||||
Ghana | 0 | |||||||||||||
Brasil | 0 | Alemaña | 3 | |||||||||||
27 xuño - Hannover | ||||||||||||||
Francia | 1 | Portugal | 1 | |||||||||||
España | 1 | |||||||||||||
Francia | 3 | |||||||||||||
* Despois da prórroga.
**Despois da quenda de penaltis.
Entre parénteses: resultado no fin do primeiro tempo.
No final da copa, o artilleiro recibirá a "Chuteira de Ouro" Adidas (Golden Shoe Award)[5]. O xogador brasileiro Ronaldo foi o último vencedor do premio na Copa de 2002, con 8 goles marcados, e é o único vencedor que continua xogando. Ronaldo é o maior artilleiro de todas as Copas, con 15 goles. Xa Just Fontaine é o maior artilleiro dunha única edición do torneo con 13 goles anotados na Copa de 1958.
|
|
|
A Clasificación final das seleccións leva en conta a fase á que a selección chegou e despois a súa puntuación así como outros criterios de desempate. Por exemplo: Ucraína cun total de 7 puntos ficou diante da España que obtivo un total de 9 puntos. Iso debido a que España foi eliminada nos oitavos de final, mentres que Ucraína saíu na fase de cuartos de final.
|
|
Eliminados nos Cuartos de Final
Eliminados nos Oitavos de Final
|
Eliminados na primeira fase
|
Premio FIFA Chuteira de Ouro (goleador): | Premio FIFA Balón de Ouro (mellor xogador): | Premio FIFA Yashin (mellor porteiro) | Premio FIFA Mellor Xogador novo: | Trofeo FIFA Fair Play (equipo máis limpo): | Equipo máis entretido: |
---|---|---|---|---|---|
Miroslav Klose |
Zinedine Zidane |
Gianluigi Buffon |
Lukas Podolski |
Brasil España |
Portugal |
Selección do Mundial
Ó final da competición un grupo da FIFA seleccionou a selección da copa, que é composta polos 23 mellores xogadores do torneo.
Porteiro | Defensores | Mediocampistas | Dianteiros |
---|---|---|---|
Gianluigi Buffon |
Roberto Ayala |
Zé Roberto |
Hernan Crespo |
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif | Rend | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Italia | 17 | 7 | 5 | 2 | 0 | 12 | 2 | +10 | 80,9% |
2 | Francia | 15 | 7 | 4 | 3 | 0 | 9 | 3 | +6 | 71,4% |
3 | Alemaña | 16 | 7 | 5 | 1 | 1 | 14 | 6 | +8 | 76,2% |
4 | Portugal | 13 | 7 | 4 | 1 | 2 | 7 | 5 | +2 | 62,0% |
5 | Brasil | 12 | 5 | 4 | 0 | 1 | 10 | 2 | +8 | 80,0% |
6 | Arxentina | 11 | 5 | 3 | 2 | 0 | 11 | 3 | +8 | 73,3% |
7 | Inglaterra | 11 | 5 | 3 | 2 | 0 | 6 | 2 | +4 | 73,3% |
8 | Ucraína | 7 | 5 | 2 | 1 | 2 | 5 | 7 | -2 | 46,6% |
9 | España | 9 | 4 | 3 | 0 | 1 | 9 | 4 | +5 | 75,0% |
10 | Suíza | 8 | 4 | 2 | 2 | 0 | 4 | 0 | +4 | 66,6% |
11 | Holanda | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 3 | 2 | +1 | 58,3% |
12 | Ecuador | 6 | 4 | 2 | 0 | 2 | 5 | 4 | +1 | 50,0% |
13 | Ghana | 6 | 4 | 2 | 0 | 2 | 4 | 6 | -2 | 50,0% |
14 | Suecia | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 3 | 4 | -1 | 41,6% |
15 | México | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 5 | 0 | 33,3% |
16 | Australia | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 6 | -1 | 33,3% |
17 | Corea do Sur | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 4 | -1 | 44,4% |
18 | Paraguai | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 2 | 0 | 33,3% |
19 | República Checa | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 4 | -1 | 33,3% |
20 | Costa do Marfil | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 6 | -1 | 33,3% |
21 | Polonia | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 4 | -2 | 33,3% |
22 | Croacia | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 3 | -1 | 22,2% |
23 | Angola | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 1 | 2 | -1 | 22,2% |
24 | Tunisia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 3 | 6 | -3 | 11,1% |
25 | Estados Unidos | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | -4 | 11,1% |
26 | Irán | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | -4 | 11,1% |
27 | Trindade e Tobago | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 4 | -4 | 11,1% |
28 | Arabia Saudita | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 7 | -5 | 11,1% |
29 | Xapón | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 7 | -5 | 11,1% |
30 | Togo | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 6 | -5 | 0,0% |
31 | Costa Rica | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 3 | 9 | -6 | 0,0% |
32 | Serbia e Montenegro | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 10 | -8 | 0,0% |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.