Remove ads
Futbolista brasileño From Wikipedia, the free encyclopedia
Ronaldo Luís Nazário de Lima, coñecido como Ronaldo, nado o 22 de setembro de 1976 no Río de Xaneiro, é un exfutbolista brasileiro tamén con nacionalidade española. Xogaba de dianteiro e está considerado como un dos xogadores de fútbol máis coñecidos a nivel mundial e xogou nalgúns dos equipos europeos máis prestixiosos.
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (pt-br) Ronaldo Luís Nazário de Lima 22 de setembro de 1976 (48 anos) Itaguaí, Brasil (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | O fenômeno | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 183 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 90 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 25 de maio de 1992 - 14 de febreiro de 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1998 | Mundial de Fútbol Francia 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | ronaldo.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Debutou no fútbol de primeira categoría co club brasileiro Cruzeiro á idade de 17 anos, logo de impresionar polas súas grandes habilidades futbolísticas e a súa excelente achega goleadora, xa que con tan só 16 anos xa marcara 59 goles en 57 partidos coa selección brasileira sub-17. Consegue unha copa Minerao e unha liga brasileira.
É fichado polo primeiro equipo europeo da súa carreira, o PSV Eindhoven neerlandés, na tempada 1994-1995.
Tras converterse no máximo goleador da liga neerlandesa, gañar a Copa de Holanda e ser o grande ausente da final na recopa 1996 fronte ó Fútbol Club Barcelona, é contratado por este club da liga española, na tempada 1996-1997, logrando o Premio Bravo e o seu primeiro Fifa World Player.
Co Barcelona logra 34 goles en 37 partidos. Tras obter o premio ó mellor xogador do mundo co Barcelona, lograr o premio FIFA ó mellor xogador dous anos consecutivos, ademais da Copa do Rei, a Recopa, a Supercopa de España e queda subcampión dunha liga onde o Barcelona marcou 110 goles, recórd absoluto de tantos a favor durante unha Liga.
Tras problemas co contrato, o presidente do Fútbol Club Barcelona non quere cumprir o que lle dixo con anterioridade e o xogador decide emigrar a Italia.
Asinou un contrato co Inter de Milán realizando un ano tan sobresaliente como o anterior, recibindo alí os galardóns pola súa actuación anterior en Barcelona.
Quedou subcampión de novo no Calcio, nunha liga moi dura na que é elixido o mellor xogador. A Juventus alzouse co título tras actuacións dubidosas dos árbitros en moitos dos seus encontros. E o alemán Oliver Bierhoff arrebátalle o título de máximo goleador na última xornada na que marca 4 goles cos que adianta ó astro brasileiro. Pero este mesmo ano o Inter álzase coa Copa da UEFA. Ronaldo é elixido o mellor xogador e realiza varias actuacións estelares.
Nestes anos Ronaldo conseguiu moitos triunfos colectivos, formando parte do conxunto que gañou o mundial de 1994 (Brasil), e sobre todo individuais. Estes logros situábano á temperá idade de 22 anos coma un dos mellores xogadores da historia.
Ese mesmo ano participou no mundial de 1998, no que cumpre coas expectativas ata o partido da final, onde unha estraña depresión días antes fixo que no partido decisivo non fose nin a sombra do que se prevía. A pesar diso, é elixido o mellor xogador do Mundial 1998, por diante de Zidane, que chegara máis fresco á final tras estar varios partidos de sanción. Nas seguintes campañas co Inter, iniciou un período de crise na súa carreira, con moitos altibaixos por culpa das lesións no xeonllo que arrastra desde a súa aparición nos Países Baixos co PSV Eindhoven.
Na Liga de Campións da UEFA 1998/99, Ronaldo é elixido o mellor xogador.
En abril de 2000, Ronaldo saía dunha lesión que o mantivo sen xogar durante varios meses, na final de copa fronte ó Lazio. Ós poucos minutos de saír, ó facer un caneo, o seu xeonllo falla, e enfróntase á lesión máis dura da súa vida. Tras isto, a volta de Ronaldo algún día ós terreos de xogo ponse en dúbida. É operado en París do tendón rotuliano. Ronaldo loita duramente durante 20 meses para volve a xogar ó fútbol. A finais do ano 2001, reapareceu no Calcio e marcou.
No último partido fronte ó Lazio, o Inter con Ronaldo xogábase a primeira posición. Héctor Cúper decide prescindir de Ronaldo a inicios da segunda parte e o Inter perde.
Pouco despois participaría na Copa do Mundo mundial de Corea e o Xapón formando parte do combinado brasileiro a pesar de non disputar ningún partido da clasificación ó mundial. Ronaldo con 8 tantos, é o máximo goleador e fai que o Brasil gañe o seu 5º mundial con 2 goles na final fronte a Alemaña. Tamén foi decisivo o seu gol ante Turquía 1-0.
Ronaldo demostra que sen chegar a ser o que era, segue convertendo en ouro o que toca. Nese mesmo ano volveu gañar o premio FIFA ó mellor xogador e acto seguido ó final do mundial foi traspasado ó Real Madrid. A súa mala relación co adestrador do Inter de Milán, Héctor Cúper, foi o motivo do seu adeus. Unha situación similar con Fabio Capello, adestrador do Real Madrid, acabou co traspaso do xogador no mercado de inverno de principios do 2007 ó AC Milan.
Unha vez en Italia, en rolda de prensa expresou que estaba triste por ter que abandonar Madrid, ademais de dar as grazas a todos os técnicos que tivera ó longo da súa estancia excepto a Capello.
Forma parte da FIFA 100, a lista dos mellores xogadores vivos, foi dúas veces campión do mundo xogando para a selección do seu país, gañou o Balón de Ouro en 1997 e 2002 e ten tres premios FIFA ó mellor xogador do mundo, logrados en 1996, 1997 e 2002, sendo un dos dous xogadores que máis veces o gañou.
No relacionado coa súa vida persoal, casou en abril de 1999 con Milene Domingues. Este matrimonio durou 4 anos e acabou en divorcio. A parella tivo un fillo chamado Ronald en 2000.
Tras esta relación, Ronaldo casou coa modelo brasileira Daniela Cicarelli, celebrándoo ó grande nun luxoso castelo francés. Esta relación durou só 3 meses e o divorcio produciuse pouco despois dun aborto involuntario de Cicarelli.
Mantivo tamén unha relación coa modelo brasileira Raica Oliveira, que durou ata os últimos días de agosto de 2006.
Na actualidade a súa parella é unha modelo brasileira, moi parecida fisicamente á súa exmuller Milene Domingues, e que conseguiu que se puxese en forma tralos comentarios a este respecto que se repetían nos últimos anos.
En abril de 2007, apareceu na popular serie estadounidense The Simpsons: durante un partido de fútbol feminino no que participa Lisa e Homer el é o árbitro.
Foi internacional coa Selección de fútbol do Brasil.
Mundial | Selección | Resultado | Goles | Partidos |
---|---|---|---|---|
Mundial de 1994 | Brasil | Campión | 0 | 3 |
Mundial de 1998 | Brasil | Final | 4 | 7 |
Mundial de 2002 | Brasil | Campión | 8 | 7 |
Mundial de 2006 | Brasil | 1/4 de final | 3 | 5 |
Club | Tempada | Liga | Copa | Europa | Total | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Asis | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | ||
PSV Eindhoven | 1994/95 | 13 | 12 | ? | 2 | 2 | 5 | 6 | 20 | 20 |
1995/96 | 32 | 30 | ? | 2 | 2 | 2 | 3 | 36 | 35 | |
Total | 45 | 42 | ? | 4 | 4 | 7 | 9 | 56 | 55 | |
FC Barcelona | 1996/97 | 37 | 34 | ? | 5 | 8 | 7 | 5 | 49 | 47 |
Total | 37 | 34 | ? | 5 | 8 | 7 | 5 | 49 | 47 | |
Inter de Milán | 1997/98 | 32 | 25 | ? | 4 | 3 | 11 | 6 | 47 | 34 |
1998/99 | 19 | 14 | ? | - | - | 6 | 1 | 25 | 15 | |
1999/00 | 7 | 3 | ? | - | - | - | - | 7 | 3 | |
2000/01 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | |
2001/02 | 10 | 7 | ? | - | - | 5 | 0 | 15 | 7 | |
Total | 68 | 49 | ? | 4 | 3 | 22 | 7 | 94 | 59 | |
Real Madrid | 2002/03 | 31 | 23 | ? | 1 | 0 | 11 | 6 | 43 | 29 |
2003/04 | 32 | 24 | ? | 5 | 2 | 9 | 4 | 46 | 30 | |
2004/05 | 34 | 21 | ? | 1 | 0 | 10 | 3 | 45 | 24 | |
2005/06 | 23 | 14 | 2 | 2 | 1 | 2 | 0 | 27 | 15 | |
2006/07 | 7 | 1 | ? | 2 | 1 | 4 | 2 | 13 | 4 | |
Total | 127 | 83 | ? | 11 | 4 | 36 | 15 | 174 | 102 | |
AC Milan | 2006/07 | 11 | 7 | 4 | - | - | - | - | 11 | 7 |
Total na súa carreira | 284 | 215 | ? | 24 | 19 | 72 | 36 | 384 | 265 | |
Media de Gol:8.6901
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Campionato Mineiro | Cruzeiro | Brasil | 1994 |
Copa dos Países Baixos | PSV Eindhoven | Países Baixos | 1996 |
Supercopa de España | FC Barcelona | España | 1996 |
Copa do Rei | FC Barcelona | España | 1997 |
Liga Española | Real Madrid | España | 2003 |
Supercopa de España | Real Madrid | España | 2003 |
Título | Equipo (*) | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol | Brasil | Brasil | 1994 |
Recopa de Europa | FC Barcelona | España | 1997 |
Copa América | Brasil | Brasil | 1997 |
Copa Confederacións | Brasil | Brasil | 1997 |
Copa da UEFA | Inter de Milán | Italia | 1998 |
Copa América | Brasil | Brasil | 1999 |
Copa Mundial de Fútbol | Brasil | Brasil | 2002 |
Copa Intercontinental | Real Madrid | España | 2002 |
(*) Incluíndo a Selección Brasileira de Fútbol
Distinción | Ano |
---|---|
Máximo goleador da Eredivisie | 1996 |
Trofeo Pichichi ó máximo goleador da liga Española | 1997 |
Bota de Ouro | 1997 |
Balón de Ouro | 1997 |
Trofeo Bravo | 1997 |
Onze de Ouro | 1997 |
FIFA World Player | 1996 |
FIFA World Player | 1997 |
Trofeo Bravo | 1998 |
Balón de Bronce | 1998 |
Máximo Goleador da Copa da UEFA | 1998 |
Mellor estranxeiro da Liga Calcio | 1998 |
Mellor Xogador da Liga Calcio | 1998 |
Balón de Ouro do Mundial | 1998 |
Prata no FIFA World Player | 2000 |
Botín de Ouro ó máximo goleador do Mundial | 2002 |
Balón de Ouro | 2002 |
Onze de Ouro | 2002 |
Bronce no FIFA World Player | 2003 |
Trofeo Pichichi ó máximo goleador da liga Española | 2004 |
Incluído na lista FIFA 100 dos mellores xogadores vivos da historia. | 2004 |
Máximo goleador das eliminatorias ó mundial de Alemaña | 2006 |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ronaldo |
Predecesor: George Weah |
Xogador Mundial da FIFA 1996, 1997 |
Sucesor: Zinedine Zidane |
Predecesor: Matthias Sammer |
Balón de Ouro 1997 |
Sucesor: Zinedine Zidane |
Predecesor: Romário |
Balón de Ouro da Copa Mundial da FIFA 1998 |
Sucesor: Oliver Kahn |
Predecesor: Luís Figo |
Xogador Mundial da FIFA 2002 |
Sucesor: Zinedine Zidane |
Predecesor: Michael Owen |
Balón de Ouro 2002 |
Sucesor: Pavel Nedved |
Predecesor: Davor Suker |
Bota de Ouro da Copa Mundial da FIFA 2002 |
Sucesor: Miroslav Klose |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.