O 16 de novembro é o 320º día do ano no Calendario Gregoriano e o 321º nos anos bisestos. Quedan 45 días para rematar o ano.
- 1836 - Kalākaua, último rei do Reino das Hawai (m. 1891).
- 1845 - Leopoldo Meruéndano Arias, teólogo, avogado e político galego (m. 1920).
- 1876 - Manuel García Barros, Ken Keirades, mestre e escritor en lingua galega (m. 1972).
- 1877 - Faustino Santalices, en Bande (Ourense), zanfonista, gaiteiro e investigador musical.
- 1889 - Luís Porteiro Garea, avogado e político galego (m. 1918).
- 1895 - Paul Hindemith, compositor, violista e director de orquestra alemán (m. 1963).
- 1897 - Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira galega.
- 1901 - Ernest Nagel, filósofo checo (m. 1985).
- 1916 - Francisco Río Barja, xeógrafo galego.
- 1919 - Anatoli Dobrynin, político soviético (m. 2010)
- 1922 - José Saramago, autor portugués gañador do Premio Nobel de Literatura, en 1998.
- 1928 - Antón Santamarina Delgado, escritor e político galego.
- 1936 - Francisco Cacharro Pardo, exsenador e expresidente da Deputación de Lugo.
- 1952 - Shigeru Miyamoto, deseñador de videoxogos.
- 1968 - Román Rodríguez González, xeógrafo e político galego.
- 1796 - Frederico Guillerme II, rei de Prusia (n. 1744).
- 1885 - Louis Riel, líder da tribo rebelde dos métis no Canadá, executado por alta traizón.
- 1925 - Carolina Michaëlis de Vasconcelos, lingüista alemá, especializada en filoloxía galaico - portuguesa (n. 1851).
- 1960 - Clark Gable, actor estadounidense (n. 1901).
- 1973 - Lorenzo Fernández, futbolista galego, campión olímpico con Uruguai (n.1900).
- 1989 - Ignacio Ellacuría, filósofo e teólogo vasco nacionalizado salvadoreño (n. 1930).
- 2005 - Henry Taube, químico canadense (n. 1915).
- Santoral: Santa Xertrude.