Marco alemán
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Marco Alemán (en alemán: Deutsche Mark) foi a moeda oficial da República Federal de Alemaña desde 1948 ara a reunificación no 1990 e moeda oficial de Alemaña desde entón ata a introdución do euro en 1999. As moedas continuaron en circulación ara o 2002 co valor de 1,95583 marcos.
Marco alemán † | |
---|---|
Deutsche Mark en alemán | |
Código: | DEM |
Ámbito: | Alemaña Montenegro (1999–2002) Kosovo (1999–2002) |
Símbolo: | DM ou D-Mark |
Fracción: | 100 pfennig |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 50 pfennig 1, 2, 5 DEM |
Billetes: | 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000 DEM |
Emisor: | Deutsche Bundesbank |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 1,95583 DEM |
O marco foi a unidade monetaria desde a primeira Unificación Alemá en 1871. Antes desta data, cada estado alemán emitía distintas moedas, moitas das cales estaban ligadas ó thaler de prata, que contiña 16⅔ gramos de prata pura. Aínda que o marco tiña unha base de ouro máis que en prata, creouse unha taxa de cambio entre o thaler e o marco á razón de 3 marcos por thaler.
O primeiro marco, coñecido como marco de ouro, introduciuse no 1873. Co estoupido da primeira guerra mundial o marco abandonou a súa base de ouro. A moeda comezou a ser coñecida como Papiermark, sobre todo cando a elevadísima inflación fixo necesaria a creación de cartos de papel. O Papiermark foi substituído polo Retenmark a finais de 1923 e o Reichsmark en 1924.
As tropas aliadas introduciron o marco alemán o 21 de xuño de 1948. Os antigos Retenmark e Reichsmark foron cambiados a unha nova divisa da razón de 1 RM = 1 DM como unha divisa esencial para o pagamento de salarios, rendas etc e unha taxa de 1 DM = 10 RM para o resto de créditos non depositados en bancos públicos. Se cambiaron grandes cantidades de billetes de 10 RM a 65 pfennig. Ademais, cada persoa recibía un subsidio de 65 DM en dúas partes. Coa introdución da nova divisa, tratouse de protexer á Alemaña Occidental dunha segunda hiperinflación e para deter o crecente mercado negro de cambio, no que incluso os cigarros americanos eran empregados como moeda de cambio. Aínda que a nova moeda só se distribuíu entre as tres zonas ocupadas polos aliados fóra de Berlín, o cambio non contentou as autoridades soviéticas, que o viron como unha ameaza. Rapidamente os soviéticos cortaron todas as comunicacións por estrada, tren e canles entre as zonas occidentais e Berlín occidental, comezando así o Bloqueo de Berlín. Como resposta, Estados Unidos tamén distribuíu a nova moeda en Berlín occidental.
Na zona ocupada pola Unión Soviética, que máis tarde conformaría a República Democrática Alemá, introduciuse o Marco da RDA uns días despois empregando selos especiais nos antigos Retenmark e Reichsmark e así evitar a entrada de billetes desde o oeste. En xullo de 1948 imprimiuse unha nova serie de marcos na Alemaña do Leste.
A finais do 1948, o Bank deutscher Länder (Banco dos Estados alemáns) asumiu a responsabilidade de emitir moeda, seguida en 1957 polo Deutsche Bundesbank. O marco alemán gañou moita reputación como divisa de reserva ó tempo que outras divisas estranxeiras sucumbían ós períodos de inflación. Chegou a ser unha fonte de orgullo nacional, e a base da prosperidade económica do país, particularmente durante os anos do milagre económico alemán na década de 1950. Nos anos 1990, as enquisas públicas mostraron unha gran maioría de persoas que se opoñían a adopción do euro, e incluso hoxe en día, mostran un significante número de persoas que preferirían volver ó marco.
A poboación do protectorado de Sarre decidiu por referendo unirse á República Federal Alemá. Así pois a incorporación de Sarre á RFA foi estipulada pólos alemáns e franceses para o 1 de xaneiro de 1957. O novo estado incorporado a Alemaña mantivo a súa moeda, o franco de Sarre, ligado ó franco francés. O 9 de xullo de 1959, o marco alemán substituíu o franco cunha taxa de cambio de 100 francos = 0,8507 DM.
O marco alemán xogou un importante papel na Reunificación do país. Introduciuse como moeda oficial de Alemaña oriental en xullo de 1990, substituíndo así o Marco da RDA preparándose para unha completa unificación o 3 de outubro de 1990. Os marcos da RDA cambiáronse cunha taxa de 1 a 1 para os primeiros 4000 marcos e 2 RDA a 1 DM para cantidades superiores. Antes da Reunificación, cada cidadán da República Democrática que se trasladaba á República Federal, recibía un Begrüßungsgeld, unha axuda de 100 DM en metálico por persoa.
O marco alemán tivo unha reputación como unha das moedas máis estables do mundo, debido á política monetaria na que se baseaba o Bundesbank. A política era dura en comparación coa doutros bancos centrais europeos, que se desenvolvía segundo a inflación e a intervención do goberno central. Esta política é a fundadora da actual política do Banco Central Europeo con relación ó Euro. A estabilidade foi aparente en 1993, cando unha especulación do franco francés e outras divisas europeas causaron un cambio no mecanismo de tipos de cambio europeo.
Denominación Período de circulación Metal Diámetro (mm.) Peso (gr.) Anverso Reverso Imaxe 1 Pfennig 1948-1949 Cobre depositado en aceiro 16,50 2,00 Rama de carballo (Quercus robur) Valor facial entre espigas de trigo 1950-2001 2 Pfennig 1950-2001 Bronce (ata 1968), Cobre depositado en aceiro 19,25 3,25 Rama de carballo (Quercus robur) Valor facial entre espigas de trigo 5 Pfennig 1948-1949 Latón depositado en aceiro 18,50 3,00 Rama de carballo (Quercus robur) Valor facial entre espigas de trigo 1950-2001 10 Pfennig 1948-1949 Latón depositado en aceiro 21,50 4,00 Rama de carballo (Quercus robur) Valor facial entre espigas de trigo 1950-2001 50 Pfennig 1948-1949 Cuproníquel 20,00 3,50 Muller sementando carballos Valor facial 1950-2001 1 Marco 1950-2001 Cuproníquel 23,50 5,50 Escudo de armas alemán (Bundesadler) Valor facial entre dúas follas de carballo 2 Marcos 1951 Cuproníquel (ata 1969), Cuproníquel depositado en níquel 25,50 7,00 Escudo de armas alemán (Bundesadler) Valor facial entre dúas espigas de trigo e acios de uvas 1957-1971 27,00 7,00 Retrato de Max Planck Valor facial e escudo de armas alemán (Bundesadler) Retrato de Konrad Adenauer Retrato de Theodor Heuss Retrato de Kurt Schumacher 1969-2001 Retrato de Ludwig Erhard Retrato de Franz Josef Strauss Retrato de Willy Brandt 5 Marcos
1951-1975
Prata (ata 1975), Cuproníquel depositado en níquel 29,00 11,20 Escudo de armas alemán (Bundesadler) Valor facial
Denominación | Efixe | Cor predominante | Dimensións | Imaxe do anverso | Imaxe do reverso |
---|---|---|---|---|---|
5 Marcos | Bettina von Arnim | Verde | 62 x 122 mm | ||
10 Marcos | Carl Friedrich Gauss | Violeta | 65 x 130 mm | ||
20 Marcos | Annette von Droste-Hülshoff | Turquesa | 68 x 138 mm | ||
50 Marcos | Johann Balthasar Neumann | Amarillo | 71 x 146 mm | ||
100 Marcos | Clara Schumann | Azul | 74 x 154 mm | ||
200 Marcos | Paul Ehrlich | Vermello | 77 x 162 mm | ||
500 Marcos | Anna Maria Sibylla Merian | Rosa | 80 x 170 mm | ||
1.000 Marcos | Irmáns Grimm | Marrón | 83 x 178 mm | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.