Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg

ceca pública alemá From Wikipedia, the free encyclopedia

Casas da Moeda Estatais de Baden-Württembergmap
Remove ads

Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg (en alemán: Staatliche Münzen Baden-Württemberg –SMBW–) é a denominación da entidade resultante da fusión, en 1998, da Casa da Moeda de Stuttgart e da Casa da Moeda de Karlsruhe, con sedes en senllas localidades do Estado alemán de Baden-Württemberg.[1]

Datos rápidos Casas da Moeda Estataisde Baden-Württemberg–Staatliche MünzenBaden-Württemberg –, Tipo ...
Remove ads

Tras a fusión, a nova entidade produce arredor do 40 % das moedas alemás do sistema do euro, tanto as de curso legal como as destinadas ao coleccionismo e ao investimento.[1]

Malia estaren unidas nunha única razón social, ambas as casas de moeda manteñen as súas marcas de ceca históricas, desde 1871: un F para Stuttgart e un G para Karlsruhe.[1]

Staatliche Münzen Baden-Württemberg foi elixida por Letonia para a produción das súas moedas de euro desde a súa entrada na Eurozona o 1 de xaneiro de 2014. A licitación para a cuñaxe dos euros letóns fixérase pública o 20 de setembro de 2012, e o 10 de decembro dese mesmo ano anunciouse a adxudicación do contrato á institución alemá.[2] [3][4][5][6]

A produción das primeiras moedas comezou xa en xullo de 2013, aínda que todas amosan a data da súa posta en circulación (2014). A repartición entre as cecas foi: 1 céntimo, 10 céntimos e 1 euro, na ceca de Karlsruhe, e o resto de valores na de Stuttgart. Nos anos seguintes, entre 2015 e 2018, as cuñaxes para Letonia centralizáronse na ceca de Stuttgart.[7]

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads