Eurozona
países que teñen como moeda oficial o euro From Wikipedia, the free encyclopedia
A eurozona ou zona euro é unha rexión europea que agrupa os países da Unión Europea que teñen como moeda oficial o euro (€). O Banco Central Europeo é o responsábel da política monetaria na zona euro, e o eurogrupo é o órgano político que reúne os representantes dos países que utilizan esta moeda.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Eurozona | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | unión monetaria | |||
Economía | ||||
Economía | economía da Eurozona | |||
Moeda | euro | |||
PIB nominal | 14.570.891.691.512 $ e 14.040.893.546.587 $ | |||
Data | ||||
Fundación | 1 de xaneiro de 1999 | |||
Localización | ||||
| ||||
Composto por | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | ec.europa.eu… | |||
[ Wikidata ] |

Os 20 países membros da zona euro son, dende 2023, Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia,Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.[1]
Historia e características
A eurozona foi creada en 1999 por 11 países da Unión Europea, mais os billetes e moedas non comezaron a circular até o 1 de xaneiro de 2002. Posteriormente incorporáronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001[2] (entrando en circulación xunto cos anteriores), Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007,[3] Malta[4] e Chipre[5] o 1 de xaneiro de 2008, Eslovaquia o 1 de xaneiro do 2009,[6] Estonia o 1 de xaneiro de 2011[7], Letonia o 1 de xaneiro de 2014[8] e Lituania o 1 de xaneiro de 2015.[9] Respecto dos territorios dos Estados da Unión que non pertencen á propia UE, utilizan o euro as colectividades de ultramar francesas de Saint-Pierre-et-Miquelon, San Bartolomeu, as Terras Antárticas e Austrais Francesas e a illa de Clipperton, así como as bases soberanas británicas de Acrotiri e Dekhelia situadas na illa de Chipre.[10]
Ademais destes 20 países existen outros fóra da Unión Europea que tamén teñen o euro como moeda única. Entre eles están Mónaco, San Marino, Cidade do Vaticano (que emiten os seus propios euros grazas a que teñen acordos legais coa Unión Europea), Andorra (ten acordos legais coa Unión Europea pero non emite euros propios). Kosovo e Montenegro utilízana sen acordos legais coa Unión Europea.
Os países da Unión Europea que non están na eurozona pero teñen a obriga de adoptalo son Bulgaria, Suecia, Hungría, Polonia, República Checa e Romanía. Outros como Dinamarca gozan dunha cláusula de exclusión que lles permite continuaren a utilizar as súas moedas nacionais indefinidamente.[11]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.