Altona
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Altona (en baixo saxón: Altno) é un distrito situado na parte oeste da cidade Hanseática de Hamburgo con 245.511 habitantes (2008). Foi, durante varios séculos, unha cidade independente baixo a administración da coroa dinamarquesa, mais o 1 de abril de 1938 foi incorporada a Hamburgo mediante a Lei de Groß-Hamburg (Lei da gran Hamburgo).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Hamburgo | ||||
Contén a división administrativa | Altona-Altstadt (en) Altona-Nord (en) Bahrenfeld (en) (1890–) Blankenese (pt) (1927–) Groß Flottbek (en) (1927–) Iserbrook (en) (1951–) Lurup (en) (1927–) Nienstedten (en) (1927–) Osdorf (en) (1927–) Othmarschen (en) (1890–) Ottensen (pt) (1889–) Rissen (en) (1927–) Sternschanze (en) Sülldorf (en) (1927–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 261.213 (2011) (3.336,05 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 78,3 km² | ||||
Altitude | 34 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1535 (Gregoriano) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20257, 20357 e 20359 | ||||
Páxina web | hamburg.de… |
O límite sur de Altona é o río Elba, ao outro lado do río está o estado da Baixa Saxonia e os distritos de Harburg e de Hamburg-Mitte, distrito que tamén limita a Astona polo leste. A fronteira occidental é o estado de Schleswig-Holstein. Segundo a oficina de estatística da zona de Hamburgo Altona en 2008 tiña unha superficie de 77,4 km².
Os barrios (Stadtteile) de Altona son:
|
|
|
|
|
|
|
En 2008 no barrio de Altona vivían 243.972 habitantes, dos cales 16,4% eran rapaces menores de 18 anos e un 18,6% persoas maiores de 65. O 15,3% proviñan da inmigración, estando 12.545 rexistradas como desempregados. Hai 37 escolas elementais e 30 secundarias en Altona.
A seguinte táboa describe a evolución da poboación no distrito dende 1537. Hai que ter en conta que dende el 1 de abril de 1938 fixo a súa adhesión á cidade de Hamburgo.
|
|
|
|
Simultaneamente coas eleccións ao Parlamento Estatal (Bürgerschaft), 51 Bezirksversammlung son elixidos coma representantes dos cidadáns.
As últimas elección en Hamburgo foron o 24 de febreiro de 2008. Cinco partidos obtiveron máis dun 5% dos votos, requisito necesario para poder cualificar. Estes cinco partidos foron: o conservador CDU, os socialdemócratas do SPD, os Verdes (GAL), o partido de esquerdas Die Linke e os neoliberais do Freie Demokratische Partei (FDP). A participación foi do 65,2%.
Partido | Porcentaxe | Escanos |
---|---|---|
CDU | 34.6 | 18 |
SPD | 29.8 | 16 |
GAL | 18.3 | 9 |
Die Linke | 9.2 | 5 |
FDP | 5.9 | 3 |
En Altona atópase a principal estación de ferrocarril do estado, Hamburg-Altona, que conecta o transporte público co rexional, tanto autobuses coma trens. O Bundesautobahn 7 conduce a través do distrito.
De acordo co Departamento de Vehículos a Motor (Kraftfahrt-Bundesamt) en Altona hai 87.131 coches privados rexistrados, o que supón uns 355 automóbiles por cada 1000 habitantes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.