Francesco Totti

futbolista italiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Francesco Totti

Francesco Totti, nado en Roma o 27 de setembro de 1976, é un exfutbolista italiano. Xogaba de dianteiro no AS Roma, equipo no que militou en toda a súa carreira profesional, retirándose o 17 de xullo de 2017.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Francesco Totti
Thumb
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1976 (48 anos)
Roma, Italia
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Datos persoais
Outros nomeser Pupone
Altura180 cm
Peso82 kg
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–2017)
Período de actividade28 de marzo de 1993 - 28 de maio de 2017
EmpregadorUNICEF
Nacionalidade deportivaItalia
Deportefútbol
Posición de xogoCentrocampista e dianteiro
Número deportivo10
Traxectoria
  Equipo
Stallions
1985–1986 Trastevere Calcio
1993–2017   AS Roma 619(250)
1997–1997 Selección de fútbol sub-23 de Italia 4(2)
  Selección nacional
1991–1992   Italia sub-17 13(2)
1992–1992   Italia sub-16 6(3)
1992–1992   Italia sub-15 6(3)
1993–1995   Italia sub-19 14(7)
1993–1995   Italia sub-18 14(7)
1995–1997   Italia sub-21 8(4)
1998–2006   Italia 58(9)
Participou en
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
2000Eurocopa de 2000
Familia
CónxuxeIlary Blasi (2005–2022), divorcio
Premios

Sitio webfrancescototti.com
Pechar

Vida privada

Francesco Totti está casado coa modelo italiana Ilary Blasi,[1] coa cal casou o 19 de xaneiro de 2005. A súa voda foi transmitida en vivo pola canle de televisión SKY TG24 e foi vista por máis dun millón de televidentes.[2] Ten dous fillos: Cristian, nado o 6 de novembro de 2005, e Chanel, nada o 13 de maio de 2007.

Dirixe unha escola de fútbol para cativos chamada «Número Dez»,[3] tamén posúe un equipo de motociclismo denominado «Totti Top Sport».

É embaixador do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia,[4] publicou dous libros de chistes, co obxectivo de recadar cartos para obras benéficas. Algunhas das bromas foron filmadas tendo a Totti como protagonista xunto a outros futbolistas, como Alessandro Del Piero, Gianluigi Buffon, Christian Vieri, Antonio Cassano, Marco Delvecchio, Alessandro Nesta e o técnico Giovanni Trapattoni.

Colecciona camisetas de equipos de todo o mundo en diferentes disciplinas deportivas.[5] No ano 2003, despois do encontro entre Italia e Irlanda no Torneo das Seis Nacións de rugby, os xogadores irlandeses Brian O'Driscoll e Denis Hickie recibiron unha camiseta de Totti a cambio das súas. No 2004 apareceu na portada do videoxogo Pro Evolution Soccer 4 xunto con Thierry Henry e Pierluigi Collina.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.