figura de protección legal de árbores galegas From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha árbore senlleira na lexislación galega é unha árbore autóctona ou importada que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, rareza, beleza, significación histórica, cultural ou científica etc.) é considerada reliquia botánica. Coa súa declaración, son obxecto de protección, concédeselle garantía de respecto comunitario e foméntase o seu valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental.[1][2] A figura de "árbore senlleira" é similar a figuras de protección doutras autonomías españolas e doutros estados europeos.
En Galiza a figura creouse coa "Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza", e que creou o "Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia" e regulou o seu proceso de declaración. Co "Decreto 67/2007, do 22 de marzo" concretouse ese proceso de declaración e conservación desas árbores. Na creación do catálogo, no 2007, engadíronse varios monumentos naturais que xa foran creados polo interese de conservación das súas árbores: a Fraga de Catasós, o Souto da Retorta e o Souto de Rozavales.[2][3]
En Galiza en 2020 estaban declaradas 197 árbores ou formacións arbóreas de 78 especies, entre as cales se atopan carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras (entre as especies de árbores autóctonas) e camelias, sequoias ou alciprestes (entre as especies ornamentais ou importadas).[1]
A "Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza" creou no seu "Tit. I Cap. II artigo 52" a figura de catálogo de árbores senlleiras que no que se indica que se deben incluír aqueles exemplares ou formacións dos que, polos seus valores ou intereses natural, cultural, científico, educativo, estético ou paisaxístico, sexa necesario asegurar a súa conservación. Ese catálogo de árbores senlleiras elaborouse e regulouse no 2007 co "Decreto 67/2007, do 22 de marzo", coa finalidade de definir a súa forma de declaración, conservación e descatalogación. Esta figura conservouse coa aprobación da "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia".[2][3][4]
A lexislación establece que a candidatura de árbores senlleiras pode ser iniciada por entidades públicas ou privadas e estas estar en terreos de diferente titularidade. Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc. O obxectivo é fundamentalmente protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación. Nos exemplares incluídos no catálogo poderanse levar a cabo, baixo a supervisión da administración, todo tipo de tratamentos silvícolas e actuacións encamiñadas á súa protección, conservación e mellora.[2]
Algunhas críticas ao catálogo xestionado por parte da Xunta foi que non actualizasen a listaxe ata o ano 2015. Dende 2011 desapareceron algunhas árbores senlleiras e outras encóntranse en risco extremo de morte ou desaparición.[Cómpre referencia] Entre estes exemplares figuran a magnolia do Pazo de Santa Cruz (Vedra); o piñeiro manso dos Candeiras (en Ponteareas), o piñeiro bravo de Alxén (en Salvaterra de Miño); unha faia do Parque de Castrelos (en Vigo); media ducia de carballos centenarios da Carballeira de Caldas de Reis; un par de alciprestes de California do peirao de Ortigueira; o olmo de Holanda do Pazo de Lourizán (en Pontevedra); o rododendro de Serantellos (en Cambados) e o chopo branco do Balneario de Cuntis (xa desaparecido por mor dun vendaval en 2013).[5][6] O cocoteiro de Chile do pazo de Meirás sucumbiu por mor do picudo vermello en 2024.[7]
A situación do teixo dos Tenreiro, en Pontedeume, era tamén crítica[8] e foi descatalogado en 2020.[9]
Entre as árbores senlleiras galegas destacan aquelas que foron declaradas monumentos naturais. Son:
A seguir amósase a listaxe oficial do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza da Xunta de Galicia actualizada cos datos do ano 2022.[17]
Código | Nome | Imaxe | Especie | Concello | Provincia |
---|---|---|---|---|---|
1A | Perona do paseo da Ferradura | Abeto do Cáucaso | Santiago de Compostela | A Coruña | |
2A | Pradairo da igrexa de Vilarpandín | Pradairo común | Navia de Suarna | Lugo | |
3A | Pravia de Vilalba | Pradairo común | Vilalba | Lugo | |
5A | Ameneiro do pazo de Maside | Amieiro | Pantón | Lugo | |
6A | Araucaria do Brasil do xardín de Caldas de Reis | Piñeiro do Paraná | Caldas de Reis | Pontevedra | |
7A | Araucaria araucana do castelo de Soutomaior | Piñeiro de Chile | Soutomaior | Pontevedra | |
9A | Érbedo do pazo de Mariñán | Érbedo | Bergondo | A Coruña | |
10A | Cedro de California do pazo de Torrecedeira | Cedro de California (Calocedrus decurrens) | Redondela | Pontevedra | |
11A | Camelia "Pantalóns" do pazo de Lens | Camelia do Xapón | Ames | A Coruña | |
12A | Camelia do pazo de Santa Cruz | Camelia do Xapón | Vedra | A Coruña | |
13A | Camelias do pazo de Torres Agrelo | Camelia do Xapón | Redondela | Pontevedra | |
14A | Matusalén de Camelias do pazo de Castrelos | Camelia do Xapón | Vigo | Pontevedra | |
15A | Camelia reticulada do pazo de Oca | Camellia reticulata | A Estrada | Pontevedra | |
16A | Camelia 'sasanqua' do pazo de Torres Agrelo | Camellia sasanqua | Redondela | Pontevedra | |
18A | Castiñeiro da Capela | Castiñeiro común | Begonte | Lugo | |
19A | Castiñeiro do Val da Fonte | Castiñeiro común | Folgoso do Courel | Lugo | |
20A | Castiñeiro de Pumbariños do Souto de Rozavales | Castiñeiro común | Manzaneda | Ourense | |
22A | Castiñeiro da Ribeira | Castiñeiro común | A Mezquita | Ourense | |
23A | Castiñeiro do Souto da Ramigoa | Castiñeiro común | Nogueira de Ramuín | Ourense | |
25A | Castiñeiros de Peninvello | Castiñeiros comúns | Xinzo de Limia | Ourense | |
26A | Casuarinas da alameda da praza de Compostela | Piñeiro de Australia | Vigo | Pontevedra | |
27A | Cedros do Himalaia dos xardíns de Vincenti | Cedros do Himalaia | Pontevedra | Pontevedra | |
28A | Cedro do Líbano do pazo de Lourizán | Cedro do Líbano | Pontevedra | Pontevedra | |
29A | Coroa de Cristo do xardín histórico de Padrón | Árbore do amor | Padrón | A Coruña | |
30A | Camecíparis de Lawson da casa da Puebla | Chamaecyparis lawsoniana | O Incio | Lugo | |
32A | Canforeiras do pazo de Rubiáns | Canforeira | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | |
33A | Laranxeira "obscena" do pazo de Brandariz | Laranxeira amarga | Ortigueira | A Coruña | |
34A | Criptomeria do pazo de Santa Cruz | Cryptomeria japonica | Vedra | A Coruña | |
35A | Criptomeria do castelo de Soutomaior | Cryptomeria japonica | Soutomaior | Pontevedra | |
36A | Criptomeria elegante do pazo de Oca | Cryptomeria japonica var.elegans | A Estrada | Pontevedra | |
37A | Cunninghamia do pazo de Gondomar | Cunninghamia lanceolata | Gondomar | Pontevedra | |
38A | Cunninghamia do xardín de Caldas de Reis | Cunninghamia lanceolata | Caldas de Reis | Pontevedra | |
39A | Alcipreste da California da Misericordia | Alcipreste da California | Viveiro | Lugo | |
40A | Alcipreste da California do pazo de Quintáns | Alcipreste da California | Meis | Pontevedra | |
41A | Alcipreste mediterráneo da capela do Salvador | Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens var. fastigiata). | Samos | Lugo | |
42A | Eucaliptos do pazo de Mariñán | Eucalipto azul | Bergondo | A Coruña | |
43A | Eucalipto da casa de Reimunde | Eucalipto azul | Foz | Lugo | |
44A | O Avó de Chavín, Souto da Retorta | Eucalipto azul | Viveiro | Lugo | |
45A | Eucaliptos do paseo da Ferradura | Eucalipto azul | Santiago de Compostela | A Coruña | |
46A | Eucaliptos do pazo de Castrelos | Eucalipto azul | Vigo | Pontevedra | |
47A | Eucalipto do Maná da casa de Ordax | Eucalyptus viminalis | Castro de Rei | Lugo | |
48A | Faias do parque de Castrelos | Faia europea | Vigo | Pontevedra | |
49A | Figueira do Meco | Figueira común | O Grove | Pontevedra | |
50A | Figueira da Casa Museo Rosalía de Castro | Figueira común | Padrón | A Coruña | |
51A | Freixo de folla estreita de Montepando | Freixo de folla estreita | Monforte de Lemos | Lugo | |
52A | Freixo de Porta | Freixo común | Sobrado | A Coruña | |
53A | Xinkgos do pazo de Fonseca | Xinkgo | Santiago de Compostela | A Coruña | |
54A | Acivro do pazo de Casanova | Acivro | O Pino | A Coruña | |
55A | Cocoteiro de Chile do pazo de Meirás | Palmeira de Chile | Sada | A Coruña | |
56A | Tulipeiros de Virxinia do pazo de Santa Cruz | Árbore das tulipas | Vedra | A Coruña | |
57A | Tulipeiros de Virxinia do pazo de Castrelos | Árbore das tulipas | Vigo | Pontevedra | |
58A | Magnolio Grandiflora de Santa Rita | Magnolio común | Narón | A Coruña | |
59A | Magnolias Grandifloras do pazo de Rubiáns | Magnolio común | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | |
61A | Metasequoia do pazo de Lourizán | Sequoia do alba | Pontevedra | Pontevedra | |
62A | Metrosideros excelso dos xardíns da torre de Andrade | Árbore das bruxas | Pontedeume | A Coruña | |
63A | Metrosideros excelso do xardín da policía da Coruña[18][19] | Árbore das bruxas | A Coruña | A Coruña | |
64A | Oliveira do paseo de Afonso XII | Oliveira | Vigo | Pontevedra | |
65A | Oliveiras do cemiterio de Adina | Oliveira | Padrón | A Coruña | |
66A | Palmeira datileira do mosteiro de Herbón | Datileira | Padrón | A Coruña | |
67A | Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz | Ombú | Oleiros | A Coruña | |
68A | Ombú do pazo de Santa Cruz | Ombú | Vedra | A Coruña | |
69A | Piñeiro Bravo de Leiro | Piñeiro bravo | Miño | A Coruña | |
71A | Piñeiro insigne do castelo de Santa Cruz | Piñeiro insigne | Oleiros | A Coruña | |
72A | Plátano de Sombra do pazo de Dompiñor | Platanus hispanica | O Incio | Lugo | |
73A | Douglasia Verde do pazo de Casanova | Abeto de Douglas | O Pino | A Coruña | |
76A | Rebolo do pazo da Pena | Cerquiño | Manzaneda | Ourense | |
77A | Carballo do pazo de Vilar de Francos | Carballo común | Carballo | A Coruña | |
78A | Carballo de Ramos | Carballo común | Taboada | Lugo | |
79A | Carballo do Viño ou Carballo do Pelete | Carballo común | A Lama | Pontevedra | |
80A | Carballo da capela de Santa Margarida | Carballo común | Pontevedra | Pontevedra | |
81A | Carballa da Rocha | Carballo común | Rairiz de Veiga | Ourense | |
82A | Carballo do pazo de Cartelos | Carballo común | Carballedo | Lugo | |
83A | Carballo grande de Bustelo de Abaixo | Carballo común | Carballedo | Lugo | |
84A | Carballo da casa do Herdeiro | Carballo común | Carballedo | Lugo | |
85A | Carballos do campo de golf | Carballo común | Lugo | Lugo | |
86A | Carballo de Mede | Carballo común | Xermade | Lugo | |
87A | Carballo da Casa Grande | Carballo común | Carballedo | Lugo | |
88A | Carballo grande do Mestre | Carballo común | Carballedo | Lugo | |
89A | Carballo grande de Reboreda | Carballo común | Porqueira | Ourense | |
90A | Carballo fastixiado do pazo de Santa Cruz | Carballo común Q. robur var. fastigiata | Vedra | A Coruña | |
91A | Carballo fastixiado do xardín botánico de Padrón | Carballo común Q. robur var. fastigiata | Padrón | A Coruña | |
92A | Aciñeira de Covas | Aciñeira (Q. ilex subsp. ballota) | Rubiá | Ourense | |
94A | Sobreira do pazo de Valiñas | Sobreira | A Estrada | Pontevedra | |
95A | Sobreira do Cristo de Arriba | Sobreira | Redondela | Pontevedra | |
96A | Sobreira da casa do Tristo, ou de Santiorxo | Sobreira | A Pobra do Brollón | Lugo | |
97A | Sequoias vermellas do xardín botánico de Padrón | Sequoia común | Padrón | A Coruña | |
98A | Sequoia vermella do castelo de Soutomaior | Sequoia común | Soutomaior | Pontevedra | |
99A | Sequoia xigante do pazo do Casal | Sequoia xigante | Bergondo | A Coruña | |
100A | Alciprestes dos illós do xardín de Artime | Alcipreste dos illós | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | |
101A | Teixo do pazo de Baldomir | Teixo | Bergondo | A Coruña | |
102A | Teixo da igrexa de Córneas | Teixo | Baleira | Lugo | |
104A | Tuia xigante do pazo de Torres Agrelo | Tuia xigante | Redondela | Pontevedra | |
105A | Tileiro prateado da alameda do Campo da Estrela | Tileiro prateado | Santiago de Compostela | A Coruña | |
106A | Palmeiras washingtonias robustas do pazo de Santa Cruz | Palmeira de abano mexicana | Vedra | A Coruña | |
107A | Abeto branco de Carballal[20] | Abeto branco | A Estrada | Pontevedra | |
108A | Araucaria de Carballeira | Araucaria americana | Pontevedra | Pontevedra | |
110A | Castiñeiro de Pexeiros | Castiñeiro común | Os Blancos | Ourense | |
111A | Castiñeiro de Cerdedelo | Castiñeiro común | Laza | Ourense | |
112A | Castiñeiro de Trambolosríos | Castiñeiro común | Parada de Sil | Ourense | |
113A | Castiñeiro de Santa Eufemia | Castiñeiro común | Baños de Molgas | Ourense | |
114A | Castiñeiro de Cádavos | Castiñeiro común | A Mezquita | Ourense | |
115A | Castiñeiro do Prado da Ponte | Castiñeiro común | A Mezquita | Ourense | |
116A | Castiñeiro de Placín | Castiñeiro común | Manzaneda | Ourense | |
117A | Abeleira do pazo de Lourizán | Abeleira | Pontevedra | Pontevedra | |
118A | Criptomeria do Xapón do pazo de Lourizán | Cedro xaponés | Pontevedra | Pontevedra | |
119A | Dicksonia do pazo de Santa Cruz | Dicksonia antarctica | Vedra | A Coruña | |
120A | Freixo de folla estreita de Albarín | Freixo de folla estreita | O Porriño | Pontevedra | |
121A | Xinkgo de Vilaboa | Xinkgo | Culleredo | A Coruña | |
123A | Magnolia de Oural | Magnolio común | Boqueixón | A Coruña | |
124A | Metrosideros da leira de Besada | Metrosideros robusta | Poio | Pontevedra | |
125A | Moreira negra de Cangas de Foz | Moreira negra | Foz | Lugo | |
126A | Piñeiro de Alxán | Piñeiro bravo | Salvaterra de Miño | Pontevedra | |
127A | Chopo branco do balneario de Cuntis | Populus alba L. | Cuntis | Pontevedra | |
128A | Carballo da Portela | Carballo común | Mondariz | Pontevedra | |
129A | Carballo de Portacal | Carballo común | Sobrado | A Coruña | |
130A | Carballo de Freán | Carballo común | Xermade | Lugo | |
131A | Carballo de Vilatuxe | Carballo común | Lalín | Pontevedra | |
132A | Carballo de Soutolongo | Carballo común | Lalín | Pontevedra | |
133A | Pai dos Rebolos | Carballo común | Viana do Bolo | Ourense | |
134A | Carballo de Luxís | Carballo común | Castro de Rei | Lugo | |
135A | Carballo de Cabanavella-I | Carballo común | Cervantes | Lugo | |
136A | Carballo de Cabanavella-II | Carballo común | Cervantes | Lugo | |
137A | Sobreira de Loña | Sobreira | Ourense | Ourense | |
138A | Sobreira de Siador | Sobreira | Silleda | Pontevedra | |
139A | Rododendro arbóreo de Serantellos | Rododendro arbóreo | Cambados | Pontevedra | |
140A | Salgueiro da braña de Xafardán | Salgueiro bravo | Vilanova de Arousa | Pontevedra | |
141A | Sequoia vermella do pazo de Lourizán | Sequoia común | Pontevedra | Pontevedra | |
142A | Sófora xaponesa do pazo de Lourizán | Sófora S. japonica var. pendula | Pontevedra | Pontevedra | |
143A | Teixo de Cereixido | Teixo | Quiroga | Lugo | |
144A | Teixo de Carballido | Teixo | A Fonsagrada | Lugo | |
145A | Teixo de Fontaneira | Teixo | Baleira | Lugo | |
146A | Teixo de Balmonte | Teixo | Castro de Rei | Lugo | |
147A | Olmeiro híbrido do pazo de Lourizán | Ulmus x hollandica Mill. | Pontevedra | Pontevedra | |
148A | Cedro atlántico do pazo do Hórreo[21] | Cedrus atlantica | Santiago de Compostela | A Coruña | |
149A | Ombú do Castro[22] | Ombú | Vigo | Pontevedra | |
150A | Castiñeiro de Soutogrande[23] | Castiñeiro común | Vilariño de Conso | Ourense | |
151A | Piñeiro manso do pazo do Cabido[23] | Piñeiro manso | Vilanova de Arousa | Pontevedra | |
152A | Carballo de Bermés[24] | Carballo común | Lalín | Pontevedra | |
153A | Sequoia da alameda do Campo da Estrela[24][25] | Sequoia común | Santiago de Compostela | A Coruña | |
154A | Cerquiño de Queguas[24] | Cerquiño | Entrimo | Ourense | |
155A | Castiñeiro de Oreal[24] | Castiñeiro común | Viana do Bolo | Ourense | |
156A | Falso ciprés de Silvouta[26] | Alcipreste de Lawson | Santiago de Compostela | A Coruña | |
157A | Magnolia grandiflora da casa da Picota[27] | Magnolio común | Boqueixón | A Coruña | |
158A | Sobreira da Peneda[28] | Sobreira | Redondela | Pontevedra | |
159A | Castiñeiro Casa Fragueiro[28] | Castiñeiro | Lugo | Lugo | |
160A | Castiñeira de Ramil[29] | Castiñeiro | Triacastela | Lugo | |
161A | Magnolio de Tabagón[30] | Magnolia de Soulange | O Rosal | Pontevedra | |
162A | Nogueira do Camiño Vello[31] | Nogueira común | Triacastela | Lugo | |
163A | Criptomeria xaponesa do Palco da música do Xardín histórico de Mondariz-Balneario[32] | Criptomeria | Mondariz-Balneario | Pontevedra | |
164A | Alciprestes de Portugal do Xardín histórico de Mondariz-Balneario[32] | Cupressus lusitanica | Mondariz-Balneario | Pontevedra | |
165A | Secuoia vermella de Xirimbao I[33] | Sequoia | Teo | A Coruña | |
166A | Secuoia vermella de Xirimbao II[33] | Sequoia | Teo | A Coruña | |
167A | Sobreira de Outeda[33] | Sobreira | Barro | Pontevedra | |
168A | Sobreiras da necrópole da Capela dos Mártires[34] | Sobreira | Valga | Pontevedra | |
169A | Gran Castiñeiro de Surribas[35] | Castiñeiro | O Irixo | Ourense |
Código | Nome da formación | Imaxe | Especie | Concello | Provincia |
---|---|---|---|---|---|
1F | Buxal da casa da Botana | Buxo | Arzúa | A Coruña | |
2F | Buxal do pazo de Santa Cruz | Buxo | Vedra | A Coruña | |
3F | Buxal do pazo de Oca | Buxo | A Estrada | Pontevedra | |
4F | Castiñeiros do Xapón e da China do pazo de Lourizán | Castiñeiro do Xapón e castiñeiro da China | Pontevedra | Pontevedra | |
5F | Fraga de Catasós | Castiñeiro común e carballo común | Lalín | Pontevedra | |
6F | Souto de Rozavales | Castiñeiro común | Manzaneda | Ourense | |
7F | Carreira de eucaliptos do pazo de Barrantes | Eucalipto azul | Ribadumia | Pontevedra | |
8F | Eucaliptos do pazo de Rubiáns | Eucalipto azul | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | |
9F | Souto da Retorta | Eucalipto azul | Viveiro | Lugo | |
10F | Alciprestes de California do xardín do Malecón | Alcipreste de California | Ortigueira | A Coruña | |
11F | Mirtos do pazo de Mariñán | Mirto | Bergondo | A Coruña | |
12F | Retícula de oliveiras do pazo de Santa Cruz | Oliveira | Vedra | A Coruña | |
13F | Palmeiral canario dos xardíns de Méndez Núñez | Palmeira das Canarias | A Coruña | A Coruña | |
14F | Palmeiras do Senegal do xardín botánico de Padrón | Palmeira do Senegal | Padrón | A Coruña | |
15F | Plátanos de sombra do pazo de Mariñán | Plátano común (Platanus hispanica) | Bergondo | A Coruña | |
16F | Plátanos de sombra do paseo do Esporón de Padrón | Plátano común (Platanus hispanica) | Padrón | A Coruña | |
17F | Carballeira de Caldas de Reis | Carballo común | Caldas de Reis | Pontevedra | |
18F | Carballeira de San Lourenzo de Trasouto | Carballo común | Santiago de Compostela | A Coruña | |
19F | Teixedal de Casaio | Teixo común | Carballeda de Valdeorras | Ourense | |
20F | Carreira dos tileiros do pazo de Oca | Tileiro de folla grande | A Estrada | Pontevedra | |
21F | Olmos do xardín de San Carlos | Ulmus x hollandica | A Coruña | A Coruña | |
22F | Carreira de araucarias de Noia[20] | Araucaria australiana | Noia | A Coruña | |
23F | Bidueiral de Xares | Bidueiro (B. celtiberica) | A Veiga | Ourense | |
24F | Carreira de buxos da illa de San Simón | Buxo | Redondela | Pontevedra | |
26F | Castiñeiros dos Blancos | Castiñeiro común | Os Blancos | Ourense | |
27F | Devesa de Cartelos | Carballo común | Carballedo | Lugo | |
28F | Carballos da praza do Campo de Bande | Carballo común | Bande | Ourense | |
29F | Sobreiral de Magán | Sobreira | Cuntis | Pontevedra | |
30F | Tileiros prateados da igrexa de San Domingos | Tileiro prateado | Ribadavia | Ourense | |
32F | Faias de San Xoán de Lagostelle[22] | Faia | Guitiriz | Lugo | |
33F | Sobreiras do Faro[24] | Sobreira | Oia | Pontevedra | |
34F | Araucarias de Cambados[24] | Piñeiro de Norfolk | Cambados | Pontevedra | |
35F | Carballeira de Muimenta[24] | Carballo común e freixo común | Cospeito | Lugo | |
36F | Piñeiros mansos do Rosal[24] | Piñeiro manso | O Rosal | Pontevedra | |
37F | Souto da Rubial[23] | Castiñeiro común | Folgoso do Courel | Lugo | |
38F | Olmos de Santiago de Reinante[26] | Ulmux x hollandica | Barreiros | Lugo | |
39F | Carreira de buxos do pazo Quinteiro da Cruz[36] | Buxo | Ribadumia | Pontevedra | |
40F | Sobreiras da Magdalena[37] | Sobreira | O Rosal | Pontevedra | |
41F | Carballeira de Baio[38] | Carballo común | Zas | A Coruña | |
42F | Bosque de camelios (agregado camelias I) e Paseo das noivas e fondo do prado (agregado camelias II)[33] | Camellia | Vedra | A Coruña | |
43F | Sobreiras de San Roque[34] | Sobreira | Tomiño | Pontevedra | |
44F | Alciprestes do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias[39] | Alcipreste de California | Ribadeo | Luga |
As seguintes árbores ou formacións foron descatalogadas.
Código | Nome | Imaxe | Especie | Concello | Provincia |
---|---|---|---|---|---|
8A | Araucaria Excelsa da casa de Tenreiro[40][9] | Piñeiro de Norfolk | Pontedeume | A Coruña | |
17A | Pacana de Illinois do pazo de Mariñán[41][23] | Pacana de Illinois | Bergondo | A Coruña | |
21A | Castiñeiro do Mola[40][9] | Castiñeiro común | A Mezquita | Ourense | |
24A | Castiñeiro da Regadiña[40][9] | Castiñeiro común | A Pobra de Trives | Ourense | |
31A | Camecíparis de Lawson do castelo de Soutomaior[40][9] | Chamaecyparis lawsoniana | Soutomaior | Pontevedra | |
74A | Carballo Albarda da praza do Campo de Quindous[40][9] | Carballo albariño | Cervantes | Lugo | |
75A | Rebolo da praza do Campo de Quindous[40][9] | Cerquiño | Cervantes | Lugo | |
103A | Teixo da casa dos Tenreiro[40][9] | Teixo | Pontedeume | A Coruña | |
109A | Piñeiro de Norfolk do pazo de Rubiáns[41][9] | Piñeiro de Norfolk | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | |
122A | Nogueira de Licín[40][9] | Nogueira europea | O Saviñao | Lugo | |
25F | Buxeda do pazo de San Lourenzo[40][9] | Buxo | Santiago de Compostela | A Coruña | |
31F | Tileiros prateados do mosteiro de Oseira[40][9] | Tileiro prateado | San Cristovo de Cea | Ourense | |
93A | Sobreira de Valboa[41][9][42] | Sobreira | A Estrada | Pontevedra | |
4A | Castiñeiro das Indias do xardín botánico de Padrón[41][38] | Castiñeiro das bruxas | Padrón | A Coruña |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.