especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O tileiro prateado (Tilia tomentosa) é unha ábore do xénero Tilia, orixinaria dos bosques dos Balcáns, Hungría e suroeste de Rusia. En Galiza aparece coma ornamental, salientando algúns exemplares.
Tileiro prateado | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas do tileiro prateado | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O nome específico tomentosa, vén do latín tomentosus-a-um que quere dicir "con tomento", a respecto do mesto tomento (vilosidade) do envés das follas.
É unha árbore vizosa, podendo acadar algúns exemplares os 30 m de altura. Medra axiña, máis ca outras especies de tileiros. Dá unhas flors abrancazadas ou amarelentas que botan un peculiar recendo.Florea a finais de xuño, comezos de xullo. Os froitos son en cápsula.
Se se fai sementeira cómpre dunha estratificación ou ben por enxerto nun tileiro de folla grande. O cultivo é común polo seu crecemento rápido.
Dúas formacións destes tileiros figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, no apartado de Formacións Senlleiras:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.