Alxén, Salvaterra de Miño
parroquia civil do concello de Salvaterra de Miño From Wikipedia, the free encyclopedia
San Paio de Alxén é unha parroquia do concello de Salvaterra de Miño. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 661 habitantes (321 homes e 340 mulleres), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 753 habitantes. Pertence ó arciprestado de Entenza.
Alxén | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Salvaterra de Miño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°06′31″N 8°31′45″O |
Poboación | 661 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xentilicio
O seu xentilicio é alxenino[3].
Situación
Localízase na parte norte do concello, a medio camiño entre Salvaterra e Salceda de Caselas. Alxén atópase a 32 minutos do centro de Vigo, a 26 minutos do aeroporto de Peinador, e a 10 minutos do porto seco de Oleiros. Debido a esta situación estas terras son atractivas para usos residenciais.
A parroquia de Alxén está atravesada polo río Tea, o principal afluente do río Miño no seu curso baixo. No Cordeiro hai unha praia fluvial que ten zonas de sombra con mesas e asadeiros. Tamén no Cordeiro emprázase o campo de slálom de piragüismo do concello de Salvaterra.
Outras paraxes de importancia poden ser os penedos das Catro Cruces; o penedo da Beiró ou un dos piñeiros de maior tamaño de todo o territorio galego.
Historia
No século XVII Alxén anexou a parroquia de Santiago de Grixó.[4][5]
Patrimonio
Arquitectonicamente resaltan a igrexa, de estilo gótico, ou a capela de Santiago Apóstolo situada no barrio do Ceo. No barrio de Grixó encóntrase un pazo típico galego do século XIX. Na actualidade este pazo e as viñas do seu redor conforman as adegas de viño Lusco do Miño.
Infraestruturas
En canto as infraestruturas culturais e deportivas, Alxén ten dous colexios: un de educación infantil: Vesada, como o barrio no que se sitúa; e o outro de educación primaria: o CEP Carlos Casares.
Hai cun campo de fútbol onde xogan os equipos de Alxén A e Alxén B. Ademais dispón de dúas pistas polideportivas e un pavillón semicuberto que se encontra dentro de recinto do CEP.
Festas
O 26 de xuño é a data da celebración da festa na honra do patrón da aldea, San Paio. A segunda fin de semana de agosto teñen lugar as festas de máis importancia e duración na honra da Virxe das Dores.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Alxén
Lugares da parroquia de Alxén no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea | O Ceo | O Cotodouro | O Erbedeiro | A Fraga do Rei | A Gándara Chan | Grixó | A Igrexa | Os Muíños | Os Pazos Altos | Os Pazos Baixos | O Pombal | O Porto | Rabadáns | O Souto | A Teixugueira | As Tercias | Toucedo | A Vesada |
Parroquias de Salvaterra de Miño
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.