Pesqueiras, Salvaterra de Miño
parroquia civil do concello de Salvaterra de Miño From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Salvaterra de Miño From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa Mariña de Pesqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 570 habitantes (306 mulleres e 264 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 611 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 513 habitantes, sendo 242 homes e 271 mulleres.
Pesqueiras | |
---|---|
Pesqueiras dende o Monte Castelo. | |
Concello | Salvaterra de Miño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°06′54″N 8°29′55″O |
Poboación | 513 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No cumio do monte Castelo, xunto a Outeiriño, áchase a ermida da Nosa Señora da Asunción,[2][3] sobre un antigo castro romanizado, encravada nunha enorme pedra granítica. O acceso ao seu interior faise a través dun pórtico realizado en pedra con arco apuntado de medio punto culminado por pequena estrutura a xeito de torre espadana. No seu interior pódense admirar diversos signos de forma serpentiforme, así como gravados que asemellan ferraduras nunha situación próxima ao altar. Segundo a tradición popular reza unha lenda que di: "No teitume da ermida existe unha cruz, que aínda que se intenta borrar, reaparece sempre de novo".
No lugar do Rial e da Fontarcade hai un peto de ánimas. Está situado nun cruzamento de camiños e consiste nun pequeno pedestal no que descansa unha fornela enmarcada por columnas, no interior das cales se fai unha representación iconográfica das ánimas do purgatorio en actitude suplicante envolvidas nun purificador lume. Na parte inferior e superior a imaxe da Virxe co Neno semella interceder por elas. Unha inscrición presente no propio peto de ánimas parece relacionar a súa construción coa devoción dun fregués "Felipe Álvarez", invitando a rezar pola súa alma todo viaxeiro que por alí pasase.
Lugares da parroquia de Pesqueiras no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) | |
---|---|
O Alboeiro | As Arcas | Chan da Igrexa | Coruxo | A Fernal | A Fontarcade | Gallamonde | Gandarela | A Laranxeira | O Outeiriño | O Rial | O Ruxiago | Salcide |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.