especie de camelia From Wikipedia, the free encyclopedia
Camellia sasanqua é unha especie botánica de Camellia nativa dos bosques sempreverdes costeiros do sur do Xapón, en Shikoku, Kyūshū e moitas outras illas menores, tan ao sur coma Okinawa. Atópase usualmente medrando en altitudes duns 900 msnm. En Galiza atopámola coma ornamental, acadando algúns exemplares bos tamaño, con todo é máis pequena ca camelia común, con follas miúdas, flores sinxelas e recendentes, adoita rosear antes ca Camellia japonica, polo outono[1].
Camellia sasanqua | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Camellia sasanqua' Thunb. |
É un arbusto sempreverde de 5 m de altura. Follas largas, elípticas, de 3–7 cm de longo e 1,2–3 cm de largo, cunha marxe finamente aserrada. Flores 5–7 cm diámetro, con 5-8 pétalos de cor branca a rosa escura.
Ao comezo do período Edo, os cultivares de Camellia sasanqua aparecen; o primeiro rexistro de cultivares desta planta foi feito por Ihei Itō (1695-1733).[2] En xaponés distínguese a camelia común (椿、ツバキ, tsubaki) da sasanqua (山茶花, サザンカ, sazanka, literalmente «flor do té da montaña»).,[3] e incluso nos haikus cada unha destas flores é un kigo que se asocia a unha estación distinta: a camelia común asóciase á primavera e a sasanqua ao inverno.[4]
Camellia sasanqua non foi coñecida en Occidente até 1869, cando foi importada a Europa por mercadores alemáns. Despois introduciuse en Australia e nos Estados Unidos.[3]
Ten unha longa historia de cultivo no Xapón por razóns prácticas máis ca decorativas, xa que as follas se usan para facer té, e coas sementes ou noces se fai aceite,[5] usado en iluminación, lubrificación, cocedura, cosmética. O óleo de té ten un poder calorífico máis alto ca calquera outro óleo comestíbel dispoñíbel naturalmente no Xapón.[3]
É a flor oficial da vila xaponesa de Saga.
A Camelia 'sasanqua' do Pazo de Torres Agrelo en Redondela (Pontevedra) figura no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia.
Camellia sasanqua foi descrita por Carl Peter Thunberg e publicado en Flora Japonica, . . . 273, t. 30, no ano 1784.[6]
Camellia: nome xenérico outorgado en honra ao botanista e misioneiro xesuíta do século XVII, Jiří Josef Camel (tamén coñecido coma Camellus), que transportou plantas de camelias dende as Filipinas até Europa. Carl von Linné nomeou este xénero na súa lembranza.
sasanqua: epíteto derivado da palabra xaponesa sazanka, que significa "té da montaña".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.