Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Epíteto (do grego: ἐπίθετ-ος, ον epítheton: acrecentado, posto ao lado[1]) é un substantivo, adxectivo ou expresión que se asocia a un nome para cualificalo. Pode ser aplicado a persoas, divindades, obxectos ou, na taxonomía, para designar a especie dun vexetal ou animal.
Na épica, os epítetos homéricos substituen por veces o nome dun personaxe, por antonomasia. Na Ilíada, por exemplo, Aquiles é frecuentemente referido apenas polos seus epítetos (Fillo de Tetis, o de Pés Lixeiros, o Mellor dos Aqueos etc.).[2] O mesmo recurso é usado nos cantares de xesta: no Cantar de Mío Cid, Rodrigo Díaz de Vivar (El Cid) é "o que en boa hora cinguiu a espada". Aínda na literatura, Don Quixote é o "Cabaleiro de Triste Figura".
Tamén personaxes históricos poden ser referidas polos seus epítetos, como acontece de forma abundante con monarcas e xenerais consagrados, ou noutros casos como:
Na taxonomía botánica, o epíteto é parte esencial da denominación dun individuo, segundo a nomenclatura binomial, pois define a súa especie ou subespecie; debe polo tanto seguir o nome do xénero. Exemplos: Arisaema candidissimum (candidissimum é o epíteto); Passiflora edulis var. flavicarpa (edulis e flavicarpa son epítetos).
En zooloxía, ambos os termos da nomenclatura binomial son chamados epítetos: o primeiro, relativo ao xénero, é o epíteto xenérico; o segundo, referente á especie, é o epíteto específico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.