Rodrigo Díaz de Vivar

nobre e militar castelán From Wikipedia, the free encyclopedia

Rodrigo Díaz de Vivar

Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido nas crónicas latinas como Campidoctor e na literatura castelá como Cid Campeador,[1] Mio Cid ou El Cid (do árabe andalusí Sayyid, señor), nado contra o 1043 e finado en 1099, foi un militar castelán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Sidi
Rodrigo Díaz de Vivar
Thumb
Biografía
Nacemento(la) Ruderico Didaz
1041 ↔ 1057
Vivar del Cid (Reino de Castela)
Mortemaio de 1099 ↔ 10 de xullo de 1099
Valencia (Señorío de Valencia)
Lugar de sepulturaTumba de El Cid (1921–)
Señor Señorío de Valencia
Datos persoais
Outros nomesEl Campeador
El Cid
El Cid Campeador (Main edgar)
Actividade
Campo de traballoPolítica e militar
Lugar de traballo Castela
Reino de Castela
Ocupacióncabaleiro, político, militar, Mercenario, líder militar
Influencias
Carreira militar
LealdadeReino de Castela e Taifa de Saragoça (pt)
Rango militarcabaleiro
ConflitoReconquista
Battle of Alcocer (en)
Battle of Graus (en)
Battle of Quart de Poblet (en)
Siege of Valencia (en)
Siege of Zaragoza (en)
Outro
TítuloSeñor
CónxuxeJimena Díaz (1074–1099)
FillosCristina Rodríguez, Diego Rodríguez, María Rodríguez
PaisDiego Flaínez   e Doña Rodríguez

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Cid Campeador
WikiTree: Vivar-3
Pechar

Traxectoria

Crese que naceu en Vivar, localidade situada preto da cidade de Burgos no seo da nobreza e educouse na corte real castelá; foi alférez de Sancho II de Castela na guerra contra o seu irmán García de Galicia, e converteuse nun importante xeneral que loitou contra os musulmáns.

Entre os anos 1081 e 1087 El Cid, desterrado por Afonso VI de Castela, serviu como mercenario do emir Mutamin de Zaragoza, mentres que de 1089 a 1092 fixo prisioneiro a Ramón Berenguer II, conde de Barcelona, cercando a cidade de Valencia, a cal gobernou dende 1094 ata a data da súa morte en 1099.

Literatura

Thumb
Reprodución dunha páxina do manuscrito Cantar de Mío Cid conservado na Biblioteca Nacional de España.

Historia Roderici (c. 1110, en latín) é a primeira crónica que se conserva sobre Rodrigo Díaz de Vivar. As crónicas árabes de Ibn Alcama (1116) e Ibn Bassam (1109) tamén recollen informacións sobre El Cid, pero nun ton claramente contrario á súa persoa. Na Chronica Adefonsi Imperatoris, da década de 1150, tamén é mencionado.

O Poema de Mio Cid ou Cantar de Mio Cid (1201-1207) incorpora moitos feitos históricos, o manuscrito que se conserva data do século XIV. O poema anónimo Mocedades de Rodrigo é do século XIV e consérvanse máis de 200 romances anónimos sobre a súa figura que datan do século XV e XVI.

En 1618 Guillén de Castro escribiu Las mocedades del Cid, na que se baseou Pierre Corneille para escribir Le Cid en 1636. De 1657 é El honrador de su padre de Juan Bautista Diamante.

Co romanticismo produciuse un interese pola súa figura, traduciuse o Poema de Mio Cid ou diversos romances sobre a súa figura ao inglés, ao alemán e ao francés. Máis tarde José Zorrilla escribiu a súa Leyenda del Cid (1882) e Eduardo Marquina o drama Las hijas del Cid (1908)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.