1116
Ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
- Afonso o Batallador concede o dereito de celebrar feira a Belorado.
- Primavera: Urraca trata de prender a Diego Xelmírez para apoderarse do erario da igrexa compostelá e rachar a súa alianza coa casa de Traba. O bispo, advertido por Pedro Froilaz, resgárdase en Compostela[1].
- Iníciase a guerra entre os partidarios galegos da raíña Urraca e os do seu fillo Afonso. Fernán Pérez de Traba pon baixo asedio o Castelo de Lobeira[2].
- Pedro Froilaz e o seu pupilo Afonso Raimúndez regresan de Toledo. Afonso é ratificado como rei de Galiza e toma posesión do reino[3].
- Urraca marcha cos seus soldados polo camiño de Santiago. Os cidadáns de Compostela ábrenlle as portas da cidade e nomeana a súa "abadesa e señora"[4].
- O exército de Urraca marcha contra Gómez Núnez, conde de Toroño. No castelo de Sobroso é cercada polos exércitos de Pedro Froilaz e a súa irmá a condesa Tareixa[4].
- Outubro: A raíña Urraca vese obrigada a ceder ao seu fillo Afonso a autoridade nos reinos de Galiza e Toledo, mantendo ela o control dos restantes territorios[5].
Remove ads
Nacementos
Mortes
- Hugo II de Empúries
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads