1113
Ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
- Abril: Afonso incumpre os acordos de Peñafiel, ocupa as torres de León e outras fortalezas. Os nobres garantes do acordo devolven a Urraca os castelos que retiñan en nome do rei de Aragón[1].
- Urraca, en Aragón, gaña as vontades dos subditos de Afonso mediante presentes e afagos e regresa aos seus reinos onde recupera varias fortalezas. Afonso fai vir reforzos desde Francia[2].
- Maio: A raíña Urraca escribe pedindo axuda militar a Xelmírez. Este convoca os nobres galegos que se amosan reticentes debido ao desenlace da campaña do ano anterior[3].
- 30 de maio: O exército galego comandado por Pedro Froilaz parte finalmente cara á guerra contra Afonso de Aragón. A tardanza do exército amola á raíña Urraca[4].
- 25 de xuño: Os nobres galegos fan fronte as tropas de Afonso I, este recúa sen loitar abandonando o castelo de Burgos que capitula após 15 días de asedio[5].
- Xullo: Afonso I envia legados a Urraca con propostas de paz. A postura favorábel o acordo dos burgueses de Castela e León fai que a esta acepte. Xelmírez fala en contra na asemblea[6].
- Urraca pide aos nobres galegos que socorran a vila de Berlanga sitiada polos almorábides. Pedro Froilaz traslada parte das súas forzas para levantar o cerco[7].
- Agosto: O exército galego, trala cuarta reconciliación de Urraca e Afonso "o batallador", regresa á súa terra marchando coas mesmas precaucións que por pais inimigo[8].
- Pedro Froilaz e a súa familia fortalecen a súa alianza coa igrexa na defensa dos dereitos sucesorios de Afonso Raimúndez[9].
- 6 de novembro: Pedro Froilaz, e outros membros do seu clan familiar, realizan unha copiosa doazón de bens á igrexa de Santiago[8].
- 14 de decembro: Pedro Froilaz doa á orde de Cluny o mosteiro e panteón familiar dos Froilaz-Traba: San Martiño de Xuvia[9].
Europa
- Pedro Abelardo abre unha escola en París
Remove ads
Nacementos
Mortes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads