Dinastía almorábide

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dinastía almorábide

Os Almorábides foron unha dinastía bérber do Sáhara que vivía entre o actual Senegal e o sur do Sáhara occidental[1]. Esta dinastía está emparentada coas tribos bérberes de Sanhaja e Lamtuna. Desde o século XI até o XII, a dinastía almorábide gobernou o Sáhara, parte do norte de África e parte da Península Ibérica.

Datos rápidos Himno, Localización ...
Dinastía almorábide
Thumb
Thumb

Himnosen valor

Localización
Thumb
CapitalAzougui (en)
Aghmat (pt) (1058–1070)
Marrakech (1070–1147)
Poboación
Lingua oficialLingua bérber
RelixiónIslam
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación1040 (Gregoriano)
Disolución1147 (Gregoriano)
Sucedido porImperio almohade
Evento clave
23 de outubro de 1086 (Gregoriano)batalla de Zalaca
Organización política
Forma de gobernomonarquía
MoedaDinar

Pechar
Thumb
Dinar almorábide de Ali ibn Yusuf. Almería, 1106-1142.

Baixo esta dinastía o imperio musulmán estendeuse sobre o actual Marrocos, Sáhara Occidental, Mauritania, Xibraltar, Tlemcen (en Alxeria) e gran parte do que hoxe son o Senegal, Malí, España e Portugal. Na súa maior extensión, o imperio ocupaba 3000 quilómetros desde o norte ao sur (a maior latitude de todos os tempos até a colonización española das Américas).

Orixes e expansión almorábide

Os almorábides tiñan unha confraría relixiosa militar que defendía a expansión do islam, tal e como facían os cruzados respecto á relixión cristiá. Eran seguidores de Abdallah ibn Yasin, teólogo do islam ortodoxo chamado por un dos xefes das tribos bérberes que controlaban o Sáhara occidental. Os seus seguidores, ao redor do medio do século XI, comezaron a ser coñecidos como al-Murabitun, ou "o pobo da fortaleza" e no Occidente son chamados Almorábides. O seu obxectivo inicial era estabelecer unha comunidade política na cal puidesen ser aplicados os principios islámicos, inclusive sobre a jihad contra os non-musulmáns. Procuraron impor súa doutrina pola predicación e pola guerra. En 1055 conseguiron apoderarse de dous dos máis importantes centros onde se comerciaba o ouro que viña do centro da África polo deserto do Sáhara, Sijilmasa e Awdaghust/Audagost.

En 1059, morreu ibn Yasin, mais un seu seguidor, Abu Bakr, fíxose líder e conquistou continuamente a rexión do noroeste da África até morrer á súa vez en 1087: xa entón tíñase apoderado do que hoxe coñecemos como Marrocos.

Con capital na cidade que é hoxe Marrakech, pasaron a controlar toda a rexión até a actual Alxeria. En 1087, o primo de Abu Bakr, Yusuf ibn Tashfin, conquistou Ceuta e pasou a dominar a rexión norte nas marxes do Estreito de Xibraltar e ao longo das costas mediterráneas.

Cando o rei galaico Afonso VI conquistou a cidade de Toledo, en 1085, o emir musulmán de Sevilla, ameazado, pediulles axuda aos almorábides. En 1086, o exército de ibn Tashufin cruzou o Estreito, derrotou o rei galaico e volveu a África. Posteriores vitorias dos reis cristiáns da Península Ibérica contra estados musulmáns levárono a atravesar de novo o Estreito, mais desa vez non máis retornaría á África.

Anexaron toda a Spania, o territorio que pertencía a emires musulmáns e formaron un vastísimo Imperio que se estendería desde a África -o Senegal- até o río Ebro, incluíndo todas as fértis terras do sur peninsular. A conquista non foi duradeira, por dificultades económicas, inquedanza social, os ataques ás comunidades cristiá e xudía, que até entón vivían en certa harmonía e até protexidos polos emires. Unha administración feble xerou abusos e, en 1140, outros bérberes do norte da África uníronse e declaráronlles á súa vez a guerra aos almorábides, acusados de corrupción e opresión. Eran os fanáticos que ficaron coñecidos como Almohades. Penetraron na Península Ibérica, sometendo os Almorábides. Soamente cos almohades o comercio andaluz conseguiu expandirse, e a cidade de Sevilla pasaría a ser a capital do mundo islámico no Occidente.

Almohades

Os reis cristiáns aproveitáronse novamente destas loitas internas para ampliaren os seus estados para o sur. Inicialmente o rei castelán Afonso VIII (1155-1214) foi vencido polos mouros almohades na batalla de Alarcos (1195). Eran anos tan inestábeis que o rei de Galiza e León, Afonso VIII chegou a ser excomungado polo papa por terse unido aos estados musulmáns nas loitas contra os seus inimigos cristiáns.

Ante isto, os reis de Navarra, Aragón, Castela e Portugal uníronse, bendicidos polo Papa que lles concedía as mesmas indulxencias concedidas aos cruzados no Oriente. A vitoria chegoulles en 1212, garantindo acceso e pasaxe no Guadalquivir. Esa batalla, coñecida como Las Navas de Tolosa, representou o golpe definitivo no dominio almohade.

A Spania musulmá fragmentábase agora en numerosos centros políticos de poder coñecidos como reinos de taifas, disgregación política e económica que ao longo do tempo foi aproveitada polos estados cristiáns ibéricos para atacar constantemente. Sucesivas conquistas de reis cristiáns acabarían por reducir o outrora rico mundo hispano-musulmán a un só reino, Granada.

Lista de emires almorábides

A dinastía Almorábide estivo composta por:

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.