Río Guadalquivir
río en Andalucía From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O río Guadalquivir é un río andaluz. O seu nome procede do árabe wadi al-Kabir ("río grande"), chamado Betis (Baetis) desde a era prerromana ata a invasión árabe.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2023.) |
Remove ads

Remove ads
Percorrido
Nace no concello de Quesada, na serra de Cazorla, na provincia de Xaén, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) no océano Atlántico, pasando polas cidades de Sevilla e Córdoba. A súa lonxitude é de 657 km. É navegable desde a súa foz ata Sevilla, uns 80 km aproximadamente. Desde esta cidade ata o mar esténdese unha ampla chaira, coñecida como as marismas do Guadalquivir.
O Guadalquivir é o único río de España con tráfico fluvial significativo. Na actualidade só é navegable ata Sevilla. En tempos dos romanos era navegable ata Córdoba e mesmo ata Andújar. As augas do Guadalquivir viron pasar algunhas das civilizacións que determinaron o curso histórico da Península Ibérica, como os fenicios, tartessos, iberos, romanos ou árabes.
Remove ads
Afluentes
Pola beira esquerda: Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones, Guadaira.
Pola beira dereita: Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Viar, Rivera de Huelva, e Guadiamar.
Localidades importantes nas beiras
Provincia de Xaén: Mengíbar, Villanueva de la Reina, Andújar, Marmolejo e Santo Tomé.
Provincia de Córdoba: Villa del Río, Montoro, El Carpio, Córdoba e Palma del Río.
Provincia de Sevilla: Peñaflor, Lora del Río, Villaverde del Río, Brenes, Alcalá del Río, La Rinconada, La Algaba, Camas, Sevilla, San Juan de Aznalfarache, Gelves, Coria del Río e La Puebla del Río.
Protección medioambiental
Na cabeceira da conca do Guadalviquir sitúase o Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas, nas que o río percorre uns 50 km, pero encadra ademais os vales altos doutros afluentes. No estuario da desembocadura, está asentado, en parte, o Parque nacional de Doñana.
Outros
Na década dos 2020 a necesidade de auga para regadío fai que a profundidade a que se está a perforar pozos no val supere os 100 m, atopándose ás veces con bolsas de gas natural.[1]
Galería de imaxes
- A ponte Quinto Centenario, Sevilla
- Imaxe aérea da desembocadura
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads