Remove ads

A cidade de Sanlúcar de Barrameda é un municipio español situado na provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Asentada na marxe esquerda do estuario do río Guadalquivir, fronte ao Parque Nacional de Doñana, dista 44 km da capital de provincia, Cádiz, e 126 km da capital autonómica, Sevilla. A súa poboación é de 65.820 habitantes (INE 2009)o que representa un aumento de poboación con respecto a 2008 cando tiña 64.434 habitantes.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Modelo:Xeografía políticaSanlúcar de Barrameda
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 36°46′44″N 6°21′14″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación69.876 (2024) Editar o valor en Wikidata (408,8 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie170,93 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude30 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcaldesa Editar o valor en WikidataIrene García (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11540 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE11032 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webaytosanlucar.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451156
Pechar
Remove ads

Historia

O termo de Sanlúcar estivo habitado desde a Antigüidade, supóndose que pertenceu ao ámbito da civilización de Tartessos. Mencionada en diferentes textos romanos e medievais, a vila de Sanlúcar foi outorgada en señorío a Guzmán o Bo en 1297, iniciándose unha época de auxe demográfico e económico posibilitado sobre todo polo porto de Barrameda. Pola súa situación estratéxica, a cidade foi protagonista da exploración, colonización e evangelización de América entre os séculos XV e XVII. A caída en desgraza da Casa de Medina-Sidonia en 1645, a decadencia xeral de España baixo Carlos II, o traslado da Casa de Contratación a Cádiz en 1711 e o terremoto de Lisboa en 1755 afectaron negativamente a Sanlúcar, que pasou a ter un papel cada vez máis secundario. No século XIX a actividade económica da cidade reconverteuse á viticultura e ao turismo estival, sobre un fondo de precariedade e grandes desigualdades sociais. No século XX Sanlúcar viviu os mesmos sobresaltos políticos que o resto de España, non sufrindo destrucións durante a guerra civil. En 1973 foi declarada Conxunto histórico-artístico. Desde a restauración da democracia diversos partidos sucedéronse á fronte do Concello, que se endebedou fortemente,[1][2] ao que se engade que Sanlúcar é actualmente a cidade española con menor renda per capita.[3]

Hoxe en día Sanlúcar é coñecida sobre todo pola súa gastronomía, principalmente pola manzanilla e os lagostinos; pola súa música, en particular o flamenco e polo turismo estival, sobre todo polas carreiras de cabalos na praia, declaradas de Interese Turístico Internacional. Menos coñecido pero de grande importancia para os historiadores é o Arquivo da Casa de Medina-Sidonia, situado no palacio do mesmo nome.

Remove ads

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads