El Puerto de Santa María

From Wikipedia, the free encyclopedia

El Puerto de Santa Maríamap

El Puerto de Santa María é un concello español situado na provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
El Puerto de Santa María
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 36°36′05″N 6°14′17″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz
Poboación
Poboación89.813 (2023) (564,86 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie159 km²
Altitude0 m
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Enrique Moresco
David de la Encina Ortega (en)
Identificador descritivo
Código postal11500
Fuso horario
Código INE11027
Outro
Irmandado con

Sitio webelpuertodesantamaria.es
Pechar

Xeografía

Sitúase sobre a ribeira e desembocadura do río Guadalete. A poboación do concello no ano 2006 era de 83.101 habitantes. A súa extensión é de 159 km² e ten unha densidade de poboación de 522,6 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 6 m e a 21 km da capital de provincia, Cádiz.

El Puerto de Santa María sitúase na costa gaditana, no interior da baía de Cádiz, e ao sur da Serra de San Cristóbal; veciño aos municipios de Sanlúcar de Barrameda (estrada A-2002), Xerez da Fronteira, Rota, Puerto Real, e Cádiz por medio da baía. Conta cuns 22 km de costa. El Puerto de Santa María caracterízase polo seu atractivo turístico principal, a praia, e conta cuns 16 km de areal, todos de area fina, e con máis de 3 200 horas de sol ao ano. Dos areais son importantes Fuenterrabía, Santa Catalina (Los Curas, Las Redes, Vistahermosa-El Buceador), Valdelagrana, La Puntilla-La Colorá), La Calita, El Aculadero, a de Levante (onde está unha área naturista) e La Muralla. Unha extensión importante do solo do termo municipal pertence ao Parque Natural Baía de Cádiz.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.