Almonte
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Almonte é un concello español da provincia de Huelva, en Andalucía. En 2011 o municipio tiña 22.525 habitantes sendo o terceiro municipio provincial en poboación (só superado por Lepe e Huelva) e a cuarta cidade (superada ademais por Isla Cristina).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Huelva | ||||
Capital | Almonte | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.233 (2023) (29,31 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 861 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 75 m | ||||
Comparte fronteira con | Bollullos Par del Condado (pt) Villalba del Alcor (pt) Sanlúcar de Barrameda Aznalcázar Moguer (pt) Rociana del Condado (pt) Hinojos (pt) Lucena del Puerto (pt) Bonares (pt) Palos de la Frontera | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Antonio Domínguez Iglesias | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21730 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 21005 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | almonte.es | ||||
Atópase situada a unha altitude de 75 metros e a 55 quilómetros da capital de provincia, Huelva. No termo municipal de Almonte, o máis extenso da provincia de Huelva, atópanse a praia de Matalascañas, a aldea de El Rocío, coñecida pola súa romaría, e o Parque Nacional de Doñana.
Están localizados restos da idade de bronce no termo almonteño, o cal indica que a presenza dunha poboación no termo onde agora se sitúa a Almonte remóntase moito máis atrás na liña do tempo. Esta poboación, segundo as investigacións realizadas sobre a situación e os seus cascallos, puido ter un contacto comercial activo con gregos e fenicios.
Tamén se ten constancia de que os romanos estiveron en Almonte, xa que no Cerro do Trigo hai unha factoría dedicada a actividades pesqueiras da época dos romanos. Tamén houbo presenza árabe en Almonte, xa que casualmente, o nome da localidade provén dunha raíz arabesca.
Almonte foi reconquistada a comezos do século XIII, mediante a incorporación á Coroa de Castela da Taifa de Niebla, baixo réxime de protectorado. Tras a revolta dos mudéxares de 1264, esta taifa incorporouse ao territorio reguengo do reino de Sevilla. En 1369 creouse o Condado de Niebla, no cal non se incluíu Almonte. No século XIV Almonte chegou a enfrontarse co condado por motivos municipais. Podémonos atopar aos Duques de Medina Sidonia como señores de Almonte, acabándose os enfrontamentos con Niebla (xa que estes eran Condes de Niebla). Os Duques de Medina Sidonia buscaban un territorio unido con Niebla, Sanlúcar e a propia Almonte.
As guerras e crises xurdidas no século XVII minguaron a poboación de Almonte nunha porcentaxe próxima ao 50% (de 420 de 1642 a 273 en 1713), aínda que se recupera de xeito espectacular unhas décadas despois, superándose a finais do século XVIII os mil cincocentos habitantes.
Durante o século XVIII e o XIX, os almonteños viven da agricultura (como o oliveiral e o viñedo) e, grazas á abundante superficie forestal na zona, tamén puido sosterse unha gran poboación gandeira, da cal cabras, ovellas, porcos e colmeas habitaban en maior número. O gran territorio da súa provincia permite aos habitantes de Almonte que non falten os recursos alimenticios.
O nome de Almonte e Doñana proxéctanse a España grazas á ermida de El Rocío a finais do XIX. Hoxe en día Almonte vive da agricultura, como viña facendo desde o século XVIII, aínda que o sector servizos estase convertendo nun motor de riqueza moi importante. O turismo de sol e praia que se desenvolve na próxima praia de Matalascañas xunto á proxección mundial da súa aldea de El Rocío.
En 2007, o municipio superou en habitantes a Isla Cristina e ségue en poboación a Lepe e Huelva a nivel provincial grazas ao desenvolvemento do núcleo de poboación de Matalascañas que alcanzaba en 2009 os 2.927 habitantes, e á cada vez maior poboación censada en El Rocío, que alcanzaba no mesmo ano os 1.604 habitantes.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
6.917 | 8.287 | 10.500 | 11.566 | 12.959 | 17.687 | 22.204 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Almonte |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.