Lista de monarcas de Galicia
artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, que é o primeiro erudito que o denomina Galliciense Regnum, a finais do século VI, e os seus reis como reis de Galicia.[1]

Remove ads
Reis suevos de Galicia (409-585)
- Artigo principal: Lista de reis suevos.


Primeira liñaxe real (409-456)
Reis durante a Guerra Civil Sueva (456-469)
- Frantán (456-457). Dominando a parte sur.
- Aguiúlfo (456-457). Dominando a parte norte.
- Maldras (457-459).
- Frumario (459-463).
- Requimundo (459-463).
- Remismundo (459-469); este último reunifica o reino no 463.
- Hermenerico.
- Veremundo (c. 485).
- Teodemundo.
Remove ads
Reis visigodos de Galicia, Septimania e España


Pese o cesamento dos monarcas suevos polos reis visigodos no ano 585, Galicia continúa a ter unha condición diferente do resto de provincias visigodas peninsulares, tal é o caso que a documentación visigoda denota tres entidades políticas, Galicia (Gallaecia), España (Hispania) e Septimania derivadas da antiga condición política destas. Así, o estado visigodo conformouse de tres antigos reinos, chegando o caso de que Galicia e España estean rexidos por diferentes reis, como o caso de Éxica e Vitiza.
- Leovixildo (585-586).
- Recaredo (586-601).[13]
- Liuva II (601-603).
- Viterico (603-610).
- Gundemaro (610-612).
- Sisebuto (612-621).
- Recaredo II (621).
- Suintila (621-631).
- Sisenando (631-636).
- Chintila (636-639).
- Tulga (639-642).
- Chindasvinto (642-653).
- Recesvinto (653-672).
- Vamba (672-680).
- Ervixio (680-687).
- Éxica, (687-698) deixa de gobernar Galicia no 698, asociando como rei ao seu fillo Vitiza.[14]
- Vitiza, rei de Galicia entre os anos (698 e 702), e rei ademais da Septimania e España (702-710).[15]
- Rodrigo (710-711).
Remove ads
Señores con atribución reais na Galicia altomedieval
Reis con sede na cidade de Oviedo
Consolidado o poder rexio, Afonso II ordena establecer a corte do reino no modesto lugar de Oveto, na rexión de Asturias, centro-norte do reino da Galicia altomedieval. A carencia de institucións previas como un bispado, ou un influente pasado aristocrático, foron as razóns que motivaron a escolla deste lugar por Afonso II, dende entón os reis de Galicia titularíanse maiormente como reis ovetenses en virtude da situación da sede real en Oveto, ata o seu cesamento no ano 910.

Remove ads
Reis con sede na cidade de León
Se con Afonso III o vello campamento romano de Legio (León) comezou a adquirir relevancia en detrimento do antigo Oveto (Oviedo), baixo o goberno dos seus herdeiros consolidouse definitivamente como sede rexia dos monarcas da Galicia altomedieval. Será primeiramente García I, fillo de Afonso III en exercer o poder real dende a nova capital. Dende entón, os reis galaicos deixarán de empregar o título de reis ovetenses polo de legionenses a razón da súa sede na cidade de León.
- García I (910-914).[46][47]
- Ordoño II (914-924). Dende o 910 gobernou o territorio galego en calidade de dominus (señor).[48][49][50]
- Froila II (924-925), irmán de Ordoño II.[51][52]
- Afonso Froilaz (925-926), fillo de Froila II.

A dinastía dos Ordóñez (910-1037)
- Sancho I (925-929), primoxénito de Ordoño II.[53][54]
- Afonso IV O Monxe (929-931).
- Ramiro II (931-951).[55][56][57][58][59][60]
- Ordoño III (951-956).[61]
- Sancho II o Gordo (956-958) e (960-966).[62]
- Ordoño IV o Mao (958-959).[63]
- Ramiro III (966-982).[64][65]
- Vermudo II (982-999).[66][67][68][69][70][71]
- Afonso V (999-1028).[72][73][74]
- Vermudo III (1028-1037).[75]
- Sancha (1037-1069)[76] e o rei consorte Fernando I (1037-1065).[77][78][79]
Remove ads
Reis de Galicia co condado portucalense

A repartición territorial dos fillos de Sancha e Fernando supuxo a creba do tradicional espazo político da Galicia altomedieval, e a formación de dous novos reinos, Castela e León. Así, o territorio coñecido como Reino de Galicia viuse reducido ás terras galegas —incluíndose nelas o condado portucalense—, se ben o termo Galicia seguirá a ser empregado para designar o conxunto dos tres reinos, mais perdendo paseniñamente a súa significación política.
Dinastía Ximena ou de Navarra (1065-1111)
- García II (1065-1071). Reinou en Galicia até o seu apresamento en 1071, conservando o título real até a súa morte no ano 1090.
- Sancho de Castela (1071-1072). Rei en Castela desde 1067, logra apresar ao seu irmán, García II, facéndose rei tamén de Galicia desde 1071 e de León desde 1072.[80][81][82][83]
- Afonso VI (1073-1109). Rei en León desde 1067, regresa do exilio en 1073 para gobernar, Galicia, León e Castela. Rei tamén de Toledo desde 1085.[84][85][86][87][88][89][90][91][92][93]
- Dona Urraca (1109-1126).[94][95]
Remove ads
Reis de Galicia e León
Á morte de Afonso VII no ano 1157 divide as súas posesións entre os seus fillos. Así, mentres Fernando herda os reinos de Galicia e León, o seu irmán herda os reinos de Castela e reino de Toledo. Cabe subliñar que o territorio do Reino de Galicia se viu de novo reducido no ano 1128, ano no que Afonso Henriques gaña a independencia do condado portucalense, conformándose como un novo reino e deixando, por tanto, de pertencer ao reino galego.

Remove ads
Reis de Galicia-León e Castela-Toledo
Rei de Galicia, León e Sevilla
Reis de Galicia-León e Castela-Toledo
- Henrique de Trastámara (1369-1379).
- Xoán I (1379-1390).
- Henrique III (1390-1406).
- Xoán II (1406-1454).
- Henrique IV (1454-1474).
- Sabela a Católica (1474-1516).
Reis que reclamaron a posesión de Galiza
Dinastía de Borgoña (Portugal)
- Fernando I de Portugal, reclamou o reino de Galiza e León despois do asasinato de Pedro I de Castela e a submisión de varias cidades galegas e leonesas a Portugal (1369-1373).
Casa de Lancaster
- Xoán de Gante, dominou todo o Reino de Galiza sen apenas resistencia militar (1386).
Dinastía de Avís
- Afonso V de Portugal e Xoana de Castela, aclamados de iure reis de Galiza en 1475, viron as súas pretensións ao trono castelán desbaratadas na batalla de Toro (1479).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads