Remove ads
rei de Castela entre 1379 e 1390 From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán I de Trastámara (nado en Épila, Zaragoza en 1358 e finado en Alcalá de Henares en 1390) foi rei de Castela entre o 24 de agosto de 1379 e o 9 de outubro de 1390.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Foi o segundo rei da dinastía de Trastámara, fillo de Henrique II o das Mercés e de Xoana, filla de Xoán Manuel de Villena, cabeza dunha rama máis nova da casa real de Castela. Naceu en Aragón durante o desterro do seu pai cando aínda non era rei. Foi o derradeiro rei castelán coroado solemnemente. Despois del, os monarcas asumiron a dignidade real por proclamación e aclamación.
Casou con Leonor de Aragón, filla de Pedro IV o Cerimonioso, en Soria en 1375. Desta unión naceron:
Ó morrer Leonor, casou con Beatriz de Portugal, herdeira do trono de Portugal. Desta unión naceu Miguel, morto de neno.
Ó falecer sen herdeiros varóns o rei Fernando I de Portugal, pai da súa segunda esposa, Xoán I optou ó trono, quedando Pedro González, o seu aio, como un dos rexentes de Castela en 1384.
Ó ano seguinte, Xoán foi á guerra contra Xoán de Avis, fillo bastardo de Pedro I de Portugal e por tanto medio irmán de Fernando I. Esa guerra rematou na desastrosa derrota de Aljubarrota, na que, trala desbandada das tropas castelás, conseguiu salvar a vida grazas ao seu aio, que faleceu.
Henrique II recibira a axuda de cabaleiros franceses dirixidos polo propio Bertrand Du Guesclin durante o seu enfrontamento con Pedro I o Cruel. A vitoria final de Henrique na guerra civil castelá brindou a Francia un poderoso aliado no plano naval. Tanto Henrique como o seu fillo Xoán enviaron a armada castelá, que destruíu a escuadra inglesa en La Rochelle (1372) e saqueou numerosos portos ingleses (como Rye, Rotingdean, Lewes, Folkestone, Plymouth, Portsmouth, Wight ou Hastings) entre 1377 e 1380, ano en que o almirante castelán Fernando Sánchez de Tovar chegou mesmo a ameazar Londres. Sir Ricardo Knolles en 1360 e o duque de Lancaster, Xoán de Gante, en 1363 formaron corpos expedicionarios que atacaron o continente, pero foron detidos.
Mantivo amizade con Carlos III de Navarra, casado coa súa irmá Leonor, poñendo fin ós conflitos entre os dous reinos.
No marco da Guerra dos Cen Anos, Inglaterra e Castela víronse involucradas nun conflito dinástico: as fillas de Pedro I, Costanza e Isabel, casaran co duque de Lancaster e con Edmundo de Langley, duque de York, fillos do rei Eduardo III de Inglaterra.
Con estas unións, e considerándose herdeiras lexítimas de Pedro I, reclamaban o reino. En 1388, Xoán puxo fin á loita pactando o matrimonio do seu fillo e herdeiro Henrique con Catarina, filla de Costanza, ós que se lles outorgou a condición de Príncipes de Asturias polo acordo de Baiona. Así quedaron unidas as dúas ramas sucesorias de Afonso XI e instaurouse o título de Príncipe de Asturias, que en diante ostentou sempre o herdeiro da coroa de Castela e logo de España. Henrique foi o primeiro príncipe en posuír este título e mailas rendas inherentes, pois o territorio asturiano lles pertencía como patrimonio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.