Ramiro I de Oviedo

Rei de Galiza From Wikipedia, the free encyclopedia

Ramiro I de Oviedo

Ramiro I, nado ca. do ano 792, sucedeu a Afonso II como rei de Galiza[1] após depoñer o nobre palatino Nepociano.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ramiro I de Oviedo
Thumb
Ramiro I no Cartulario Máximo da catedral compostelá, 1780-81.
Biografía
Nacementoc. 791
Oviedo, España
Morte1 de febreiro de 850 (58/59 anos)
Oviedo, España
Lugar de sepulturapanteón real da catedral de Oviedo
Monarca do Reino de Asturias
842 – 850
 Afonso II de OviedoOrdoño I de Oviedo 
Datos persoais
RelixiónCatolicismo
Actividade
Ocupacióngobernante
Carreira militar
ConflitoReconquista
Outro
TítuloRei de Asturias
FamiliaDinastía ástur-leonesa
CónxuxePaterna
Urraca
FillosOrdoño I de Oviedo
 () Urraca
Rodrigo II de Castela
 ()
PaiVermudo I o Diácono

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
WikiTree: Asturias-6
Pechar

Traxectoria

Thumb
Bandeira de Ramiro I durante a batalla de Clavijo.[2]

Pasou a mocidade na corte ovetense. Parente do rei Afonso II (talvez sobriño), foi nomeado herdeiro cara ao ano 829, sendo a continuación enviado á Galiza nuclear, un xeito de asegurar a súa sucesión.[3]

Morto Afonso "o casto" sen herdeiros, o trono foi ocupado por Nepociano, segundo a Crónica Albeldense, un nobre emparentado co propio rei que contaba con apoios na parte oriental do reino. Porén, Ramiro foi coroado como rei en Lugo polos seus partidarios en xaneiro do ano 843[4], marchando a continuación contra Oviedo. Nepociano, cun exército de ástures e vascóns, saíu ao seu paso enfrontándoo nas proximidades da ponte do río Narcea. As forzas de Ramiro impuxéronse doadamente facendo fuxir a Nepociano quen, unha vez capturado foi cegado e confinado nun mosteiro por orde do rei Ramiro.[5]

Durante o seu conflitivo reinado, Ramiro enfrontou incursións musulmáns por mar e terra e os primeiros ataques dos normandos. Segundo os Annales Bertiniani, no 1 de agosto de 844, un grupo procedente dunha expedición pola costa francesa foi rexeitado polo seu exército nos arredores da Coruña forzándoos a continuar cara Lisboa.[6][7]

Ao seu tempo fíxose remontar posteriormente a ficticia batalla de Clavijo coa que se inventou a tradición do "Voto de Santiago". Cedeu a coroa ao seu fillo Ordoño I á súa morte no ano 850[8].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.