From Wikipedia, the free encyclopedia
Gregorio de Tours - Georgius Florentius Gregorius, nado no 538 en Riom, preto de Clermont e morto no 594 en Tours, foi bispo de Tours, historiador da igrexa, dos francos e de Auvernia. Gregorio pasou toda a súa vida na Galia, servindo aos reis merovinxios de Austrasia.
Nome orixinal | (fr) Grégoire de Tours |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Georgius Florentius Gregorius 30 de novembro de 538 Clermont-Ferrand, Francia |
Morte | novembro de 594 (55/56 anos) Tours, Francia |
Bispo Tours | |
573 – ← Santo Eufrônio (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo e Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | haxiógrafo, historiador, escritor, sacerdote católico |
Profesores | Galo de Clermont (pt) e Avit of Clermont (en) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 17 de novembro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parentes | Gregório de Langres, bisavó Galo de Clermont, maternal uncle |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Gregory of Tours, St. |
Gregorio pertencía a unha prestixiosa e influente familia galorromana de rango senatorial cuxos membros serviran anteriormente aos emperadores romanos e servían agora aos reis francos. Desde o século V estaban ao cargo de varias sedes episcopais, especialmente as de Lión, Tours e Arles, mentres que a súa familia materna rexentaba a de Langres.
O seu pai morreu sendo el moi novo, polo que creceu coa súa nai preto de Cavaillon. Logo trasladouse a Clermont, onde a súa formación estivo a cargo do seu tío Gall, bispo de Clermont (morto en 551) e do arquidiácono Avito. En 563 foi enviado a Lión, para acabar os seus estudos co seu tío Nizier, bispo de Lión.
Pouco despois, foi ordenado diácono e establécese na basílica de Saint-Julien de Brioude, onde permaneceu ata o ano 573.
En 573, tendo 34 anos de idade, foi designado para suceder ao seu curmán materno Eufronio como bispo de Tours grazas á boa vontade do rei Sixeberto I de Austrasia (561-575) e da raíña Brunequilda. Esta cidade estaba baixo autoridade austrasiana e era unha das máis importantes sedes episcopais da Galia.
A partir de entón exerceu o seu episcopado no marco das loitas civís que esgazan o reino franco durante a segunda metade do século VI. Viaxou con moita frecuencia para asistir a concilios ou tratar asuntos políticos.
Polas súas orixes e a súa gran cultura, Gregorio é un herdeiro da Antigüidade, lector de Virxilio, Sidonio Apolinar e Marciano Capela.
A obra maior de Gregorio de Tours conservouse en varios manuscritos da Idade Media en versións máis ou menos alteradas con respecto ao orixinal. Normalmente é denominada Historia dos francos [H.F.]. En realidade, trátase dunha «Historia eclesiástica», orixinalmente titulada Dez Libros de Historia, tradución correcta do título latino, que ten como vocación trazar a historia da Igrexa universal nunha perspectiva cristiá, escatolóxica, desde a xénese do mundo até ao reinado dos reis francos, en 572. Engádese unha escolma de historias de vidas de santos galos, reunidos so o nome de Libro(s) dos milagres e compostos despois de 570.
Evidentemente a historia tomada en conxunto posúe un carácter edificante. Céntrase moito na Galia merovinxia que Gregorio ben coñece: cinco dos dez libro se o Libro dos milagres concirnen o tempo do autor. Este debuxa un retrato máis ben sombrío, poñendo o acento sobre as consecuencias desastrosas do comportamento de certos reis por oposición ao comportamento dos seus devanceiros cristiáns, comezando por Clodoveo.
Tamén, en razón do seu tema central, a obra puido ser rebautizada tardiamente Historia dos francos (Historia Francorum) ou Xesta dos francos (Gesta Francorum) ou mesmo, máis simplemente Crónicas (Chronicae). En todo caso fai de Gregorio o pai dunha «historia nacional» dos francos, o principal historiador dos merovinxios e a fonte maior da que dispoñemos sobre os reinados destes últimos.
Ademais, a Historia dos francos puido servir de inspiración, especialmente, a Beda o Venerábel que foio autor a principios do século VIII dunha Historia eclesiástica do pobo inglés (Historia ecclesiastica gentis Anglorum). A obra de Beda – unha das máis populares en Europa durante a Idade Media – puido valerlle á súa vez a denominación de Historia eclesiástica dos francos (Historia ecclesiastica Francorum) ao texto de Gregorio de Tours.
A Historia dos francos foi continuada por mans anónimas durante os séculos seguintes: estas coñécense so os nomes de Fredegario e Pseudo-Fredegario. A primeira impresión do libro, realizada en París, data de 1561.
Nesta obra atópanse algunhas das primeiras referencias ao Reino de Galiza[1]
Velaquí a lista das restantes obras atribuídas a Gregorio de Tours, segundo alista proposta polo académico francés François Guizot (1787-1874), que foio autor dunha tradución da Historia dos francos e dunha Noticia sobre Gregorio de Tours :
As seguinte sobras perdéronse:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.