Especie de castiñeiro asiático From Wikipedia, the free encyclopedia
O castiñeiro do Xapón[1] (Castanea crenata), é un castiñeiro (familia Fagaceae) orixinario de Asia. Atopámolo ás veces en Galiza, especialmente na provincia de Lugo, coma padrón do castiñeiro común, moitas veces para evitar doenzas coma a tinta ou o chancro.
Castiñeiro do Xapón | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inflorescencias femininas. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Castanea crenata' Siebold & Zucc., 1846 |
É unha árbore ou arbusto caducifolia que chega aos 15 metros de altura, coa casca parda, fendida lonxitudinalmente e poliñas glabrescentes, castaño-avermelladas, brillantes. O pecíolo das follas mide 0,5-2,5 cm e o limbo é oblongo-lanceolado de 8–19 cm de longo por 3–5 cm de largo. Ditas follas teñen a base arredondada ou cordada e o envés con nervios tomentosos cando novos, o ápice acuminado-agudo e dentes finos e regulares nas marxes crenada-dentadas. As inflorescencias masculinas son amentos (chamados candeas) de 7–20 cm ergueitos no alto da árbore, e as femininas, que están na parte inferior da candea, constan de 3 por cúpula. Os froitos son noces/aquenios de 5–6 cm de diámetro con calibio cuberto de espiños de 1-1,5 cm de longo, con 2-3 (ou sexa o número de flores fecundadas non abortadas), aquenios de 2–3 cm obtusos e arredondados no ápice. Florea en abril-xuño e frutifica en setembro-outubro.[2][3]
É nativo do Xapón e Corea do Sur; e foi introducido na China nos anos 1910 e onde está amplamente cultivado,[2]; tamén foi introducido en Italia e na Península Ibérica{{#tag:ref|Introducida e cultivada, pola súa resistencia á "Enfermidade da tinta do castiñeiro"[4]] provocada por Phytophthora cinnamomi, aínda que en áreas pouco vastas, desde principios de século XX; polo seu lento crecemento non ten moito interese forestal, aínda que se utiliza con frecuencia como padrón para enxertar Castanea sativa. Atópase espallado polo norte e centro peninsular (Lugo, Soria, Guipúscoa) e os Estados Unidos (na Florida)[5][6]
Os castiñeiros do Xapón e algúns castiñeiros da China do Pazo de Lourizán, en Pontevedra, figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.
Castanea crenata foi descrita por Siebold & Zucc. e publicado en Abhandlungen der Mathematisch-Physikalischen Classe der Königlich Bayerischen Akademie der Wissenschaften 4(3): 224. 1846.[7]
Número de cromosomas de Castanea crenata (Fam. Fagaceae) e táxones infraespecíficos: n=12; 2n=22, 24[3][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.