árbore da familia das pináceas From Wikipedia, the free encyclopedia
O piñeiro manso ou piñeiro cernil (Pinus pinea) é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne. O máis característico desta especie de piñeiro é a copa en forma esférica nos exemplares novos e a xeito de parasol nos máis vellos.
Piñeiro manso | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Piñeiro manso en Costa de la Luz (España) | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Pinus pinea L. | |||||||||||||||||
Distribución na zona mediterránea do piñeiro manso. |
En Galiza atópanse pés illados preto da costa e en zonas de influencia mediterránea.
O desparecido piñeiro manso dos Candeiras, en Ponteareas (Pontevedra) figuraba no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
O piñeiro manso medra para despois abrirse mediante pólas de semellante grosor nunha copa arredondada e achatada, en forma de parasol. A superficie do toro caracterízase por dispor de placas de cor agrisada, separadas por fendas avermelladas. As raíces alónganse unha boa distancia dende o toro, mais a pouca profundidade[1]. Gusta de solos areentos.
Nun estudo comparativo co piñeiro bravo, vese que as acículas son sensiblemente máis curtas (de 8 a 10 centímetros de lonxitude). As piñas son máis curtas tamén (ata 12 cm), pero máis grosas, e maduran en tres anos. O porte é tamén algo máis pequeno, acadando como máximo os 30 metros. Os piñóns son grandes (entre 1,5 e 2 centímetros con á de menos de 1 mm) e comestibles.
A floración prodúcese entre marzo e maio[1]. As flores masculinas son alongadas, case cilíndricas e agrúpanse nas base das agullas máis novas[1]. As piñas son ovalo-esféricas de entre 10 e 15 cm de lonxitude e ao madureceren ao terceiro ano, dan piñóns cubertos dunha codia dura, de 1 cm de lonxitude, carnosos e saborosos, podendo ter piñas no seu primeiro ano de maduración xunto con outras listas para ser recollidas na copa dun mesmo piñeiro manso. A diferenza doutros piñeiros, as piñas maduras desta especie caen no chan antes de que estas abran. Deste xeito redúcese moito a posible dispersión dos piñóns[1]. Sumado este factor ó efecto dos animais que se alimentan destas sementes, fan que esta especie teña grandes dificultades para poder rexenarse de xeito natural[1], por exemplo despois dun lume.
Ó igual que outros piñeiros, o piñeiro manso non favorece un verdadeiro ambiente forestal, alí onde medra[1]. Polo que non existe un sotobosque asociado a este especie, e así, dependendo da climatoloxía e da rexión, podemos atopar numerosas especies vexetais[1].
Pinus pinea é natural de toda a faixa mediterránea, sendo na Península Ibérica máis habitual na zona centro e sur. En Galiza non se pode considerar árbore autóctona, aínda que atopamos exemplares illados nas zonas máis termófilas. Desenvólvese normalmente nun rango de alturas que van desde o nivel do mar até os 1.000 ou 1.200 msnm, formando bosques monoespecíficos preferentemente en solos silíceos.
É unha especie heliófila, resiste moi ben á seca estival e atura as xeadas non moi extremas.
A madeira do piñeiro manso é lixeira e flexíbel. Pódese empregar en carpintaría e en estruturas, en particular, na construción marítima. Tamén se pode utilizar esta para facer carbón vexetal de xeito tradicional e para a fabricación de pasta de papel ou para obter resina. A codia do piñeiro manso é a máis rica en taninos de todos os piñeiros[1]. Por iso tense empregado para o adobo de peles[1].
Os piñóns utilízanse en repostaría, en gornición de ensaladas, ou tamén en pratos en mollo de tipo Tayín que mestura azucrado e salgado. O piñón entra en numerosos pratos mediterráneos. Tiña antes a reputación de ser afrodisíaco. En España a tempada de recolleita da piña establécese entre os meses de novembro e xaneiro
En Galiza empregouse tamén como ornamental en lugares coma pazos, igrexas e casas grandes.
Debido a súa adaptibilidade ós terreos aerosos, ténse empregado para a fixación de dunas e reducir a erosión en zonas litorais. Especialmente na zona do Mediterráneo[1].
España é o primeiro produtor mundial de piñóns (só en Andalucía existen 200.000 hectáreas, e en Castela e León 90.000 hectáreas), seguido dos países da conca mediterránea, Francia, Italia e Turquía. Outros países, coma Chile, están a estudar adoptar o seu cultivo.[2]
A especie pode verse afectada por diversas causas naturais. Así diversos insectos aliméntanse ou empregan este especie coma refuxio nunha ou en varias fases de desenvolvemento. De acordo co efecto causado, pódense clasificar en:
A todos estes efectos principais, citar tamén o efecto nocivo de diversos fungos ou bacterias, que poden afectar a especie, coma o Cyclaneusma niveum, Lophodermium pinastri, Phellinus pini, Fomitopsis pinicola ou o Cenangium ferruginosum.
Pinus pinea foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1000. 1753.[3]
Pinus: nome xenérico dado en latín ao piñeiro.[4]
pinea: epíteto: que dá piñóns.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.