Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A carpintaría[1] ou carpintería[2] é unha actividade comercial na cal o traballo primario é o corte, a creación e a instalación de materiais de madeira para a construción de edificios, barcos, pontes, piares etc. Tradicionalmente, os carpinteiros traballaron con madeira natural, mais hoxe moitos outros materiais son tamén empregados.[3] É tamén común que a habilidade da carpintaría sexa aprendida para conseguir o traballo a través dun programa de adestramento formal. A carpintaría nos Estados Unidos, así como na meirande parte do mundo, é case sempre unha actividade realizada polos homes. Cun 98,5% de carpinteiros homes, era a cuarta ocupación máis dominada polo xénero masculino nese país en 1999.[4] Nesta liña, en Galicia, menos do 5% dos estudantes dos ciclos formativos de madeira eran mulleres en 2008.[5]
A palabra "carpinteiro" é a interpretación galega da palabra do francés antigo carpentier (máis tarde, charpentier) o cal deriva dende o latín carpentrius [artifex], "(fabricante) dun transporte".[6]
Xaquín Lorenzo recolle diferentes tipos de carpinteiros na cultura popular galega[7]:
Hoxe en día, en Galicia existen diferentes estudos de ciclos de Formación Profesional que permiten aprender e capacitarse como carpinteiro ou carpinteiro de ribeira con altas taxas de incorporación laboral:[12][13][14][15]
Algunhas das ferramentas empregadas na carpintaría son: a machada, a aixola, o banco de carpinteiro, serra, serrón, garlopa e garlopín, lapis de carpinteiro, cepillo, mazo, martelo, trade, trencha, alicate, tenaces ou desaparafusador, por citar algún exemplos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.