Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O martelo é unha ferramenta utilizada para golpear un obxectivo, causando o seu desprazamento ou deformación. O seu uso máis común é para cravar, calzar partes ou romper obxectos. Os martelos son a miúdo deseñados para un propósito especial, polo que os seus deseños son moi variados.
A forma básica do martelo consiste dun mango ou cabo (comunmente de madeira) cunha cabeza pesada (comunmente de metal) no seu extremo. Os martelos son utilizados en diferentes profesións e é unha das ferramentas básicas xunto co coitelo.
Ó igual que o coitelo, o martelo é tamén unha arma contundente. O concepto de pór un mango a un peso para facilitar o seu uso produciu algunhas das primeiras ferramentas ou armas producidas polos seres humanos.
Os primeiros martelos datan da Idade de Pedra do ano 8000 denantes da era común;[1][2] estes martelos constaban dunha pedra atada a un mango con tiras de coiro. Máis tarde, no ano 4000 a. e. c., co descubrimento do cobre, os romanos comezaron a fabricar a cabeza dos martelos con este material. Despois, no ano 3500 a. e. c., durante a Idade de Bronce fabricáronse con este material. Tempo despois apareceron os martelos con orificios para o mango.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.