A procesonaria do piñeiro[1] ou procesionaria[2] (Thaumetopoea pityocampa) é o nome común dunha especie de Lepidóptero

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Procesionaria do piñeiro

Procesión de larvas en ringleira de a un, buscando un lugar para enterrarse
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Thaumetopoeidae
Xénero: Thaumetopoea
Especie: T. pityocampa
Nome binomial
Thaumetopoea pityocampa
(Denis & Schiffermüller, 1775)
Pechar

Características

A procesionaria é o parasito máis importante dos piñeiros e cedros. Porén trátase dunha especie fundamental no ecosistema, debido a que está na base da pirámide trófica. Así moitas especies aliméntanse dela sexa no seu estado de larvas, crisálidas ou adultos. E incluso os seus ovos son alimento doutros insectos[3]. O macho ten unha envergadura entre 30–35 mm e a femia entre 35–45 mm. As ás anteriores son de cor agrisada con tres liñas negras en zig-zag. As ás posteriores son máis claras cunha pequena mancha escura na parte inferior. As antenas do macho teñen feitura de forma e as da femia son filamentosas.[3]

Ciclo biolóxico

No verán, os adultos deixan os ovos nas acículas das árbores, agrupadas en forma de cilindro. Posteriormente as larvas nacen dende agosto ata outubro e pasan por cinco estados diferentes. A partir do terceiro estado, a larva posúe uns filamentos urticantes moi característicos[3]. Durante o inverno forman as típicas bolsas brancas e agrisadas nas ponlas da árbore parasitada. Producindo defoliacións que nalgúns casos adoitan ser moi acusadas[3]. Entre febreiro e marzo baixan á terra formando as típicas procesións en ringleiras de un. Cando atopan un lugar axeitado entérranse e transfórmanse en crisálidas. Poden entrar en diapausa e manterse nesta fase durante un ano ou máis[3].

Praga

As eirugas succionan a resina da árbore, producindo unha caída de agullas masiva, que pode diminuír o crecemento da árbore e o seu estado sanitario. Os danos máis importantes afectan as repoboacións por parte do humano e afectan a todas as especies de piñeiros e cedros[3]. Canto máis pequena é unha superfie forestal, máis se ven afectados os individuos[3].

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.