especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O alcipreste de California ou alcipreste de Monterrey[1] (Cupressus macrocarpa), é unha especie arbórea da familia das Cupresáceas, orixinaria do suroeste dos EUA.
Alcipreste de California | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar solitario preto de Monterey, California. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Cupressus macrocarpa Hartw. ex Gord. |
En Galiza é común en xardíns formais, coma nos pazos, coma ornamental.
É de copa ancha e abovedada, chegando a acadar os 30 m. Follas miúdas escamiformes, de cor verde escura, bastante grosas e de ápice obtuso non punzante. Casca vermella moi gretada. Estróbilos femininos e masculinos, os primeiros de 4 cm, arredondados e verdes que tornan a púrpura ao maduraren, e os segundos de 5 cm igualmente arredondados e amarelos.
Dous exemplares de alciprestes de California aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, que demostra o cultivo como ornamental desta árbore dende hai varios decenios:
O xénero foi descrito por Hartw. ex Gord. e publicado en Journal of the Horticultural Society of London 4: 296. 1849.[2]
Cupressus é o nome latino do alcipreste que de acordo con algúns autores provén de "Cyprus" (Chipre), de onde é nativo e medra bravo o alcipreste común.
macrocarpa, epíteto do latín macrocarpus-a-um que significa "de froito grande".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.