Teixedal de Casaio
bosque de teixos en Casaio, Carballeda de Valdeorras From Wikipedia, the free encyclopedia
O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense). Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso.[1][2]
Tipo | bosque Árbores senlleiras de Galicia | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Casaio, España | |||
| ||||
É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 300 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.