Pena Trevinca
pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, o punto de maior altitude do territorio galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o punto de maior altitude do territorio galego pois está a 2127 m sobre o nivel do mar.[1][2][3][4][5]
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mazico de Pena Trevinca | |||
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | A Veiga, España e Porto, España | |||
| ||||
Cordilleira | Macizo Galaico | |||
Características | ||||
Altitude | 2.127 m | |||
Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico. A ZEC atravesa parte dos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo. O motivo de protección radica en constituír un ecosistema subalpino galego ben conservado.[6][7] Ademais, a parte zamorana de Pena Trevinca está recoñecida dentro do Parque Natural do Lago de Seabra[8][9] e o pico ao completo como parte do lugar de interese xeolóxico dentro do "Altiplano da Serra Segundeira", que se estende por parte da Veiga e de Seabra.
Xeografía e xeoloxía
Xeografía
Pico de Pena Trevinca e o macizo
O pico de Pena Trevinca coñécese tamén co nome de Pena Trevinca Sur (2127 m). Forma parte dunha serra do macizo de Pena Trevinca que rexistra varias altitudes superiores aos 2000 m, como Pena Negra (2123 m), Pena Surbia (2122 m) ou Pena Trevinca Norte (2041 m).[1][10]
O grupo de picos de Trevinca están á cabeceira do río zamorano Tera e forman un val glacial.[11] As serras menores que a rodean ocupan os espazos do leste e suroeste de Trevinca. O río Sil limítaas máis ao norte, e os ríos Bibei e Xares nacen na serra e limítana polo oeste.[12]
O espazo natural de Pena Trevinca
O espazo natural declarado ZEC ampara a serra Calva e a parte da serra do Eixe. Entre os picos que protexe están Pena Survia, Pena Trevinca, Alto do Torno e o Alto da Corraliza.[6]
A hidrografía do espazo inclúe a parte do río Bibei e case a metade do encoro de Pías, os altos do río Xares e Sanxil, o río da Canda, os rego dos Poulos ou do Couto, o rego da Fonfría e río da Camba na súa parte final xa no encoro do Vao.[6]
Xeoloxía
O pregamento herciniano do macizo ibérico e os posteriores axustes modelaron as serras que rodean a Pena Trevinca. Pena Trevinca está a unha altura importante pero mostra caídas ao seu arredor de máis de 700 metros. Os efectos da glaciación do cuaternario formaron eses vales e deixaron chairas puídas con guías de rotura sobre das rochas abruptas. Arredor do arco do glacial vénse morenas. O pregamento no que está Trevinca é de xistos e cuarcitas do cámbrico-ordovícico. Noutras áreas do espazo natural hai solos de granitoides biotíticos, lousas ou filitas con xistos, cuarcitas brancas ou lousas homoxéneas.[13][1] Na vertente zamorana os solos están formados por lousas.[14] Desde o pico de Pena Trevinca pódese observar a forma en "U" do val fluvial de orixe glacial do río Tera. Na Pena Trevinca pódense observar pregamentos sinformes.[3]
Clima
O macizo de Pena Trevinca ten un clima de alta montaña nos seus cumes e arredores. Os espazos que rodean a estes teñen climas centroeuropeos, de tipo perhúmidos mesotérmicos.[12]
Flora e fauna
Flora
No ecosistema de Pena Trevinca hai as augas estancadas da montaña con vexetación oligotrófica ou mesotrófica. Nestas altitudes están presentes especies como o piorno galego. Arredor de lagoas e da auga, e en zonas altas hai turbeiras. Nos cumes das montañas hai queiroas de zonas temperás, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e outras especies de lugares máis secos ou incluso alpinos e boreais. Algúns queiroas mostran toxos con elas.[6]
Nos vales dos ríos hai comunidades de vexetación de brañas e ribeiras, e preto deles prados secos e matogueiras e gramíneas, como Nardus. Nas altitudes máis baixas hai prados de sega e sega de montaña.[6]
Os bosques arredor dos ríos son de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Outros bosques fórmanos os carballos Quercus robur e Quercus pyrenaica. Ademais están presentes os soutos, as aciñeiras, os acivros e teixos de Taxus baccata.[6]
As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Festuca elegans |
Festuca summilusitana |
Narcissus asturiensis |
Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis |
Santolina semidentata |
Teixadal de Casaio
O teixedal de Casaio e un bosque de máis de 300 teixos e de 6 hectáreas en Casaio (Carballeda de Valdeorras). É o bosque de teixos máis occidental de Europa.[10][15][16]
Fauna
Invertebrados
As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Lucanus cervus |
Oxygastra curtisii |
Peixes
A especie de peixe que está presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Chondrostoma polylepis |
Anfibios e réptiles
As especies da anfibios e réptiles que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Aves
Esta serra é unha ZEPA xa que é unha área prioritaria para algunhas aves de interese. Atópanse neste espazo natural a aguia real (Aquila chrysaetos), que está en perigo de extinción, charrela (Perdix perdix) e a Hyla arborea.[6]
Algúns concellos do ZEC están dentro da área SEO/Birdlife de referencia IBA 011 “Serra da Cabrera” e que ocupa territorio ourensá, leonés e zamorano.[7]
Mamíferos
As especies de mamíferos que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Lexislación
A Pena Trevinca está na Rede Natura 2000 como ZEC desde o Decreto 37/2014 en 2014. O 19 de xuño de 2008 parte do espazo natural foi declarado polo goberno galego zona de especial protección para as aves "Pena Trevinca"[17]. Esta figura de protección abrangue un total de 22.510,3 hectáreas repartidas nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga e Viana do Bolo.
As normativas municipais declararon como espazos de interese local:
- O Teixedal de Casaio.
- O espazo natural “Montes de Pena Trevinca e Texeidal de Casaio”, declarado dentro das normas da provincia de Ourense.
- Zonas húmidas protexidas dentro do "inventario de zonas húmidas galego" como "complexo de lagoas de Trevinca e a lagoa de Sestil Alto"[18] e que prevé nomear os encoros asociados ao río Xares, ás lagoas de Ocelo, da Serpe, do rego de Bidueiro, da Piatorta; e os montes do Candán, o Alto da Veiga do Bidueiro, o Montouto e o Alto da Xurbia.
- O “Bidueiral de Xares" en Seoane dentro do “Catálogo de árbores senlleiras de Galicia”.[19]
Etimoloxía do topónimo
O seu nome é unha evolución de tri finnica, tres estremas.[20]
Galería de imaxes
- Alto de Pena Trevinca.
- Pena Trevinca, cerca do refuxio de montaña.
- Vistas desde o alto de Pena Trevinca.
- Cumes de Pena Trevinca con queiroas.
- Pena Trevinca dende o norte. Na chaira pódense ver lagoas e turbeiras e no monte os estratos cunha orientación ascendente.
- Queiroas nos altos dos montes.
- Queiroas e matoxeiras.
- Queiroas e matoxeiras.
- Aldea de Pradorramisquedo, en Viana do Bolo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.