From Wikipedia, the free encyclopedia
Iberolacerta galani é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das oito integradas na actualidade no xénero Iberolacerta.[2]
Iberolacerta galani | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Iberolacerta galani | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Iberolacerta galani Arribas, Carranza e Odierna, 2006 | |||||||||||||||||||||||||
Área de distribución de Iberolacerta galani. | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
É un endemismo dos montes de León aínda que algunhas das súas poboacións viven no oriente da provincia de Ourense.[3][4]
A especie foi nomeada en honor do herpetólogo galego Pedro Galán Regalado.
Antigamente estivo incluída no xénero Lacerta.
A especie foi descrita en 2006 polos herpetólogos Óscar Arribas, Salvador Carranza e Gaetano Odierna.[5]
Para a do xénero, véxase Iberolacerta
O epíteto específico, galani, é unha homenaxe dos descritores ao herpetólogo coruñés Pedro Galán Regalado.[6] pola súa dedicación de toda a súa vida ao estudo da herpetofauna ibérica e á historia natural en xeral.[5]
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[7]
É unha especie de Iberolacerta de tamaño grande, sendo a especie máis grande do xénero, cunha lonxitude cabeza-cloaca notábel (as femias de até 84,42 mm). As patas anteriores e posteriores son comparativamente máis curtas que noutras especies. Presenta numerosos ocelos axilares de cor azul viva.[5]
A súa masa corporal media é de 15,22 g.[8]
O seu cariotipo é único entre os Iberolacerta, ten 36 cromosomas na súa dotación diploide, un NOR de tipo L, cromosomas sexuais W e Z, e secuencias características nos xenes do seu ADN mitocondrial para o citocromo b e o ARNr de 12S.[2]
Iberolacerta galani é endémica dos montes de León: serra Segundeira, serra de Cabreira, Pena Trevinca e serra de Teleno, situadas entre as provincias de León, Zamora e Ourense.[4]
Na súa área de distribución, Iberolacerta galani habita zonas supraforestais, situadas entre os 1 770 e 2 000 m sobre o nivel do mar, caracterizadas por un clima de alta montaña incluídas nos pisos climáticos oromediterráneo e crioromediterráneo.[4]
As poboaciónes achegadas ao Teleno están potencialmente ameazadas polo desenvolvemeto do turismo, incluída a posíbel reapertura da estación de esquí de El Morredero, nos montes Aquilianos, no Bierzo, ou a de Fonte da Cova, no macizo de Pena Trevinca, no concello de Carballeda de Valdeorras.
Así mesmo, tamén está posibelmente ameazada pola alteración do seu hábitat durante os percorridos ciclistas (Volta Ciclista a España e Volta a León) nas que algunhas etapas termians en El Morredero e atraen a unha gran cantidade de seguidores. Tamén é probábel que as poboacións nas partes baixas da área de distribución da especie poidan verse afectadas pola extracción de lousa e en operacións mineiras similares dentro da área.[4]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a especie, aínda que és abundante dentro da súa área de distribución, esta é moi pequena (a súa extensión é de menos de 5 000 km2), e pode estar diminuíndo, polo que ualidica o seu status como NT (case ameazada), necesitándose máis detalles sobre a gravidad das súas ameazas, o que fai que estea cerca da cualificación de en perigo de extinción.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.