Refuxio de Fonte da Cova
refuxio de montaña en Pena Trevinca From Wikipedia, the free encyclopedia
refuxio de montaña en Pena Trevinca From Wikipedia, the free encyclopedia
O refuxio de Fonte da Cova, é un refuxio de montaña situado na parroquia de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras. Sitúase xunto ao porto de montaña de Fonte da Cova, a 1765 m de altitude, nas proximidades de Pena Trevinca. É propiedade da Federación Galega de Montañismo e está cedido ao Club Peña Trevinca-Barco. Inaugurouse en 1946.
Tipo | refuxio de montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Casaio, España | |||
| ||||
Cordilleira | Pena Trevinca | |||
Características | ||||
Altitude | 1.767 m | |||
Actividade | ||||
Propietario | Federación Galega de Montañismo | |||
En 1944 naceu o Club Peña Trevinca - Montañeiros de Galicia, da man de Gonzalo Gurriarán, e comezaron a desenvolver a idea de construír un refuxio ou albergue de montaña nas proximidades de Pena Trevinca, facendo as xestións coa Federación Española de Montañismo.[1] Tras varios estudos, en maio de 1945 iniciouse a construción do mesmo, que estivo financiado (á parte da FEM) pola Deputación de Ourense e os concellos de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e A Veiga. Tras varios meses de duros traballos derivados das dificultades de achegar até o lugar o material e a man de obra, finalmente inaugurouse o 12 de setembro de 1946.[2]
Na década de 1970 o refuxio foi obxecto de diferentes melloras, así como unha remodelación do interior. En febreiro de 1988 foi cedido en propiedade á Federación Galega de Montañismo, que cedeu o uso ao Club Peña Trevinca-Barco en 1990 por un período de 30 anos. En 1999 acometeuse unha nova reforma do interior, culminada en 2003 coa instalación da luz eléctrica no refuxio. No verán de 2004 instalouse a auga corrente.
O refuxio dispón dunha ampla tarima para durmir, con capacidade para 50 persoas. Ademais, conta con luz eléctrica e auga quente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.