Montes Aquilanos
montes da provincia de León From Wikipedia, the free encyclopedia
montes da provincia de León From Wikipedia, the free encyclopedia
Os montes Aquilanos son unha formación montañosa enmarcada na unidade dos montes de León[1][2] situada ao sur-sueste da bisbarra do Bierzo, Provincia de León, Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Serve de límite xeográfico entre as bisbarras tradicionais de Valdueza, o Bierzo Baixo, a bisbarra da Cabreira
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Montes de León | |||
Localización | ||||
División administrativa | Castela e León, España, provincia de León, España e O Bierzo, España | |||
| ||||
Sucados por numerosos regueiros e regatos, destacan o río Cabreira na súa vertente sur, o río Oza na súa vertente norte e o río Compludo na súa parte máis oriental. É a zona percorrida por este río onde mellor se conserva as características destes montes e dos vales que os forman. Son ríos, en xeral, de augas limpas e libres que apenas foron alterados pola man do home (salvo no Val do Oza, do cal durante décadas tomou auga Ponferrada para consumo humano, intentando, actualmente, reducirse ao mínimo a captación). Estes ríos permitiron a formación de bosques de ribeira, xunto cunha gran masa arbórea de carballos, aciñeiras, castiñeiros e cerquiños, os cales deron acubillo a unha importante comunidade faunística, entre a que destacan a aguia real, o lobo, a londra e o aguaneiro.
O nome é un derivado do pico Guiana, que nun documento do ano 918 denomínase Monte Aquiliana, sen dúbida un derivado do latín aculeus, -i "aguillón, punta", polo aspecto afiado do monte .
Os montes Aquilanos forman parte dos contrafortes setentrionais da cadea montañosa dos montes de León de dirección xeral leste-oeste, que conforma a oriente unha parede montañosa que separa as concas hidrográficas dos ríos Sil e Órbigo. O punto máis elevado desta franxa é o Suspirón, con 1827 m. A oeste divide a bacía do Sil da do río Tera, alcanzando o seu teito no Teleno, con 2.188 m. En resumo, os montes de León son a divisoria hidrográfica entre a concas do Sil e do Douro.
O enlace entre a meseta, os montes de León e os Aquilianos, efectúase a través do portos do Manzanal (1.143 m) e de Foncebadón (1.500 m), que se elevan rapidamente no Morredero, que constitúe en realidade un nó orográfico, no que se xonguen varios cordais. Desde aí comezan os Aquilianos, cunha fisiografía abrupta e pasos complicados de atravesar. O Guiana é o centro, a partir do cal o cordal baixa paulatinamente a altura, a través das Penas de Ferradillo, a Pena de Voces, e As Médulas, sempre á esquerda do río Sil, até entroncar coa serra das Eguas, nos lindes entre León e Galicia, que conduce directamente até a Pena Trevinca. Unha das súas aliñacións é franqueada polo Sil no chamado Estreito de Covas, continuándose do outro lado do río, pola Serra da Enciña da Lastra, xa en territorio galego.
Son montañas que superan ou próximas aos 2.000 metros de altura, destacando entre elas, o Monte Irago, o Pico Becerril, Cabeza de la Yegua, Pico Berdianías, Meruelas, Llano de las Ovejas, Funtirín, Pico Tuerto, Cruz Mayor, Pico Tesón e a Aquiana (ou Guiana), sendo esta última a que dá nome a toda a cadea montañosa.
A Aquiana (ou Guiana), límite entre as bisbarras tradicionais da Cabreira e de Valdueza na bisbarra do Bierzo. Ten unha altitude de 1.846 m.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.